luns, 19 de decembro de 2022

FANUM ET TEMPLUM: ARBOR SACRA

 


Imos entrar no Solsticio: “Sol – stitium” ( de sol e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.

A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada pola do nacemento de Cristo, NATALIS,  o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos mitolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas.

 Reparemos logo na transcendencia desta data especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do ciclo das Trece Lúas...


FANUM VERSUS TEMPLUM

Na antigüidade había dous lugares sagrados, espazos especiais para comunicarse coas divinidades:

O primeiro era o fanum, un lugar sen construción, un espazo natural máxico onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) . Polo que debemos interpretar que ao mellor o culto ás árbores sería antes o culto nas árbores! Entendemos que alí onde se manifestaban os deuses, deixábanse as ofrendas para lograr un voto ou petición a cambio.

O segundo lugar (e posiblemente posterior) foi o templum, que era  xa unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas máis antigas que o edificio e que están dalgún xeito asociadas a ese novo espazo acondicionado para o culto.

 

A ÁRBORE SAGRADA DE NADAL unha árbore perenne (de per annum) cargada de símbolos. Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol invictus, pero tamén a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, neste caso simbolizados nos agasallos e outros adornos que colocamos.  Logo a árbore de Nadal sería unha herdanza do antigo fanum e con este costume levamos o fanum ou o templum ás nosas casas.

O abies, O abies

In alto regnas monte

O, abies, O, abies!

In alto  monte regnas!

 

Non desunt tibi fólia

hieme frigidíssima!

O, abies, O, abies!

in alto monte regnas.

 

O, abies, O, abies !

Natalem nuntias Diem

O, abies, O, abies!

in alto regnas monte.


Est máxima laetitia

Cum luces, arbor spléndida

O, abies, O, abies !

Natálem nuntias Diem.


 Aprenderemos tamén o famoso VENITE ADOREMUS


 Como celebraban os romanos o solsticio? 

Ningún comentario:

Publicar un comentario