mércores, 14 de xuño de 2023

DOUS TÓPICOS PARA ABRIR BOCA

Un tópico literario é un lugar común, un tema universal e recorrente que se vén repetindo por tradición literaria e ao que acoden os autores cada vez que compoñen un texto botando man deste tipo de recursos que proveñen da literatura grevolatina e veñen circulando desde aquela ata os nosos días de maneira continuada. Esa é a razón de que leven o nome en latín.  

CARPE DIEM!

Para saber da importancia dun tópico literario como lugar común da literatura universal deberiamos rastrexar un deses tópicos, por exemplo, nalgunha desas cancións que temos na cabeza.

Poñamos por exemplo este tópico: Carpe diem! (aproveita o momento) como acabamos de ver unha composición en latín medieval varios séculos despois da invención do tópico polos gregos e romanos imos utilizar un dos poemas dos Carmina Burana de exemplo:




22-Tempus est iocumdum,       É un tempo alegre

o virgines,                                o mulleres!

modo congaudete                     soamente desfrutade

vos iuvenes.                              sodes mozas.

Oh, oh, oh                                 O, O, O, 

totus floreo,                             enteiro florezo

iam amore, virginali                xa polo amor dunha muller

totus ardeo,                              enteiro ardo.

novus, novus amor                   un novo,  novo amor

est, quo pereo.                          teño polo cal morro.

Onde está o Carpe díem esa invitación a vivir o momento nos versos anteriores? 

Este tópico que xa aparecía na lírica grega podemos atopalo na romana en Horacio: 

"Carpe diem, quam minime credula postero" (Oda I , 11)

"Aproveita o día, non confíes no mañá"



Para seguir curioseando sobre este tópico recomendamos: El laberinto de los tópicos




 TEMPUS FUGIT

Este tópico que acabamos de ver, o do carpe diem, debémolo relacionar con outro que está intimamente ligado a el , falamos do Tempus fugit. Xa o viramos ao comezo do curso en Catulo no poema Vivamus mea Lesbia.  Pero habitualmente se fala como texto referencial de Virxilio que nas Xeórxicas dixo:

"Sed fugit interea, fugit irreparabile tempus" ( Georg. III 284)

  "Foxe entrementres, foxe irreparable o tempo"



Ningún comentario:

Publicar un comentario