domingo, 26 de xaneiro de 2025

REA SILVIA, RÓMULO E REMO

 

Sabías que as orixes de Roma poden contarse como resultado dunha violación. Esta será unha das cuestións que terás que investigar. 

A fuxida de Troia, Creúsa con Eneas, cargando
con Anquises, seu pai, e Iulo  Ascanio, o meniño.

A viaxe e aventuras de Eneas e os troianos polo Mediterráneo narrada na Eneida de Virxilio. 

O suicidio de Dido de Cartago por amor a Eneas,
tras zarpar esta cara a Italia.
Eneas e Lavinia  

Xa coñecemos a historia de Eneas que narrou Virxilio na Eneida, agora toca coñecer como se chega desde o desembarco do troiano Eneas  co seu fillo Iulo Ascanio nas terras do Lacio ata a fundación de Roma.  

O lugar central da península de Italia onde debes situar os sucesos e todas estas lendas.


AS MULLERES NO NACEMENTO DE ROMA. 
Como llo contaríamos dun xeito orixinal ás compañeiras e compañeiros?

 I- O punto de partida serán as tres mulleres de Eneas e os manexos da deusa Venus para que o seu fillo chegue a Italia: Creúsa, Dido e Lavinia. Relata estes feitos brevemente sen deixar atrás detalles importantes ou dito doutro xeito responde a estas tres preguntas:  De quen era fillo Eneas?  De quen era fillo Iulo Ascanio? Que pintan as outras mulleres nesta historia?

O deus Marte visita a Rea Silvia sacerdotisa Vestal

II- Fundada Alba Longa por Iulo Ascanio tempo despois outra muller, nai de Rómulo e Remo, Rea Silvia merece tamén unha interesante e contundente reflexión, podes facelo respondendo a estas catro preguntas:  De quen era filla? Que lle ocorre ao seu pai? Que significaba e por que acaba sendo unha sacerdotisa vestal? Que lle ocorre sendo xa unha sacerdotisa vestal? 

Rómulo e Remo mamando da loba Luperca. 


O pastor Faústulo descobre aos xemelgos ao pé do Río Tíber.


III- Logo virá a cuestión da famosa loba, que hai quen di que era realmente unha muller denominada "lupa", si para algúns unha prostituta. As nais adoptivas de Rómulo e Remo precisan unha pequena investigación: O nome de Lupa ou Luperca e o de Larentia a muller do pastor Faústulo, son poucas veces citadas.

IV- O nome dos ríos en latín é masculino e o das cidades feminino. Outra reflexión en paralelo que hai que realizar é o nome e a personalidade masculina do río Tiber, (hai quen afirma que o nome orixinario, máis primitivo do río era Álbula, que parece feminino, investiga porque se lle cambiou o nome). Logo o nome polo que coñece todo o mundo a este río, Tiber, puidera ter algo que ver co propio nome da cidade que nace a súa beira, Roma (os nomes de cidades son normalmente femininos), xa que a palabra etrusca "rumón" significa río.

As colinas de Roma habitadas por distintas tribos de pastores.

V- Rómulo e Remo serán criados como pastores entre colinas naquel espazo onde logo fundarán Roma. Pero que deben realizar antes en Alba Longa? Cal dos dous será o primeiro rei de Roma? O novo rei realiza un ritual, o da Roma Quadrata no Monte Palatino. Será entón cando de novo as mulleres resultan esenciais nesta historia e volve a aflorar a violencia masculina. Roma naceu cun problema de seu, esta nova cidade non terá futuro a non ser que...?  Relata este capítulo con especial atención a dúas mulleres: Tarpeia e Hersila.

O rapto das Sabinas

A morte de Tarpeia

Unha das accións pacifistas protagonizadas por mulleres da Antigüidade, a das Sabinas. 

VI- Como ben sabemos os mitos son en boa medida ficción, non hai máis que ver o protagonismo marcadamente machista destas lendas da fundación. Pero que hai de real no que nos contan. Como foi o nacemento da Roma segundo a historia e a arqueoloxía?
Alba Longa a capital do Lacio vai ser vencida e será Roma a capital deste territorio central de Italia. O terrible asasinato de Camila, que quedará impune, enmárcase nesta parte da historia da monarquía romana.   

Asasinato de Camila no 667 a. C. por parte de Horacio. 

VII- Como xa dixemos a fundación de Roma podemos contala a partir dunha violación, pero tamén hai unha violación nas lendas que narran o último capítulo da monarquía en Roma.   Contan que Roma tivo sete reis homes (procura unha listaxe dos reis de Roma) e que se funda sobre sete colinas, pero será unha muller a que remate coa monarquía romana daquela en mans dunha das súas tribos fundadoras, os etruscos! Como se chama esta muller que pasou e como responderon os romanos ao sucedido? Realata coas túas palabras estes sucesos.
 A violación de Lucrecia por parte do fillo do rei etrusco, Traquinio, o Soberbio.

Levantamento dos romanos contra os etruscos pola morte de Lucrecia que provocará a caída da monarquía romana e o comezo dun novo sistema de goberno para Roma, o da República. 

domingo, 12 de xaneiro de 2025

martes, 7 de xaneiro de 2025

IANUARIUS ET PRIMUS LABOR ANNI

XANEIRO 

PERFECTO

AENEAS

Comezamos forte: tres tarefas:

1º- Investigar sobre Ianuarius, o nome do mes.

2º- Aprender o tempo de perfecto dos verbos en latín 

3º Analizar e traducir un texto que nos quedara pendente o ano pasado.