martes, 2 de maio de 2017

QUID ITINERA VIS?

Cal vai ser a túa viaxe de aproximación a César?

VIR aut MULIER? A viaxe precisa de dous personaxes inventados ou creados por ti. Podes ser home ou muller, isto condiciona a túa viaxe que deberá pasar polas seguintes etapas e que deben ser narradas no teu diario ou carta (con data romana incluída) que podes dirixir a esa parella que vas atopar polo camiño (VIR aut MULIER). Debes incoporar tamén como personaxe complementario un personaxe ou unha personaxe (VIR aut MULIER) que pertenza a unha clase distinta a túa (dominus aut domina/ servus aut serva).


A túa viaxe, uha vez elixidos os personaxes deberá pasar 12 etapas ou apartados (non ten por qué seguir esta orde, de feito ímola sortear nalgún caso para evitar plaxios) que son as seguintes:

I-GALLAECIA : Serás castrexo ou conquistador na Gallaecia?

II--HISPANIA ROMANA: O proceso da Romanización da Hispania, anterior e distinto da Gallaecia. Vivirás nunha vila ou nun campamento?

III-DOMI MILITIAEQUE:  Serás un personaxe na casa outro na guerra? Explica cal é a túa situación.

IV-DOMINI/ SERVI :  Podes ser un personaxe dominus/ domina- outro: servus/serva. Detállanos como vives, un día calquera da túa existencia.

V-DUX ET MILITES: Es un mando do exército/ un soldado? Cal é a túa relación co exército romano, esa columna vertebral do imperio que se está forxando?

VI- ROMA SPQR: SENATUS / POPULUSQUE /RES PUBLICA et  PATRICII/ PLEBEII ( patricio/ plebeo?) É o mesmo ser patricio que plebeo? Explícate como participas das decisións importantes da sociedade romana.

VII-CURSUS HONORUM:  Nobilitas (Optimates/ Populares) ( do partido dos optimates / do partido do pobo). Toma partido con quen estás?

VIII-LUDI: Asistirás a varias celebracións públicas: Que quere dicir "panem et circenses" (asistir a espectáculos e a espazos habituais para os romanos: templo, foro, termas…

IX- CENA; Cal é a túa experencia nunha cea romana: vestidos e alimentación?

X-CAESAR: establece unha estratexia para achegarte o máximo posible a César:  Se es home- Amici et Inimici Caesaris. Como coñecerás a Marco Antonio, a Calpurnia, a Cleopatra…a Brutus aut Cicerón? Non esquezas que existe tamén moita información sobre …As mulleres e César)


XI- Idus de marzo do 44 a. C. Onde estabas? Que pasou?  A quen llo contas?


XII- Por que morreu César? Este é un dos obxectivos da viaxe achegarse a Roma do ano 44 a.C. para comprender por que morreu Caesar. Argumentar as causas complexas desta morte con rigor histórico é fundamental, porque toda a viaxe realizada tentamos que sexa verosimil, para poder concluír a mesma coa verdade sobre esta morte.


CRONOLOXÍA DE CAIUS IULIUS CAESAR:

•             13 de xullo (quintilis) 100 a. C. – Nace en Roma, era sobriño de Mario.
•             86 a.C. –  Elixido Flamen Dialis ( sacerdote maior de Xúpiter  Optimus Máximus)
•             85 a.C. –Morre seu pai Caius Iulius Caesar Senior.
•             83 a. C.  –Matrimonio con Cornelia, filla de Cinna.
•             82 a. C. – Nce a súa filla Iulia. Sila condénao a morte, perdónao, despóxao como sacerdote e expúlsao de Roma. Escapa das persecuciones de Sila
•             81/79 a. C. – Servicio militar en Asia e Cilicia.
                 81 a.C. – No asedio de Mitilene gaña a coroa cívica.
                80 a.C. – Viaxe a Bitinia.
•             78 a.C. Morre o Ditador Sila. César Regresa a Roma, ocupando un escaño no Senado.
•             75 a.C. Apresado polos  piratas gregos en Farmacusa, liberado por 50 talentos, cos seus medios alista unha pequena flota e extermina aos piratas.
•             74 a.C. – Oficial iunior contra Mitrídates.
•             73 a.C. – Elixido do colexio dos pontífices.
•             72-71 a. C. – Elixido Tribuno militar
•             Años 70 a. C. – Carreira de avogado ( 77 a.C.: procesos de Dolabela e Antonio Híbrida)
•             69 a. C. – Cuestor en Hispania Ulterior. Ao seu regreso morre Iulia, as súa tía e a súa esposa Cornelia e celebra Funerais públicos na súa honra.


•           68 a.C. – Casa con Pompeia, neta de Sila.
•             67-68 a. C. –Defensa das leis Gabina e Manlia
•             65 a. C. – Edil Curul.
•             63 a. C. – Electo Pontifex maximus e pretor urbano; conspiración de Catilina. Enfróntase ao Senado e nace Octavio, sobriño da súa irmá Iulia e o seu futuro herdeiro.
•             62 a.C. –Elixido Praetor Urbano de Roma. Escándalo da Deusa Bona. César divórciase de Pompeia.
•             61 a.C. Propretor en Hispania. Campaña polo que hoxe é Galicia. César consegue un triunfo que o Senado se nega a concederllo.
•            60 a.C. – Triunvirato entre Pompeio , Craso e César. Casa a súa filla Iulia con Pompeio e   
  el mesmo casa con Calpurnia, filla de Lucio Pisón.
•             59 a. C. – Cónsul por primeira vez, lesi iulias contra abusos da oligarquía senatorial.
•             58 a. C. – Procónsul nas Galias: comienza la campaña en las Galias derrotando aos Helvecios e aos xermanos de Ariovisto.
•             57 a.C. Expedición contra os Belgas.
•             56 a.C. Expedición contra os Vénetos e invasión de Britania.
•             55 a. C. Cruza o Rin e combate aos Xermanos no seu territorio.
•             54 a. C. – Morte da súa filla Iulia. Segunda invasión da Illa Británia
•             53 a. C. – Morte de Craso: fin do Triunvirato.
•             52 a. C. – Batalla de Alesia contra Vercingetorix.
•             51 a.C. Fin das Guerras das Galias, cuxos comentarios se publican en Roma.
•             50 a.C.Pompeio á cabeza do Senado pretende destituír a César.
•             49 a. C. – Atravesa o Rubicón, comenza a guerra civil, conquistando Italia sen derramar sangue. Pompeio foxe a Grecia.  Campaña en Hispania contra os partidarios de Pompeio. De volta en Roma, proclamado. Ditador por primeira vez. Logo será consúl por segunda vez.
•             48 a. C. – Derrota a Pompeio en Grecia en Farsalia. Convértese en dictador romano por segunda vez.  Pompeio foxe a Exipto, onde foi asesinado. Césra chega a Exipto e coñece a Cleopatra desterrada polo seu irmán Ptolomeo.
•             47 a. C. – Campaña en Exipto, a favor de Cleopatra:  VENI, VIDI , VINCI: Cheguei , vin  e vencín.
•             46 a. C. Conquistas no norte de África. Derrota aos pompeianos  ( morte de Catón) regresa a Roma con grandes triunfos. Nomeado Ditador por terceira vez.
•             45 a. C.
•             1 de xaneiro: César é nomeado Ditador por cuarta vez
•             17 de marzo: En Munda  César derrota aos pompeianos de Hispania, comandados por Tito Atio Labieno e os fillos de Pompeio, Cneo e Sexto.
•             44 a. C.
•             1 de xaneiro: César  nomeado Ditador vitalicio, poder similar ao dun emperador
•             Febreiro, rexeita unha coroa ofrecida por Marco Antonio
•             15 de marzo, asesinado polos senadores ultraconservadores na Curia de Pompeio. No seu testamento aberto o 16 de marzo proclama herdeiro a Caio Octavio, o sue sobriño –neto. Comezan as vinganzas contra os asesinos nunha guerra civil.

42 a.C. Derrota dos asesinos de César a mans de Octavio e marco Antonio , institúese o culto a Divus Iulius e o mes de Quintilis pasa a ser Iulius na súa honra.

Para darlle color e sabor: 
Frases famosas de César


Ningún comentario:

Publicar un comentario