xoves, 28 de outubro de 2021

DEFUNCTI

 


Sempre que se achegan estas datas de Defuntos lembro cousas como que aos nenos da Illa de Arousa lles resulta tan familiar pedir unha "esmoliña para os defuntiños que van alá" ou que existira de vello un costume funerario romano no que os mortos tenten dialogar eternemente cos vivos:

VIATOR, VIATOR:

QUOD TU ES, EGO FUI;
QUOD NUNC SUM, ET TU ERIS.
"

Para traducir esta estela: Debes usar distintos tempos do verbo SUM

nunc: adv agora

quod: (pronome relativo neutro) o que 

viator,- oris: camiñante.


Este costume chegou á Gallaecia porque nunha das estelas funerarias que consevamos no Museo Provincial de Lugo ataopamos esta inscrición:

UT, QUI LEGIS, DICAS:  "SIT TIBI TERRA LEVIS"

Para traducir esta estela:

dico,-is.-ere, dixi, dictum: dicir ( segunda persoa presente de subxuntivo) 

lego, is, -ere, legi, lectum: ler (segunda persoa do presente indicativo)

levis, -e: adxec. leve, lixeiro

sit:  verbo sum terceira persoa singular do presente de suxuntivo .

terra, ae: terra

tibi: pronome persoal tu en dativo (para ti) 

ut: conx. para


Por último e para rematar por hoxe traio unha estela falante cargada de humor, a ver se sodes capaces de traducila:

POSITUS EST HIC LEBURNA MAGISTER MIMARIORUM, QUI VIXIT ANNOS PLUS MINUS CENTUM. 

- ALIQUOTIES MORTUUS SUM, SED SIC NUMQUAM! OPTO VOS AD SUPEROS BENE VALERE.


Nomes Propios:

Leburna (Nome dun home porque di a contuanuación que é magister mimariorum, é dicir: mestre de mimos ou actores).

Superi,-orum: subs. plural Deuses (seres Superiores).

VOCABULARIO

ad: prep. a 

aliquotiens: adv. ás veces

annus- i: ano

bene: adv: ben

centum : num.  cen

hic: adv. aquí.

minus:adv.  menos

mortuus, - a, -um (participio do verbo morior: morir) morto. 

numquam: adv. nunca.

opto, -as, -are, -avi, -atum: desexar, pedir

plus: adv. máis.

pono,-is, -ere, posui, positum: Sepultar (acción de colocar ou depositar un cadáver)

sic: adv. así, deste modo.

valeo, -es. -ere, valui.-itum- ser útil, servir, pero aquí seguramente como na fórmula de saúdo acompañada do adverbio bene: estar ou ir ben, tamén estar alegre ou contento.

vivo, -is, -ere, vixi, victum: vivir

vos: pronome pers: vos


QUAESTIONES:

I- CONVERTERE IN LINGUAM GALLAECIAM  STELAS 

II- AUDETE SAPERE (para saber máis atrevédeos a lembrar o que víramos na Aula Clásica do curso pasado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario