Imos coñecer a alguén que nos vai acompañar ao longo do curso. Coñecerémola a través de pequenos textos que debemos ir traducindo e nos que iremos chamando a atención sobre diversos detalles importantes a ter en conta para traducir mellor os textos latinos. Imos cos tres primeiros:
- A orde habitual na oración latina é: Suxeito + complementos + verbo.
Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é: Suxeito + verbo + complementos
- Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.
- O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma) in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario