Xa sabes que os problemas do calendario teñen
a súa orixe na diferenza existente entre o ano solar (365 d. 5 h. 48´ 46 ´´) e o
ano lunar (354 d. 8 h. 48´).
Os exipcios seguían o calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar, é dicir, un ano lunar de 354 días , pero adaptado ao sol engadindo un mes 13 º para agardaren polo sol que se engadía a cada catro anos e deu orixe ás Olimpíadas.
Sabías que o ano romano comezaba en marzo?
Inicialmente os romanos tiñan un calendario lunar de 305 días que comezaba en marzo, coa primavera, como podemos demostrar observando os nomes do derradeiro mes do noso calendario: DECEMBRO = DECEMBER en latín que significa o décimo mes.
Que significará November? Logo que cres que significa October et September?
Claro teñen moito que ver cos números romanos novem, octo et septem. E aínda poderíamos engadir o nome de Sextilis e Quintilis. Sabes a que meses pertencían estes nomes?
Disque os romanos contaban que fora o antigo
rei de Roma, Numa Pompilio, herdeiro de Rómulo, o que engadiría aos dez meses
outros dous colocándoos ao comezo do ano, pero non hai certeza deste feito, porque o mes de febreiro podería realmente ser o do final. O caso é que o cambio de comezo
do ano sería institucionalizado polos romanos ben na época de Numa Pompilio, ou ben algúns séculos despois, pero isto
é xa outra historia, sobre a que volveremos máis adiante.
O mes do solsticio. A verba solsticio está composta de dúas latinas: Sol (o astro solar) e o verbo sístere "permanecer quedo, parado". Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno.
Imos entrar no Solsticio: “Sol – stitium” (de sol, un substantivo, e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.
A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada polo do nacemento de Cristo, NATALIS, o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos mitolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas.
Reparemos logo na transcendencia desta data
especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do
ciclo das Trece Lúas...
FANUM VERSUS TEMPLUM
Na antigüidade había dous lugares sagrados,
espazos especiais para comunicarse coas divinidades:
O segundo lugar (e posiblemente posterior) foi
o templum, que era xa unha edificación
feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes
ou rochas sagradas máis antigas (fanum) nas que logo se constrúe un edificio con fins relixiosos (templum) e que están dalgún xeito
asociadas a ese novo espazo acondicionado para o culto.
A ÁRBORE SAGRADA DE NADAL unha árbore perenne
(de per annum) cargada de símbolos. Nesa árbore colgábanse as candeas que se colocaban para reclamar a atención do sol, que
simbolizaban a volta do sol invictus, pero tamén a esperanza no renacer fértil
do ano, os froitos, viandas, neste caso simbolizados nos agasallos e outros
adornos que colocamos. Logo a árbore de
Nadal sería unha herdanza ou lembranza dun antigo fanum e con este costume levamos o fanum e, en certo modo, o templum ás nosas casas.
O abies, O abies
In alto regnas monte
O, abies ! O, abies!
In alto
monte regnas!
Non desunt tibi fólia
hieme frigidíssima!
O, abies, O, abies!
in alto monte regnas.
O, abies, O, abies !
Natalem nuntias diem.
O, abies, O, abies!
Natalem nuntias diem!.
Est máxima laetitia
Dum luces, arbor spléndida
O, abies, O, abies !
Natalem nuntias Diem.

Ningún comentario:
Publicar un comentario