Folgas na antigua Roma
Dicía Sancho Panza no Quijote que «dos linajes solos hay en el mundo, que son el tener y el no tener». Xa era así en Roma, onde convivían dúas poboacións: os descendentes dos primeiros pioneiros (fundadores da cidade) —os ricos patricios— e os dos que chegaron despois —os plebeos—. A plebe contaba pouco: estaba excluída de todos os cargos políticos e prohibíanlle por lei o matrimonio con patricios. En cambio, si tiña todas as obrigacións da cidadanía.
A loita xa comezou no 494 a.C. Nas guerras cos seus veciños ecuos e volscos, os plebeos perderan os seus campos, arrasados polos inimigos. Moitos se cargaron de débedas para manter as súas familias. Naqueles tempos, quen non pagaba se convertía en escravo do seu acredor. Tito Livio conta que un veterano de longa barba, con cicatrices de combate e desesperación, clamou no foro que, mentres servía no exército, perdeu as súas colleitas e, por non poder cumprir cos intereses da usura, ameazábanlle con levalo ao cárcere.
Como podían reclamar xustiza? Decidiron cruzarse de brazos. Grandes grupos de plebeos acamparon no Monte Sacro, a 5 km. de Roma, e declararon que a partir dese momento non darían nin un braceiro aos campos nin un soldado máis ao exército romano. A urbe paralizouse. O Senado, coa auga ao pescozo, enviou embaixada tras embaixada ao campamento, pero eles responderon que non había elección: ou se cancelaban as débedas, liberando aos escravos por non pagar, e concedíanlles os seus propios maxistrados para defender os seus intereses; ou eles ficarían no Monte Sacro. E o Senado capitulou. Para celebralo construíron o Templo da Concordia.
Tito Livio menciona varias “secesións da plebe” ao longo dos séculos. É posible que algunhas delas non sexan históricas ou que fabulasen os relatos. Pero hai un trasfondo real, que se considera entre os grandes fitos da historia constitucional europea.
Reflexión da escritora aragonesa Irene Vallejo. Sobre as folgas de hoxe e os seus antecedentes romanos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario