Xa sabes que os problemas do calendario teñen a súa orixe na diferenza existente entre o ano solar (365 d. 5 h. 48´ 46 ´´) e o ano lunar (354 d. 8 h. 48´).
Os exipcio sseguína o calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar, é dicir, un ano lunar de 354 días , pero adaptado ao sol engadindo un mes 13 º para agardaren polo sol que se engadía a cada catro anos e deu orixe ás Olimpíadas.
Sabías que o ano romano comezaba en marzo?
Inicialmente os romanos tiñan un calendario lunar que comezaba en marzo, coa primavera, como podemos demostrar observando os nomes do derradeiro mes do noso calendario: DECEMBRO = DECEMBER en latín que significa o décimo mes.
Que significará November? Logo que cres que significa October et September?
Claro teñen moito que ver cos números romanos novem, octo et septem. E aínda poderíamos engadir o nome de Sextilis e Quintilis. Sabes a que meses pertencían estes nomes?
Disque os romanos contaban que fora o antigo rei de Roma, Numa Pompilio, herdeiro de Rómulo, o que engadiría aos dez meses outros dous, pero non hai certeza deste feito. O caso é que o cambio de comezo do ano sería institucionalizado polos romanos algúns séculos despois, pero isto é xa outra historia.
O mes do solsticio. A verba solsticio está composta de dúas latinas : Sol (o astro solar) e o verbo sístere "permanecer quedo, parado" Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario