venres, 27 de xuño de 2025

UNHA VOLTIÑA POLA PREHISTORIA


🎥 A Laxe das Rodas é moito máis ca un xacemento arqueolóxico: é unha xanela aberta a un tempo no que o ceo marcaba o ritmo da vida.
Neste vídeo, as alumnas do CEIP de Louro e María, técnica de turismo do Concello, explícanos de forma didáctica como funciona esta laxe como calendario lunisolar, un sistema que combina os ciclos da lúa e do sol para medir o paso do tempo e organizar o ano.
Do mesmo xeito que facían os nosos devanceiros, que aprendían a ler o ceo para organizar a vida na terra, este calendario gravado na pedra servía para sinalar os momentos clave do ciclo anual: cando plantar, cando recoller, cando celebrar.
A lúa, coa súa capacidade de morrer e renacer cada mes, representaba os ritmos da fertilidade, do mar, da colleita, do corpo e da memoria.
Por iso a Laxe das Rodas non é só unha pegada na pedra: é unha expresión de sabedoría ancestral, un legado que nos conecta coa natureza, cos nosos devanceiros, e coa forma de entender o mundo que tivemos —e temos— na Galiza.

#ALaxeDasRodas #Louro #Ensino # Muros 

https://fb.watch/AvhIiTIQoC/

mércores, 4 de xuño de 2025

PROBA DE RECUPERACIÓN

 Os contidos da proba de recuperación serán os mesmos dos da última proba, a da 3ª avaliación que podes ver na entrada anterior. 

Se ademais queres practicar con textos novos para analizar e traducir 

IN ITINERE