![]() |
Quinque lupuli sunt lupae |
Quinque lupuli sunt lupae,
quinque lupuli tras motum scopae!
Quinque sunt, quinque habebat,
magis parvulo mamulam tenebat!
Quinque lupuli sunt lupae,
quinque lupuli tras motum scopae!
quinque sunt, quinque amabat,
nigros et albos omnes curabat!
NUMERI
NUMERARE DIGITI MANUS. Os dedos da man, como moitos de nós fixemos
de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos
números I, II, III e tamén IIII que
normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos
unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban.
O número
10= X procede da letra grega "khi" son que non había
en latín.
A letra grega Ψ"psi"
foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L=
50.
O Θ"theta"
grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren C =
100.
O D =
500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se
foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
Outras regras/ Os números romanos:
-
Lense de esquerda a dereita e de maior a menor. MDXIII. = 1513
-
Un símbolo seguido doutro de igual valor: suma. MM = 2000
-
Un símbolo de valor menor á esquerda doutro: resta. CM= 900
-
Os símbolos V. L, D sempre suman. Nunca poden estar á esquerda dun de
maior valor para restarse.
-
Os símbolos I, X, C , M poden repetirse ata 3 veces (sempre suman e o
IIII tamén pode aparecer) - Só se pode restar unha vez.
-
Os símbolos V, L, D non poden repetirse.
- Só se pode restar:
- I pódese
restar a V e X
- X pódese
restar a L e C
- C pódese
restar a D e M
O Xénero dos números
Non todos os números teñen un xénero definido, pero os tres primeiros si.
Unus,-a,-um. claro está, é sempre singular. E dous (duo, -ae, -o) e tres (tres, tria), etc... son plurais.
Unus, una, unum /
masculino unus lupus, feminino:
una insula, neutro: unum oppidum
Duo lupi (masculino) duae insulae (feminino), duo oppida (neutro)
Tres lupi aut insulae, tria oppida
A partir do catro só presenta os numerais unha
única forma:
Quattuor, quinque, sex, septem, octo, novem,
decem,
undecim, duodecim, tredecim, quattuordecim, quindecim, sedecim, septendecem
OLLO!
Fíxate a diferenza co noso idioma no
18 – duodeviginti e 19 –
undeviginti
Ningún comentario:
Publicar un comentario