mércores, 10 de marzo de 2021

QUAESTIONES: AB URBE CONDITA ET MULIERES

 


AS MULLERES E ENEAS

1-      Con quen tivo ao seu fillo mortal Afrodita? Como se chamaban o pai e o fillo desta relación de Venus?

2-      Na caída de Troia que pasou con Creúsa?

3-      Quen era Dido e que relación ten con Eneas ?

4-      Cando Eneas chega a Italia, con que muller se encontra e que problemas ten que resolver ?

5-      Quen  fundou e que foi Alba Longa?

6-      Por que Eneas no seu camiño dense Troia  a Italia  se encontra con tantas mulleres?  Por que lle pasa a cada unha algo (unha desaparecida a causa da sogra,  outra suicidase por amor ...) Cal é o  motivo? Que hai de estraño detrás de todo isto relacionado coa condición feminina?

REA SILVIA

1. Quen era Rea Silvia?

2. Por que Amulio quería matar a Rea Silvia?

3. Que é unha vestal?

4. Que fixo Marte con Rea Silvia?

5. Que pasou con Rea Silvia ao final?

6. Elixe a unha muller famosa da actualidade que se pareza a Rea Silvia, no sentido de que a pesar de que llo quitaron todo, ela conseguiu seguir adiante.

LUPERCA OU LUPA CAPITOLINA

1-      Como se chama a Loba que segundo a mitoloxía romana amamantou a Rómulo e Remo?

2-      Por que hai dúbida de que Lupa fose unha loba ou unha prostituta?

3-      Significado da palabra Roma segundo a orixe indoeuropea.

4-      Con quen fundou Rómulo o colexio “Frates Arvales”?

5-      Nome do pastor que salvou aos xemelgos.

6-      Dentro desta historia non che parece curioso que haxa dúas versións de historias “mulleres” pero cun mesmo fin? (o crecemento dos xemelgos).

O O RAPTO DAS SABINAS

1-      Quen era Numitor?

2-      Por que morreu Remo?

3-      Por que decidiron raptar as sabinas?

4-      Que fixeron as mulleres para acabar coa guerra?

5-      Todos coñecemos a Rómulo, pero non o nome da súa muller sabina. Deberia ter a misma importancia? Por que?

 ROMA: SETE CUMIOS  E SETE REIS

1. Porque hai unha rocha co nome de Tarpeia? E por que se recoñece a Tarpeia como un elemento de traizón?

2. Quen gañou a batalla dos Curiacios e Horacios? E como gañou?

3. Cal foi o cumio sobre o que se fundou Roma?

4. Cres que é casualidade que haxa sete reis, sete cumios e sete xeracións de reis albanos? Por que é así?

5. Nomea os nomes e a súa orixe das tribos da Antiga Roma.

LUCRECIA A MULLER QUE REMATOU COA MONARQUÍA ROMANA

1- Quen eran os Etruscos? 

2- Que relación tiñan os Latinos e os Sabinos cos etruscos?

3- Quen era Lucrecia?

4-  Por que se quitou a vida? Como e ante quen o fai?

5- Que provocou a morte de Lucrecia? Que logo entre os romanos e os etruscos? 

6- Que diferenza había entre Monarquía e República na antiga Roma? 




Ningún comentario:

Publicar un comentario