O deus Ianus, é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro nun principio non era o primeiro do calendario como xa falamos e xa estudaremos no mes de marzo.
Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir Ianus Patusius(o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que hoxe un podería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que para os romanos inicialmente o mes de xaneiro era o undécimo.
Aproveitando esta mirada cara atrás podemos facer un repaso do que xa sabemos e á vez do que nos propoñemos cara aos próximos días deste segundo trimestre do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario