Roma, tras estas guerras, atopouse en poucos anos con moita riqueza, pero, en vez de distribuíla, esa riqueza foi parar ás clases privilexiadas, terras e escravos para os terratenentes (agrupados no partido da nobilitas )o que provocou a ruína dos pequenos agricultores de toda Italia que se procuraron a vida na capital colapsada por indixentes.
Os tribuni da plebe e outros sectores progresistas (o partido do pobo)
comezaron entón a reclamar o reparto de terras equitativo. Os seus contrarios
poderosos puxéronse en acción matando primeiro a Tiberio Graco no ano 133 a.C.
e dez anos máis tarde a Caio Graco, seu irmán, que tamén intentaba poñer en
marcha leis de reparto máis xusto.
Comeza
así a Crise da República, caracterizada entre outras cousas pola ambición de
poder e os asasinatos políticos.
Despois
da Segunda Guerra Púnica que remata no 202 a. C. na batalla de Zama, morre
Anibal. O xeneral vencedor, Publio Cornelio Escipión, que o venceu sería
chamado dende aquela “o africano”. Logo viría unha Terceira guerra (149-146
a.C.) na que outro dos Escipións, Escipión Emiliano arrasaría a cidade de
Cartago.
Estas guerras puxeron de manifesto a contradición entre a nova política
exterior romana de carácter imperialista ou de conquista e a orixe campesiña do
groso do exército de Roma. Os pequenos propietarios de Italia mobilizados
durante anos contra Anibal (218-202 a.C.) abandonaron as súas terras ou
malvendéronas aos terratenentes. O problema agravouse porque pola competencia dos
produtos importados máis baratos, grazas a man de obra escrava que as
conquistas proporcionaran, provocou a forzosa emigración dos pequenos
campesiños cara Roma onde ía facéndose máis e máis numerosa unha plebe
empobrecida que subsistía coas reparticións gratuítas de cereais e os subornos
e compra dos seus votos nas asembleas.
Os efectos que vai provocar na sociedade romana son:
- A violencia e os asasinatos políticos como principal solución dos
conflitos.
-Paso da loita política e o debate á ambición persoal de poder (autocracia
militar) na que importan pouco as ideas, pero si a militarización da sociedade.
-Profesionalización do exército que fará posible a creación de exércitos
privados que seguen a un xeneral baixo a promesa de pagas e beneficiosas.
-Guerra civil enfrontamento de distintos exércitos de romanos contra
romanos.
-Revoltas de aliados e de escravos. O caso máis coñecido e máis grave para
Roma foi o de Espartaco.
A época dos Gracos (133-122 a. C.)
Reivindicacións agrarias
A
crise da República romana veu condicionada polo imperialismo de Roma e os seus
primeiros síntomas, a mediados del século II a.C. entre os anos 133 a.C.
(tribunado de Tiberio Graco) e 27 a.C. (instauración do réxime imperial).
O exército romano estaba integrado por cidadáns propietarios, pero as
necesidades militares eran cada vez maiores e o malestar social na plebe urbana
polo desemprego e a suba de prezos provocou a división do grupo senatorial en
varios grupos o facciones, que intentaban lograr as súas metas políticas
manipulando as asembleas populares e utilizando aos tribunos da plebe.
Tribunado de Tiberio Graco (133 a.C.)
Tiberio Sempronio Graco no 133 a.C. propuxo unha lei agraria (Lex Sempronia
agraria) que prohibía posuír máis de 500 iugera (125 ha.) de ager publicus +
250 iugera por fillo (ata un máximo de 1000). A terra que debía ser devolta ao
estado romano sería parcelada en fincas de 30 iugera (7,5 ha.) e asignadas a
cidadáns pobres.
Esta lei agraria de Tiberio Graco prexudicaba aos grandes latifundistas da
clase senatorial romana e beneficiaba á plebe, nese sentido era revolucionaria.
Tras da morte de Tiberio Graco as distintas faccións da nobreza senatorial
romana aliñáronse en dous partidos contrapostos aínda que ambos tiñan patricios
e plebeos nas súas filas:
- Populares: partido dos Graco, intentaba favorecer á plebe e recortar os
privilexios do Senado e dos terratenentes.
-Optimates: opositores dos populares tendencia predominante no Senado,
defensores dos privilexios dos senadores contrarios ao reparto de terras
públicas e restinxir os poderes das asembleas onde tiña maioría a plebe.
O Senado obstaculizou a aplicación da lei e Tiberio Graco será asasinato
polos seus inimigos optimates (Cicerón culpaba do asasinato aos Escipións (132
a.C.)
Tribunado de Caio Graco (123-122 a.C.)
Foi
elixido tribuno no ano 123 a.C. Continuou coa política do seu irmán Tiberio (en
contra dos abusos da nobreza senatorial terratenente), pero no 121 Caio Graco
non foi elixido e quitouse a vida. Tras da súa morte a oligarquía urbana
intentou acabar coa reforma agraria.
Con este xeneral de orixe humilde, vencedor en varias guerras de conquista,
foi elixido cónsul no 107 a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións.
Emprendeu unha reforma militar consistente na profesionalización do exército,
solucionando por unha banda o problema de empobrecemento dos pequenos
campesiños e abrindo , por outra, a porta a que un xeneral, baixo a promesas de
pagas e prebendas ao licenciarse, procurase a fidelidade dos seus soldados e
que se utilizasen os exércitos con intereses particulares ditados pola ambición
de poder.
Época de Sila (88-79 a.C.) Revoltas de aliados e a guerra civil.
O descontento dos aliados itálicos ante a negativa de Roma de concederlles
a cidadanía romana. Estas comunidades organizaron un estado paralelo ao romano.
O estado romano acabou cedendo ás peticións dos aliados. A cifra global de
cidadáns achegouse ao millón.
Lucio Cornelio Sila era un optimate descendente dunha familia patricia
arruinada. Pero conseguira solucionar o conflito cos aliados e foi elixido
cónsul polos conservadores. Mario organiza unha revolta e acaba expulsando a
Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor ocupando militarmente Roma por vez
primeira. Nestes momentos, Roma tiña problemas con Mitrídates VI rei do Ponto
quen se apoderara da provincia de Asia e parte de Grecia. Sila foi o encargado
de solucionar a guerra contra este rei, momento no que Mario volve a ocupar o
poder. Á volta de Sila á cidade provoca unha guerra civil (84 a.C) cos
partidarios de Mario, aos que elimina un a un, nomeándoselle logo ditator (con
todos os poderes concentrados nunha persoa durante tres anos). Sila contaba cun
exército leal ao que recompensara cos recursos obtidos de Oriente. Estableceu
que as proposicións de lei dos tribunos da plebe debían ser aprobadas polo
Senado antes de proceder á súa votación na asemblea do pobo.
- A rebelión de escravos de Espartaco 73 a.C.
Xa houbera varias revoltas no sur de Italia onde había maior concentración
de escravos, pero un escravo tracio chamado Espartaco provocará o terror en
Roma ao derrotar a varios exércitos. Despois dun tempo de incertidume, unha
acción conxunta de Craso e de Pompeio rematará coa súa intención de abandonar
Italia. Miles de escravos serán crucificados.
- A Conxuración de Catilina 63 a.C. contra Cicerón.
Un intento de golpe de estado por parte deste líder ambicioso dos populares
chamado Catilina que estivo a punto de aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos
optimates, que descubrirá a conspiración no propio Senado pronunciando un
famoso discurso “as Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha
situación caótica.
- O primeiro TRIUNVIRATO 60 a.C. e morte de César
Tres homes (trium - viri) importantes personaxes van pactar en segredo
repartirse o poder en Roma. Eran Craso(o home máis rico de Roma grazas aos
negocios do comercio consecuencia das conquistas e vencedor de Espartaco),
Pompeio (o delfín dos optimates con gran poder no exército) e César (sobriño de
Mario, o único que escapara sendo un neno da persecución de Sila e que tras
unha campaña na Gallaecia era líder dos populares).
Tras casar a súa filla, Iulia, con Pompeio, César logra o mando dunhas
lexións para iniciar unha empresa cunha tripla finalidade (sona en Roma,
diñeiro e un exército fiel).
Nace así a denominada Guerra das Galias (foi un escrito de César, unha
crónica que vai editando por entregas en Roma mentres el está fóra durante os 8
anos que durou guerra de conquista do territorio celta, aproveitando as
desputas internas e os conflitos cos xermanos). Pero en Roma, primeiro morreu
Craso e logo a propia filla de César. Entre os senadores romanos foron medrando
os temores a un novo Mario e deciden nomear cónsul único a Pompeio no ano 52.
Este ordena que César, rematada a conquista volva a Roma, licenciando aos seus
exércitos. Pero César decide cruzar o Rubicón, río do Norte de Italia como xefe
das súas tropas pronunciando a frase “alea, iacta est” (a sorte está botada),
co que declaraba a guerra ao Senado e a Pompeio. De novo unha guerra civil na
que vencería César no ano 48 a.C.
César
aproveitou a situación inestable de Exipto para axudar a Cleopatra (coa que
chega a ter un fillo, Cesarión).
No
ano 44 a.C. no Idus de marzo, como xa comentamos César será asasinado no
Senado, abríndose un novo período de guerra civil entre os seus partidarios
Marco Antonio á cabeza e os seus asasinos Bruto e Casio, entre eles.
Aniquilados
os asasinos de César, Marco Antonio, Lépido (outro dos xenerais de confianza de
César) e Octavio Augusto (sobriño de César) conforman un novo triunvirato para
gobernar, pero axiña rachará o acordo e tras da morte de Lépido, Octavio e
Marco Antonio,o novo amante de Cleopatra, emprenden unha guerra civil que
rematará co triunfo do que será o primeiro emperador de Roma: Octavio, que
gobernará co nome de Augusto (27 a.C.)
Para ver unha biografía de Caius Iulius Caesar I , 2ª parte, 3ª parte, 4ª parte, 5ª parte e 6ª parte.
Para ver unha biografía de Caius Iulius Caesar I , 2ª parte, 3ª parte, 4ª parte, 5ª parte e 6ª parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario