Moeda romana coa representación da dea Spes. |
Así aparece esta palabra nun dicionario de Latín. Con ela comezamos o curso, porque o lema do centro xira arredor do concepto da esperanza.
Saber latín
Imos comezar logo coa esperanza de chegar axiña, cando o curso vaia avanzado, a estudar a 5ª declinación que como podedes supoñer polo número esixe pasar antes pola 1ª, 2ª, 3ª e 4ª que tamén son declinacións. Claro agora non sabedes que é iso das declinacións, explicarémolo ipso facto, mais non hoxe.
Temos tamén a esperanza de que, ademais de algo de lingua latina, neste curso coñezas mellor a historia e a vida dos romanos, comprobes canto temos de romanos nós os galegos, saibamos máis de como chegaron ata aquí e investiguemos que herdamos daquela época e como condicionou o noso futuro. Non esperemos máis. Comecemos:
Unha deusa co símbolo da abundancia na man, a cornucopia, un atributo que comparten Ceres, Fortuna e Spes. |
A deusa da Esperanza: Spes (en latín): unha deusa que, aínda que non semella ser a mesma deusa en Roma que en Grecia, Elpis ("esperanza"en grego), era representada como unha muller nova que ten na man unha flor (como na moeda da fotografía de máis arriba) ou coa cornucopia (como tam´ne podes ver noutra foto). Porta símbolos ben da próxima primavera, a primeira ou ben, a outra, da abundancia, é dicir, en todo caso, do futuro proveitoso que ha chegar.
Os romanos dicían: "Spes, ultima dea" a esperanza é a última deusa, de onde sae o dito actual: a esperanza é o último que se perde.
Unha calivera coa moeda na boca para Caronte |
Esperanza para a eternidade
Sabías que os romanos (como tamén os gregos), á hora de soterrar ou queimar aos mortos, colocábanlle na bocados seus defuntos unha moeda ou ben dúas nos ollos ? Por que o facían? Naquel ritual estaba ben presente a esperanza. Facíano coa esperanza de que tivesen pagada a súa viaxe ao Máis Alá, ao Alén. Tiñan a crenza que o barqueiro Caronte esixía ese pago para poder subir na barca que os levaba á beira contraria, ao do Outro Mundo.
QUAESTIO:
Quen será esta deusa: Ceres, Fortuna ou Spes? |
Ningún comentario:
Publicar un comentario