NUMERI
Os dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= X procede da letra grega "khi" son que non había en latín.
A letra grega Ψ"psi" foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50.
O Θ"theta" grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren C = 100.
O D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
LITTERAE
Imos coñecer a orixe do alfabeto latino que deriva do grego a través do etrusco e explicar logo como se len as distintas letras e algunhas regras importantes de pronunciación do latín clásico.
EVOLUCIÓN DO ALFABETO LATINO
Ningún comentario:
Publicar un comentario