luns, 17 de decembro de 2018

MENSIS DECEM


Xa sabes que os problemas do calendario teñen a súa orixe na diferenza existente entre o ano solar (365 d. 5 h. 48´ 46 ´´) e o ano lunar  (354 d. 8 h. 48´).

Os exipcio sseguína o calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar, é dicir, un ano lunar de 354 días , pero adaptado ao sol engadindo un mes 13 º para agardaren polo sol que se engadía a cada catro anos e deu orixe ás Olimpíadas.

Sabías que o ano romano comezaba en  marzo? 

Inicialmente os romanos tiñan un calendario lunar que comezaba en marzo, coa primavera, como podemos demostrar observando os nomes do derradeiro mes do noso calendario: DECEMBRO = DECEMBER en latín que significa o décimo mes.

Que significará November?  Logo que cres que significa October et September?

Claro teñen moito que ver cos números romanos novem, octo et septem. E aínda poderíamos engadir o nome de SextilisQuintilis. Sabes a que meses pertencían estes nomes?

Disque os romanos contaban que fora o antigo rei de Roma, Numa Pompilio, herdeiro de Rómulo, o que engadiría aos dez meses outros dous, pero non hai certeza deste feito. O caso é que o cambio de comezo do ano sería institucionalizado polos romanos algúns séculos despois, pero isto é xa outra historia.

O mes do solsticio. A verba solsticio está composta de dúas latinas : Sol (o astro solar)  e o verbo sístere "permanecer quedo, parado"  Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno.

xoves, 13 de decembro de 2018

NATUM VIDETE:


Procurando paralelos entre Roma e Belén, atopamos este cadro que representa?

Fíxate que non hai un boi, nin unha mula... que máis diferenzas atopas?

Imos logo a Belén, pastores... para traducir ao galego un vilancico moi coñecido que adoita cantarse en latín.

martes, 11 de decembro de 2018

O NACEMENTO DE ROMA



Imos saber como nace Roma, pero usando como fío condutor ás mulleres que se relacionan con este feito, mulleres que aínda que semelle que non foron transcendentais, o foron en realidade, aínda que os mitos e os relatos entre a historia e a lenda que se nos transmitiron, moitas veces (senón todas) foron escritos por homes cunha concepción claramente machista e nun mundo dominado polos homes. De aí que nós dende unha óptica moderna queiramos darlle unha voltiña ao asunto e ver se é posible contar as cousas de xeito distinto procurando recuperar o protagonismo que o pasado lle quitou ás mulleres.

I-   A deusa Venus nai de Eneas e as mulleres do heroe troiano: Creusa, Dido e Lavinia.
II- Rea Silvia, nai de dous xemelgos co deus Marte.
III- Luperca, unha muller ou unha loba?
IV-  Roma, nome de muller e as mulleres que posibilitaron a súa creación: Tarpeia, a traidora e Hersila, posiblemente a primeira raíña sabina de Roma.
V-  Lucrecia, a muller que fixo caer a monarquía en Roma.

luns, 26 de novembro de 2018

Repasando para o exame

ITALIA:
Xeografía 
Os nomes e as linguas de Italia

FACTA ET VITA: O Nacemento en Roma

GRAMÁTICA:
Os casos e as declinacións
Primeira declinación
Verbos regulares e verbo SUM
Segunda declinación
Adxectivos (I)


SINTAXE: Para traducir hai que ter en conta:
- Orde dos elementos da oración.
- Condancias do verbo e suxeito.
- Analizar as funcións sintácticas da oración.
- Consultar o léxico.
- Repasar o resultado.


mércores, 14 de novembro de 2018

Unha visita á nosa prehistoria

Visitaremos a Mámoa do rei.
Investigaremos sobre o nome e as lendas de tesouros agochados nas mámoas.
Descubriremos cal é a importancia da arquitectura do Neolítico en Galicia

xoves, 25 de outubro de 2018

SALVE IULIA!

Imos coñecer a alguén que nos vai acompañar ao longo do curso. Coñecerémola a través de pequenos textos que debemos ir traducindo e nos que iremos chamando a atención sobre diversos detalles importantes a ter en conta para traducir mellor os textos latinos. Imos cos tres primeiros:

A orde habitual na oración latina éSuxeito + complementos + verbo. Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é:
 Suxeito + verbo + complementos

 Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.

O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma)  in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e  locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.

IULIA ROMAE (I)

IULIA ROMAE (II)

IULIA ROMAE (III)