luns, 11 de xaneiro de 2021

VERBA: CONIUGATIONES, PRAESENS ET IMPERFECTUS INDICATIVUS

 Hoxe coñecer as 4 conxugacións do latín.  Partiremos de lembrar cales son os temas ou raíces regulares e aprenderemos os presentes e os imperfectos de Indicativo para as distintas conxugacións. 

 

CONIUGATIONES:

 Imos comezar coas 4 conxugacións do verbos en latín. Fíxate nas raíces como rematan:

1ª  verbos con raíz en -A: AMA-

2ª verbos con raíz en -E: MONE-

3ª verbos con raíz en Consonante: DIC-

4ª verbos con raíz en -I: AUDI-

*Existe tamén unha conxugación denominada 3ª mixta (porque é coma unha mestura entre a 3ª e a 4ª )

CAPIO, -IS,-ERE que presenta na raíz un "i" como na 4ª, pero como é un "i" breve, algunha vez converte o i nun "e" (por exemplo no infinitivo (cape-re).

 

COMO IDENTIFICAR AS RAÍCES E AS CONXUGACIÓNS:


THEMAS

As raíces (ou temas) dos verbos podemos deducilas da súa enunciación.  Nos dicionarios de latín os verbos enúncianse así:

1ª amo,-as,-are, amavi, amatum, do que deducimos 3 temas ou raíces: ama-, amav-, amat-.

2ª moneo,-es,-ere,monui, monitum, do que deducimos 3 temas: mone-, monu-, monit-.

3ª dico, -is, -ere, dixi,dictum, do que deducimos 3 temas: dic-, dix-, dict-.

4ª audio,-is,-ire, audivi,auditum, do que deducimos 3 temas: audi-, audiv-, audit-.

 

* Fíxate que para a enunciación  usamos habitualmente 5 formas:  A 1ª e a 2ª persoas do singular do Presente de Indicativo (amo, amas), o infinitivo (amare), a primeira persoa do Perfecto de Indicativo (amavi) e a denominada supino, algo que deriva do participio (amatum). 


TERMINATIONES PERSONALES: 

As desinencias  son algo que xa vimos usando para traducir dun xeito inconsciente.  Lembra que é mellor memorizalas:

             SING.         PLURAL

1ª pers.  -o/-m            -mus

  pers.   -s                 -tis

  pers.   -t                  -nt

PRAESENS  ET IMPERFECTUS (INDICATIVUS)

  Nos seguintes vídeos veremos como se realizan as conxugacións dos verbos regulares destes dous tempos. Logo, tras velos atentamente deberedes realizar as actividades que se indican máis abaixo.

PRAESENS INDICATIVUS


IMPERFECTUS INDICATIVUS


QUAESTIONES:

1-Observa o seguinte cadro coa análise morfolóxica dos presentes da terceira e cuarta conxugación. 



Logo realiza un cadro semellante para os seguintes verbos. Indica antes a que conxugación pertencen: 

Intro,-as, -are.

Habeo,-es, -ere.

Lego,-is, -ere.

Venio,-is, -ire.

2- Observa agora estes cadros cos imperfectos de indicativo:

Conxuga a seguir os seguintes verbos en Imperfecto de indicativo, fíxate ben nas raíces para podelo facer ben, xa sabes que nalgunhas ocasións hai que utilizar vogais de unión  (para este tempo a vogal é un -e-).

Intro,-as, -are.

Habeo,-es, -ere.

Dico,-is, -ere.

Venio,-is, -ire.


3-Lembra que ademais de verbos regulares vai a haber irregulares como o verbo sum (ser, estar): Como era o presente de indicativo deste verbo? Como será o imperfecto se a primeira persoa é : era-m?



Ningún comentario:

Publicar un comentario