ODI ET AMO, Quare id faciam, fortasse requiris.
Nescio, sed fieri sentio et excrucior.
Un brevísimo pero célebre poema de Catulo, no
que se trata a simultaneidade do amor e odio, desconcertante e sobre todo,
ferinte para o que a sofre. O autor demostra unha extraordinaria habilidade
para crear un quiasmo (unha estrutura en "cruz") no que varios termos
se contrapoñen en posición a outros, no seu significado. Así, atopamos ODI
(odio) AMO (amor) SENTIO (sentir) EXCRVCIOR(estar crucificado). Dúas emocións
positivas e dúas negativas.
ODI (-) ET AMO(+) contrapostos a SENTIO(+)
EXCRVCIOR(-). REQVIRIS (preguntaraste) contraponse a NESCIO (non o sei), e FACIAM contraponse
a FIERI, unha é a forma activa e a outra pasiva de facer. Xusto como ODI
(activo, odiar) e EXCRVCIOR (pasivo, ser crucificado). E como reforzo maxistral, o emprego deliberado
de EXCRVCIOR reforza esa estrutura "en cruz". Sen dúbida, a pesar da
súa aparente sinxeleza e brevidade, o autor era un auténtico mestre da lingua
latina.
Quen era Catulo?
Quen era Lesbia?
Son dúas respostas para coñecer un pouco máis o ambiente literario que se vivía en Roma á altura da época de Julio César.
Unha vez que teñas resposta a estas preguntas podes ler algún dos poemas deste poeta que reflicten a súa tormentosa relación amorosa.
Trátase de explicar quen eran estes dous personaxes a través do coñecemento e reflexión dos textos que se conservan da súa relación.
NON ESQUEZAS ENVIAR LOGO POR CORREO (aulaclasicasn@gmail.com) A ACTIVIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario