Como rematamos este ano MMXVII:
Agora que vai nacer un novo ano planteamos un tríptico de Nadal:
Falaremos dos NACEMENTOS en Roma.
Imos preparar un traballo de investigación en grupo:
AS MULLERES DO NACEMENTO DE ROMA
Cantaremos un vilancico: NATUM VIDETE! despois de saber como se despedía o ano en Roma.
Etiquetas
- AB INITIO (65)
- AVALATIO (5)
- DICIONARIO (1)
- FACTA ET VITA (101)
- IN LINGUAM GALLAICAM CONVERTERE (5)
- INTRA MUROS (74)
- IULIA ROMAE (9)
- KALENDAS (7)
- LABORES (36)
- LECTIONES (1)
- MAGISTRA VITAE (4)
- UT LEGIS DICAS (10)
- VENI VIDI FECI (21)
- VERBA VOLANT (6)
mércores, 13 de decembro de 2017
martes, 28 de novembro de 2017
AENEAS E O FUTURO
Despois de ver este vídeo. Imos investigar sobre outra viaxe e o seu futuro.
A viaxe de AENEAS será vital para entender dende o punto de vista da mitoloxía o nacemento da cidade de Roma, o lugar onde, digámolo para simplificar comeza todo. E para coñecer o futuro desta cidade será pois importante entrar nas súas raíces.
Falando de futuro e de tempos verbais aprenderemos de paso o FUTURO dos verbos.
luns, 20 de novembro de 2017
MEMORIA 1ª AVALIACIÓN
Tema 0: Aude sapere. // Aude facere
Tema I: Imperium et lingua.
Xeografía da Italia Antiqua.
As Linguas da Italia antiqua.
Quae mater liguae latinae est?
O latín. Introdución (traballos persoais)
Littera et numeri.
Tema II: Familia Romana
Habemus casos
Dos casos ás declinacións
Que son as declinacións?
1ª Declinación rosa, -ae.
2ª Declinación dominus -i, puer,-i, templum -i
Adiectivus
Conxugacións: Verbos regulares tipo amo,-as.-are, habeo,-es,-ere, dico, -is, -ere ou audio,-is,-ire.
Verbo SUM
luns, 6 de novembro de 2017
Declinator 2ª declinación
LUPUS ET AGNUS
Lupus et agnus in fluvii ripa aquam potabant. Superior stabat lupus longeque inferior agnus. Agnus parvus et innoxius erat, at lupi audacia magna erat. Agni et cervi lupos timent, nam lupi agnos saepe devorant. Agnus lupum videt et fugam temptat, sed lupus videt etiam agnum et causam iniuriae quaerit.
- Tua causa -dicit- aqua turbida est.
At agnus respondet:
- Tu potas superior et aqua decurrit a te.
Tamen lupus iniustus timidum agnum vulnerat et devorat.
Sic viri iniusti fictis causis viros infirmos et innoxios saepe opprimunt.
Agora que xa coñecemos a primeira e a segunda declinacións podemos tamén comprender mellor outro tipo de palabras moi frecuentes nos textos que tamén se declinan: os adxectivos. Podemos ver como funcionan en ADIECTIVUS (I)
domingo, 5 de novembro de 2017
Imos co declinator da 1ª declinación
MINERVA ET DIANAFabulae carae sunt puellis, nam fabulae puellas delectant. Multae fabulae memorant antiquas deas.
Minerva dea non solum sapientiae magna dea est, sed etiam pugnas amat atque hastam galeamque habet. Minervam, sapientiae deam, amamus. Poetae prudentiam Minervae laudant et statuam aramque Minervae rosis ornant, atque gloriam Minervae saepe laudant.
Diana sagittas portat. Aras Dianae, deae lunae et silvarum, rosis ornamus, nam Diana dea feras sagittis saepe vulnerat et captat aut necat. Cerva Dianae sacra erat. Puellae aras Dianae rosis ornant.QUAESTIONES:
Quae statua Minervae est?
Quid animal ad Dianam est?
Cur Minerva hastam portat et Diana sagitas?
Para traducir temos que coñecer tanto os mecanismos básicos da lingua latina (que co declinator será máis doado de facer) como tamén dominar o léxico preciso, para o que podes botar man, polo de agora, deste dicionario na páxina didacterion.
luns, 30 de outubro de 2017
GNOSCETE ITALIA
Botémoslle un ollo a esa península con tanta historia.
ITALIA ANTIQUA
ITALIA
QUAE MATER LINGUAE LATINAE EST?
ITALIA ANTIQUA
ITALIA
QUAE MATER LINGUAE LATINAE EST?
mércores, 25 de outubro de 2017
Salve Iulia!
Imos coñecer a alguén que nos vai acompañar ao longo do curso. Coñecerémola a través de pequenos textos que debemos ir traducindo e nos que iremos chamando a atención sobre diversos detalles importantes a ter en conta para traducir mellor os textos latinos. Imos cos tres primeiros:
A orde habitual na oración latina é: Suxeito + complementos + verbo. Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é:
Suxeito + verbo + complementos
Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.
O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma) in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.
IULIA ROMAE (I)
IULIA ROMAE (II)
IULIA ROMAE (III)
A orde habitual na oración latina é: Suxeito + complementos + verbo. Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é:
Suxeito + verbo + complementos
Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.
O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma) in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.
IULIA ROMAE (I)
IULIA ROMAE (II)
IULIA ROMAE (III)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





