martes, 23 de maio de 2017

PUERORUM ROMANORUM VITA



1-More maiorum ancilla infantem patri ostendit. Pater infantem manibus suis suscipit atque ita pro filio illum agnoscit.

2-Puero praenomen, nomen et cognomen imponit pater atque collo infantis auream bullam suspendit.Puer tunicam et togam praetextam induit atque auream bullam portat.

3- Cum paedagogo in ludum cotidie venit. Ibi multum laborat, nam puer impiger est.

4-Cum pueris saepe in palestra pugnat.

5-Cursu cum aequalibus contendit.

6-Equum parvis manibus saepe flectit.

7-Pila in molli gramin ludit.

8- Armis se exercet, nam fortis miles mox erit et pro patria fortiter in acie pugnabit.

9-Puer in larium ara bullam auream, quam in collo semprer habuerat, suspendit; deinde praetextam togam deponit atque togam virilem sumit.

10-Laetus incedit, nam civis romanus iam est.



agnosco, is ,ere, agnovi: recoñecer
ancilla,ae:(f) nodriza
bulla,ae (f): bula, amuleto de ouro dos nenos.
civis,-is(m): cidadán.
cognomen: sobrenome
contendo,is-ere contendi: enfrontarse.
depono, is-ere, deposui: deixar, depositar.
exerceo,is,ere, exercui: exercitar.
flecto,is,ere, flexi: dobregar
fortiter: adv. con valentía.
impiger, -gra, -grum: traballador
incado,is-ere, incessi: marchar, andar
induo, is, ere, indui: vestir
infans-ntis(m) infante, neno
labora,as,are. avi: traballar
ludo,is,ere,lusi:  xogar
maior, -oris: adxec. maior
mos,moris(m) costume
mox: adv. logo
nomen,-inis:(n) nome, nome da familia ou apelido.
ostendo,is,ere, ostendi: mostrar,ensinar.
pater,-tris: (m) pai
porto,as,are, avi: levar
praenome,-inis: nome persoal
pugno,ás-are,-avi: loitar.
toga,ae:(f) toga ( pratetexta: bordada de neno ou viril)
sumo,ie,-ere: sumpsi; asumir
suscipio,is,ere, suscepi: coller
suspendo,is,ere, suspendi: colgar
venio,is,ire, veni: chegar

domingo, 21 de maio de 2017

PRAEPOSITIONES

As preposicións latinas

O complemento circunstancial exprésase en latín cos casos acusativo e ablativo. Unicamente estes dous casos poden ir precedidos de preposición para especificar a circunstancia. Nos textos traballados atoparías estas preposicións:

ad/in + Acusativo: expresa lugar  "a onde"
in + Ablativo: expresa lugar "en onde"
de, ex(e), ab (a) + Ablativo: expresa lugar "de onde"
per + Acusativo: expresa lugar "por onde"
cum + ablativo: expresa compañía ou modo.

SPECTA ET DISCE





Romani bellum contra Poenos ab Italia in Africam transferunt.

E tectis fumus ad caelum ascendit.

Tribunus ex equo descendit et pedibus procedit.

Corvus de villae fenestra caseum rapit.

Galli Magnum sagittarum numerum de muro coniciunt.

Fluvius Rhenus Gallos a Germanis  separat.

Pompeius ab Hispania copias movet.

Iulia a filio longas litteras accipit.


VOCABULA

+ Acusativo
ad: a, cara a
ante: antes, diante de
apud: a carón de, preto de
circa:ao redor de
contra: contra
infra: baixo, debaixo de
inter: entre, perante
ob: a causa de, por
per: por medio de, a través de
post: despois de, tras, detrás de
praeter: agás. ademais de
prope: preto de, case
propter: ao lado de, por causa de
supra: pro riba de, sobre

+ Ablativo
a,ab, abs: de, a partir de
e,ex: de, dende
cum: con
de: de, desde
prae: diante de
 pro: en favor de,  a prol de, diante de
sine: sen

+ Acusativo indicando dirección:
in: cara a
sub: cara abaixo

+ Ablativo indicando lugar onde:
in: en
sub: baixo de , debaixo de.

xoves, 18 de maio de 2017

DECLINATOR PLENUS: QUARTA ET QUINTA DECLINATIONES



QUARTA DECLINATIO

Son os temas ou raíces en -u.  Unha declinación moi semellante á segunda declinación ao presentar dúas columnas en singular (unha para masculinos e femininos e outra para os neutros) e outras dúas en plural.

exercitus, -us (m)
manus,-us (f)

cornu, -us(n): corno / á do exército.
genu.-us(n): xeonllo.












QUINTA DECLINATIO.
Temas ou raíces femininas en -e. Unha declinación defectiva (poucas
palabra se algunhas non presentan todas as formas de plural). Semellante á primeira declinación.

acies-ei (f): formación de batalla.
res- ei (f): asunto, cousa.
 Dies. -ei adoita ser masculino, pero pode ser tamén en feminino unha data fixada como por exemplo:

 Die constituta Caesar milites in aciem eduxit.
       CC             Sux.     OD        CC        Vbo.
No día establecido César conduciu aos soldados cara á formación de batalla.

xoves, 11 de maio de 2017

FORUM ROMAE


Ubi nunc Roma est, quondam silva ingens virebat, atque ubi patet Forum olim palus erat. Nunc multa pulcherrima aedificia Forum Romanum ornant: Curia Hostilia, ubi senatores plerumque sedent et  de re publica deliberant; Concordiae aedes, quo saepe etiam patres conscripti conveniunt; templum Saturni ubi magistratus Aerarium rei publicae custodiunt; Vestae aedes, cuius in ara Virgines Vestales perpetuum ignem alunt; basilicae, ubi tribunalia sunt...



Aerarium,ii: erario (tesouro público)
alo,is-ere: alimentar.
basilica,ae:(f) basilica.
Concordiae aedes (aedes-ium(f): templo, mansión,)
convenio,ís,íre,-veni: reunirse
Curia Hostilia
custodio,-is-ire,-ivi: vixiar, custodiar.
Forum, -i (n): praza pública Foro de César
ignis, -is: lume
ingens,-entis: adxec. inxente, enorme
nunc: adv agora.
orno,as are,-avi: adornar
palus,-udis(f) pantano
pateo,-es,-ere, patui: estenderse; estar aberto
patres conscripti: sinónimo de senadores
plerumque adv: xeralmente
 quo (ablativo de qui, quae, quod: pronome relativo)
quondam: adv. noutro tempo.
res publica, rei publicae (f):  asunto ou cuestión pública ( república)
saepe: adv: con frecuencia.
sedeo,es,-ere, sedi: sentarse.
senator,-oris:(m) senador
silva,ae(f) bosque
templum Saturni:  Templo de saturno ondese custodiaba o erario.
Tribunal, -alis:
ubi: adv. onde
Vestae aedes; Templo de Vesta
vireo, -es.ere: medrar, estar verde.

martes, 9 de maio de 2017

CENA ROMANA

Heri pater meus paucos amicos ad cenam vocavit. Hi, occasu solis, domum venerunt paterque eos statim in triclinium duxit, ubi convivium servi paraverant.

convivium, ii ( n): convite, banquete.
duco, is,ere, duxi: conducir.
eos: a eles de is ea id: este, esta, isto ( adxec e pronome)
heri: adv. onte
Hi: "Estes" de hic, haec,hoc: este , esta , isto (demostrativo)
paro,-as,-are,paravi: preparar( -era-  característica de antepretérito ou pluscuamperfecto)
statim: adv inmediatamente
servus,i (m)
triclinium, ii: (n)
ubi: adv. Onde.
voca,-as,-are,vocavi: convocar, invitar.


 Mensam servus inter lectos posuerat; in ea panis erat, et lac et optimum mel multique alii cibi. Convivae in lectis accubuerunt et multas horas ediderunt et biberunt.

accubo, -as,-are,accubui: estar tumbado.
alius,-a, -um: outro
bibo,is,ere,bibi: beber
cibus, -i (m): alimentos
conviva, ae (m): invitado
edo,is.ere, edidi: comer
lac, lactis(n)
lectus, i (m)
mel, mellis(n)
mensa.ae:(f)
panis, -is (m)
pono,-is-ere, posui: colocar (-era-  característica de antepretérito ou pluscuamperfecto)

 Omnes laeti erant multumque ridentes facetiaque verba facientes convivium in multam noctem produxerunt.

facetiae, arum (f) chistosas,
faciens, facientis: do verbo facer ( participio de presente, declínase pola 3ª e pódese traducir por xerundio)
nox, noctis (f) noite
omnis, -e: todo (adxectivo declínase pola 3ª).
laetus,-a -um: adxectivo pola 2ª e 1ª declinación)
produco, is ere, -duxi: prolongar
ridens, ridentis (participio do verbo rir, pódese traducir por xerundio)





xoves, 4 de maio de 2017

ÁS VOLTAS COA TERCEIRA DECLINACIÓN



DECLINA AS SEGUINTES PALABRAS DA TERCEIRA

Temas en consonante ou imparisílabos:
 Nom.    Xen
Amor, amor-is (m)
aestas, aestat-is (f)
flos, flor-is (f)
Ver, ver-is (n)

Temas en -i ou parisílabos:
hostis, -is (m)
navis, -is (f)

Fíxate nestas palabras:
aedes, -ium (f)
mare,  -is (n)
animal, is(n) parece un tema en consonante, pero é un tema en -i que a perdeu no seu nominativo sing. Cal será o seu xenitivo plural?

OLLO: Temas mixtos da 3ª:
 Substantivos monosílabos tipo ars, artis (arte), urbs, urbis (cidade)  que presentan dúas consoantes diante da terminación do xenitivo -is, ou tamén , nun menor número de palabras con vogal longa ou ditongo tipo: dos, dotis, faux, faucis. Non ten temas neutros. A única diferenza será o seu xenitivo de plural que será -ium (como o dos temas en -i) en lugar de ser- um (como os temas en consoante aos que se parecen máis polo seu nominativo).

arx, arcis (f) cidadela
pons, pontis (m) ponte
urbs, urbis(f) cidade

Fíxate na súa declinación:


Indica cales destas palabras son temas en i, consoante ou mixtos:

pars, partis (f)
arbor, arboris:(f)
sitis,sitis:(f)
imago, imaginis:(f)
nubes, nubis:(f)
piscis, piscis(m)
rete, retis(n)
corpus, corporis(n)
miles, militis (m)
Caesar, Caesaris(m)

TRADUCE AS SEGUINTES ORACIÓNS:

Vox canum noctis tempore resonat.

Hostes scalis vallum ascendent.

Multam panum copiam domina servis dabat.

Nubes montium cacumina saepe occultant.

Milites in hostium oppida magna virtute impetum faciunt.

Omnes naves proram, in anteriore parte, puppemque in posteriore, habent.

Miles romanus homo fortis est.

Pater Claudiae mercator audax erat.

Carpe diem, vita brevis est!

Sub dulci melle impia velena latent.

Sanctum est omne vetus poema.

Virorum prudentium consilia utilia sunt.


REPARA NOS ADXECTIVOS QUE SE DECLINAN POLA TERCEIRA:





martes, 2 de maio de 2017

QUID ITINERA VIS?

Cal vai ser a túa viaxe de aproximación a César?

VIR aut MULIER? A viaxe precisa de dous personaxes inventados ou creados por ti. Podes ser home ou muller, isto condiciona a túa viaxe que deberá pasar polas seguintes etapas e que deben ser narradas no teu diario ou carta (con data romana incluída) que podes dirixir a esa parella que vas atopar polo camiño (VIR aut MULIER). Debes incoporar tamén como personaxe complementario un personaxe ou unha personaxe (VIR aut MULIER) que pertenza a unha clase distinta a túa (dominus aut domina/ servus aut serva).


A túa viaxe, uha vez elixidos os personaxes deberá pasar 12 etapas ou apartados (non ten por qué seguir esta orde, de feito ímola sortear nalgún caso para evitar plaxios) que son as seguintes:

I-GALLAECIA : Serás castrexo ou conquistador na Gallaecia?

II--HISPANIA ROMANA: O proceso da Romanización da Hispania, anterior e distinto da Gallaecia. Vivirás nunha vila ou nun campamento?

III-DOMI MILITIAEQUE:  Serás un personaxe na casa outro na guerra? Explica cal é a túa situación.

IV-DOMINI/ SERVI :  Podes ser un personaxe dominus/ domina- outro: servus/serva. Detállanos como vives, un día calquera da túa existencia.

V-DUX ET MILITES: Es un mando do exército/ un soldado? Cal é a túa relación co exército romano, esa columna vertebral do imperio que se está forxando?

VI- ROMA SPQR: SENATUS / POPULUSQUE /RES PUBLICA et  PATRICII/ PLEBEII ( patricio/ plebeo?) É o mesmo ser patricio que plebeo? Explícate como participas das decisións importantes da sociedade romana.

VII-CURSUS HONORUM:  Nobilitas (Optimates/ Populares) ( do partido dos optimates / do partido do pobo). Toma partido con quen estás?

VIII-LUDI: Asistirás a varias celebracións públicas: Que quere dicir "panem et circenses" (asistir a espectáculos e a espazos habituais para os romanos: templo, foro, termas…

IX- CENA; Cal é a túa experencia nunha cea romana: vestidos e alimentación?

X-CAESAR: establece unha estratexia para achegarte o máximo posible a César:  Se es home- Amici et Inimici Caesaris. Como coñecerás a Marco Antonio, a Calpurnia, a Cleopatra…a Brutus aut Cicerón? Non esquezas que existe tamén moita información sobre …As mulleres e César)


XI- Idus de marzo do 44 a. C. Onde estabas? Que pasou?  A quen llo contas?


XII- Por que morreu César? Este é un dos obxectivos da viaxe achegarse a Roma do ano 44 a.C. para comprender por que morreu Caesar. Argumentar as causas complexas desta morte con rigor histórico é fundamental, porque toda a viaxe realizada tentamos que sexa verosimil, para poder concluír a mesma coa verdade sobre esta morte.


CRONOLOXÍA DE CAIUS IULIUS CAESAR:

•             13 de xullo (quintilis) 100 a. C. – Nace en Roma, era sobriño de Mario.
•             86 a.C. –  Elixido Flamen Dialis ( sacerdote maior de Xúpiter  Optimus Máximus)
•             85 a.C. –Morre seu pai Caius Iulius Caesar Senior.
•             83 a. C.  –Matrimonio con Cornelia, filla de Cinna.
•             82 a. C. – Nce a súa filla Iulia. Sila condénao a morte, perdónao, despóxao como sacerdote e expúlsao de Roma. Escapa das persecuciones de Sila
•             81/79 a. C. – Servicio militar en Asia e Cilicia.
                 81 a.C. – No asedio de Mitilene gaña a coroa cívica.
                80 a.C. – Viaxe a Bitinia.
•             78 a.C. Morre o Ditador Sila. César Regresa a Roma, ocupando un escaño no Senado.
•             75 a.C. Apresado polos  piratas gregos en Farmacusa, liberado por 50 talentos, cos seus medios alista unha pequena flota e extermina aos piratas.
•             74 a.C. – Oficial iunior contra Mitrídates.
•             73 a.C. – Elixido do colexio dos pontífices.
•             72-71 a. C. – Elixido Tribuno militar
•             Años 70 a. C. – Carreira de avogado ( 77 a.C.: procesos de Dolabela e Antonio Híbrida)
•             69 a. C. – Cuestor en Hispania Ulterior. Ao seu regreso morre Iulia, as súa tía e a súa esposa Cornelia e celebra Funerais públicos na súa honra.


•           68 a.C. – Casa con Pompeia, neta de Sila.
•             67-68 a. C. –Defensa das leis Gabina e Manlia
•             65 a. C. – Edil Curul.
•             63 a. C. – Electo Pontifex maximus e pretor urbano; conspiración de Catilina. Enfróntase ao Senado e nace Octavio, sobriño da súa irmá Iulia e o seu futuro herdeiro.
•             62 a.C. –Elixido Praetor Urbano de Roma. Escándalo da Deusa Bona. César divórciase de Pompeia.
•             61 a.C. Propretor en Hispania. Campaña polo que hoxe é Galicia. César consegue un triunfo que o Senado se nega a concederllo.
•            60 a.C. – Triunvirato entre Pompeio , Craso e César. Casa a súa filla Iulia con Pompeio e   
  el mesmo casa con Calpurnia, filla de Lucio Pisón.
•             59 a. C. – Cónsul por primeira vez, lesi iulias contra abusos da oligarquía senatorial.
•             58 a. C. – Procónsul nas Galias: comienza la campaña en las Galias derrotando aos Helvecios e aos xermanos de Ariovisto.
•             57 a.C. Expedición contra os Belgas.
•             56 a.C. Expedición contra os Vénetos e invasión de Britania.
•             55 a. C. Cruza o Rin e combate aos Xermanos no seu territorio.
•             54 a. C. – Morte da súa filla Iulia. Segunda invasión da Illa Británia
•             53 a. C. – Morte de Craso: fin do Triunvirato.
•             52 a. C. – Batalla de Alesia contra Vercingetorix.
•             51 a.C. Fin das Guerras das Galias, cuxos comentarios se publican en Roma.
•             50 a.C.Pompeio á cabeza do Senado pretende destituír a César.
•             49 a. C. – Atravesa o Rubicón, comenza a guerra civil, conquistando Italia sen derramar sangue. Pompeio foxe a Grecia.  Campaña en Hispania contra os partidarios de Pompeio. De volta en Roma, proclamado. Ditador por primeira vez. Logo será consúl por segunda vez.
•             48 a. C. – Derrota a Pompeio en Grecia en Farsalia. Convértese en dictador romano por segunda vez.  Pompeio foxe a Exipto, onde foi asesinado. Césra chega a Exipto e coñece a Cleopatra desterrada polo seu irmán Ptolomeo.
•             47 a. C. – Campaña en Exipto, a favor de Cleopatra:  VENI, VIDI , VINCI: Cheguei , vin  e vencín.
•             46 a. C. Conquistas no norte de África. Derrota aos pompeianos  ( morte de Catón) regresa a Roma con grandes triunfos. Nomeado Ditador por terceira vez.
•             45 a. C.
•             1 de xaneiro: César é nomeado Ditador por cuarta vez
•             17 de marzo: En Munda  César derrota aos pompeianos de Hispania, comandados por Tito Atio Labieno e os fillos de Pompeio, Cneo e Sexto.
•             44 a. C.
•             1 de xaneiro: César  nomeado Ditador vitalicio, poder similar ao dun emperador
•             Febreiro, rexeita unha coroa ofrecida por Marco Antonio
•             15 de marzo, asesinado polos senadores ultraconservadores na Curia de Pompeio. No seu testamento aberto o 16 de marzo proclama herdeiro a Caio Octavio, o sue sobriño –neto. Comezan as vinganzas contra os asesinos nunha guerra civil.

42 a.C. Derrota dos asesinos de César a mans de Octavio e marco Antonio , institúese o culto a Divus Iulius e o mes de Quintilis pasa a ser Iulius na súa honra.

Para darlle color e sabor: 
Frases famosas de César