O INDOEUROPEO, NAI ou PAI DA LINGUA LATINA
Os estudosos lograron deducir cal é a orixe da meirande parte das linguas que se falan hoxe en Europa e dun importante número de linguas de Oriente ata chegar mesmo a India.
Dende a India a Fisterra encontramos basicamente unha mesmas palabras para denominar o lobo, a raposa, o oso, o cervo e o porco (polo tanto o mundo da caza); unhas mesmas palabras para denominar o boi, a ovella, a cabra, o leite, se a caso os ovos (é dicir, a gandeiría); unhas mesmas palabras para denominar o queixo, a lá, o mel, o sal, o carro, o xugo e a fariña (é dicir, a agricultura); igual acontece co ouro, a prata, o cobre (metarlurxia), co cabalo e co can (animais domésticos), co arco e coa machada (armas), co salmón e co barco, pero non co mar (navegación fluvial). pero, en cambio, non hai parecido ningún entrea as respectivas maneiras de nomear o mar, o león, o tigre e o camelo:
Como explicar tantas coincidencias?
Todos estes pobos que habitan tan amplo territorio teñen linguas que proceden dun único pobo prehistórico: o indoeuropeo.
No mundo hai, se simplificamos e atendemos a súa orixe por continentes, cinco grandes grupos de linguas unha destas grandes familias é a Indoeuropea.
O MÉTODO DA LINGÜÍSTICA COMPARADA
O MÉTODO DA LINGÜÍSTICA COMPARADA
A familia INDOEUROPEA está formada polas linguas euroasiáticas derivadas daquel idioma que non deixou escritos, porque se falou na prehistoria, pero que sabemos existiu polas semellanzas entre linguas como o latín e o grego, ou o celta e o xermánico á hora de nomear todos os nomes citados máis arriba.
Debes saber:
1- En que lugar habitaron os primeiros indoeuropeos?
2- Cales son as linguas fillas do Indoeuropeo, as principais familias de linguas, xa históricas e que derivan do Indoeuropeo?
3- Como se soubo que había parentesco lingüístico entre todo este numeroso grupo de linguas existentes de Fisterra ata a India?
Ningún comentario:
Publicar un comentario