xoves, 15 de decembro de 2016

NATUM VIDETE!

Fixádevos na letra deste texto tan coñecido que está en latín:

1- Adeste fideles! é un vello vilancico no que podemos observar como funciona o imperativo en latín. Identificade as formas verbais de imperativo no texto:




Adeste fideles
Adeste fideles laeti triumphantes
Venite, venite in Bethlehem
Natum videte, Regem angelorum
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Cantet nunc io Chorus angelorum,
Cantet nunc aula caelestium
Gloria, gloria in excelsis Deo
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Aeterni Parentis splendorem aeternum,
Velatum sub carne videbimus:
Deum Infantem, pannis involutum
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Ergo qui natus die hodierna
Jesu, tibi sit gloria
Patris aeterni Verbum caro factum
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Deum de Deo, Lumen de Lumine,
Gestant puellae viscera,
Deum verum, Genitum non factum.
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

En grege relicto, humiles ad cunas,
Vocati pastores adproperant:
Et nos ovanti gradu festinemus.
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Stella duce magi, Christum adorantes,
Aurum, tus, et myrrham dant munera.
Iesu infanti Corda praebeamus;
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Pro nobis egenum, et foeno cubantem,
Piis foveamus amplexibus:
Sic nos amantem quis non redamaret?
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Probemos agora nós mesmos a cantalo:


















Probemos a traducilo ao galego. 

2- Como celebraban os romanos o Solsticio de inverno? Podes sabelo procurando información sobre as Saturnalia e a celebración do Sol Invictus.




xoves, 1 de decembro de 2016

ADIECTIVUS (I)

ADIECTIVUS
 Os adxectivos concordan en xénero e número  cos substantivos que acompañan, igual que en galego ou castelán, pero en latín tamén concordan en caso.

      puer altus,        puella alta,         templum  altum
     Masculino        Feminino                    Neutro
      Singular           Singular                     Singular
     Nominativo      Nominativo               Nominativo.

Observa os seguintes cadros para ver como se declinan estes dous adxectivos que sirven como modelos:
 - BONUS, -A, -UM: bo/a/bon

- PULCHER, -A, -UM: fermoso/a.


QUAESTIONES:

1- Analiza estas palabras e une as que teñan o mesmo caso:
ADXECTIVOS         SUBSTANTIVOS
altam                  amicos  
pulchro               domum (nome feminino en acusativo da 2ª declinación)
magnorum          puellas
bonis                  mater (nome feminino en nominativo da 3ª)
proba                  campo
parvi                   pueri
fessos                 servorum
laetas                  epistulis
doctus                 historiae
antiquae              magister

2- Completa coas desinencias precisas e logo traduce:
- Domina roman_  servam bon__ amabat.
- Rosae alb__ in horto pulchr_   erant.
- Agricola mal__  columbam alb__ vulnerabat.
- Aquila nigr__   agnum alb___ videbat.
- Puellae laet___ chartas long__  poetis magn__ scribunt.
- Magister doct__  discilupos parv__  laudat.
- Magistri bon__   fabulam  magn___  discipulis impigr__ narrabant.
- Nautae roman__  in terram nov___   veniunt.
- Vita domini et dominae laet___ est, sed vita servorum saev__  est.
- Lupi magn__ agnos innoxi__  devorabant.

3- IN LINGUAM LATINAM:
- A  moza é fermosa e as pombas eran negras.
- Os labregos aman a terra e viven unha vida alegre.
- O poeta alababa a vida rústica.
- As mestras boas non alababan á nena preguiceira (piger,gra, grum)
- Os alumnos malos non escribían as grandes fábulas.
- O poeta escribe unha carta longa á filla de Quinto.
- Despois de terribles tormentas os mariñeiros cansos chegaban a unha terra nova.
- A filla pequena e o fillo grande de Paulo dormen.

VOCABULA: 
agnus-i  (m): año
agricola,-ae(m): labrego
albus,-a,-um: branco.
altus,-a,-um: alto.
alumnus,-i (m): alumno.
amicus, -i (m):
amo,-as,-are: amar.
aquila,-ae (f): aguia.
bonus,-a, -um:
campus,-i(m): campo.
charta,-ae (f): carta.
columba, -ae (f): pomba.
devoro,-as,-are: devorar.
discipulus,- i (m): alumno.
doctus,-a,-um: listo
domina,-ae(f): señora
dominus,-i (m): señor
domus,-i (f): casa
dormio,-is,-ire: durmir.
epistola,-ae (f): carta.
fabula,-ae(f): fábula, conto.
fessus,-a,-um: canso.
filia,-ae(f): filla
filius,-ii(m): fillo
historia,-ae(f): historia.
hortus,-i (m):  xardín.
impiger, -gra,-grum: aplicado, activo. dilixente.
innoxius,-a,-um: inofensivo, débil.
laudo,-as,-are: louvar, alabar.
laetus-a-um: alegre,ledo.
longus,-a,-um: longo.
lupus, -i(m): lobo.
magister,-tri (m): mestre.
magistra,-ae (f): mestra.
magnus,-a,-um: grande.
mater, -tris (f): nai.
malus,-a,-um: malo.
narro,-as,-are: narrar.
nauta,-ae(m): mariñeiro.
niger, -gra,-grum: negro.
novus,-a,-um: novo.
parvus,-a,-um; pequeno
Paulus,-i(m): Paulo.
piger, -gra,-grum: preguiceiro.
poeta,-ae(m): poeta
post: adv. despois de
probus,-a,-um: excelente, honrado
procella,-ae(f): tormenta, trebón.
pulcher,-chra,-chrum: fermoso.
puer,-i(m): mozo, neno.
Quintus, -i (m): Quinto.
rosa,-ae (f): rosa.
romanus,-a,-um: romano.
rusticus, -a, -um: rural, rústico.
saevus,-a,-um: cruel, terrible.
serva,-ae (f): escrava.
servus, -i (m): escravo.
scribo, -is,-ere: escribir
terra,-ae(f): terra.
venio,-is-ire: chegar.
video, -es, -ere: ver.
vita,-ae (f): vida.
vulnero, -as,-are: ferir.

xoves, 24 de novembro de 2016

As mulleres no nacemento ou fundación de Roma

NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Aínda que pareza unha broma, non o é. Este é o título que lle imos dar a este primeiro proxecto en grupo para traballar de xeito ben diferente ao tradicional a Fundación da Roma  Quadrata: teremos moi en conta o punto de vista feminino neste conxunto de relatos que, como en tantas outras ocasións, esquece ás mulleres. Propoñemos que en grupos realicedes un power point para expoñer unha investigación sobre o seguinte tema: AS MULLERES NO NACEMENTO DE ROMA. Como llo contaríamos dun xeito orixinal aos compañeiros e compañeiras de Cultura Clásica? Primeiro temos que investigar para saber, logo estruturar o traballo e procurar unha boa presentación finalmente.

INVESTIGATIO

I- O punto de partida serán as tres mulleres de Eneas e os manexos da deusa Venus: Creúsa, Dido e Lavinia.

II- A nai de Rómulo e Remo, Rea Silvia merece tamén unha interesante e contundente reflexión.

III- Logo virá a cuestión da famosa loba, que hai quen di que era realmente unha muller denominada "lupa", si, unha prostituta. As nais adoptivas de Rómulo e Remo precisan unha pequena investigación: o nome de Lupa, Luperca ou o de Larentia a muller de Faústulo, que poucas veces é citada.

Representación do Río Tiber
IV- Outra reflexión en paralelo que hai que realizar é o nome e a personalidade masculina do río Tiber, (hai quen afirma que o nome orixinario, máis primitivo do río era Álbula, que parece feminino, investiga porque se lle cambiou o nome). Logo o nome polo que coñece todo o mundo a este río, Tiber, puidera ter algo que ver co propio nome da cidade que nace a súa beira, Roma (os nomes de cidades son normalmente femininos), xa que a palabra etrusca "rumón" significa río.

V- O capítulo máis violento despois, iso si, de decidirse quen era o rei (do que están ausentes as mulleres), se Rómulo ou Remo, e despois do ritual da Roma Quadrata do monte Palatino. Trátase do rapto das Sabinas, un dos primeiros actos que Rómulo realiza como rei no que non debemos esquecer a famosa e terrible anécdota de Tarpeia.

VI- Como ben sabemos os mitos son en boa medida ficción, non hai máis que ver o protagonismo marcadamente machista destas lendas da fundación. Pero que hai de real no que nos contan. como foi o nacemento de Roma segundo a historia e a arqueoloxía?

VII- Contan que Roma tivo sete reis e que se funda sobre sete colinas, pero será unha muller a que remate coa monarquía romana!


O traballo terá como finalidade primeira coñecer de xeito crítico os mitos e lendas que rodean a Fundación de Roma, poñendo, claro está,  o acento na visión da muller que traslocen. Deberá ser exposto na aula, tras unha revisión de contidos e posta a punto por parte do profesor. A creatividade, o aporte de ilustracións pertinentes e, sobre todo, a agudeza na investigación e análise dos distintos apartados serán fundamentais para avaliar o mesmo. 

Nota: Non esquecer incluír a bibliografía consultada.

martes, 22 de novembro de 2016

AENEAS

Est prisca fabula de Italia antiqua: Post Troiae ruinam, Aeneas ab oris Troiae navigat. Saturnia autem dea non Troiae incolas amat. Itaque Aeneas diu per undas errabat. Denique Africae appropinquat. Ibi praeclara regina nautarum adversam fortunam dolet, nautam bene amat. Mox tamen troianae carinae undas rursus secant et ad Italiam navigant. Tandem terra bona et pulchra fessis nautis apparet. Post saevas procellas, nautae et feminae novam patriam videbant. Aeneas subito exclamat: Quid exspectamus? Gratias Fortunae secundae agere debemus. Novam terram patriam vocabimus et sanctam habebimus. Italia nostra erit.

VOCABULA:
a,ab: prep. de, desde.
adversus,a um: contraria.
Aeneas,-ae: Eneas.
Africa,ae:
appareo,-es-ere: aparece.
appropinquo,-as-are: achegarse a (dat.)
autem: conx. por outro lado.
bene: adv. ben, moito.
carina,ae: naves
dea,ae: deusa.
denique: adv. finalmente
diu: adv. perante moito tempo.
doleo,-es-ere: compadecerse
erro,-as-are: andar errante.
exclamo, -as-are: exclama.
exspecto-as-are: esperar.
fessus,-a-um: canso.
 "gratias agere": dar grazas.
habeo,-es-ere: ter
ibi: adv. alí.
incola, -ae: habitante
Italia,-ae: Italia
itaque: adv. Así pois
mox: adv. logo
nauta,ae: navegante.
navigo-as-are: navegar.
noster,-tra,-trum: noso.
ora,ae: ribeira.
patria-ae: patria
praeclarus,-a-um: ilustre
priscus,-a-um: primitiva.
procella,ae: temporal
pulcher, chra,-chrum:fermoso
regina,ae: raíña.
rursus: adv. de novo.
saevus-a-um: terrible.
sanctus-a-um: inviolable.
Saturnia: Xuno, filla de Saturno (Cronos)
seco,-as,-are: cortar.
secundus-a-um: favorable.
subito:adv. de súpeto
tandem:adv. finalmente.
Troia,-ae: Troia.
unda,ae: mar
video,-es-ere: ver.
voco,-as-are: chamar.

INVESTIGATIO:
Despois de traducir procura un resumo da Eneida axeitado incluíndo as imaxes que precises (12 ao mínimo) da historia de Eneas coas súas ilustracións. Un resumo digno dun  narrador/ a de mitos, amante da cultura clásica.




domingo, 20 de novembro de 2016

FUTURUM

Imos seguir cos verbos o tempo de futuro, pero antes lembremos e memoricemos o verbo irregular: SUM, ES, ESSE, FUI (ser, estar):


Pasemos logo ao futuro dos verbos regulares seguindo as indicacións do seguinte vídeo:




QUAESTIONES:
1- Fagamos un esquema para o futuro semellante aos que xa temos feito co presente e co imperfecto (tamén chamado copretérito) de indicativo:






xoves, 17 de novembro de 2016

Columba et formica

Iuxta aquae ripam columba pennas albas levabat et in aqua formicam parvam videbat. Formica multis cum lacrimis columbam orabat.

Columba, mota misericordia, herbas secat et formicae dat. Statim formica enatabat et columbae multas gratias dabat.

Agricola columbam videbat et sine mora sagittas parat, sed formica videt agricolam et mordet. Agricolae sagitta in terram cadebat et columba alba in auras volabat.



 Iuxta: a carón
agricola,-ae: labrego
aqua, -ae: río, auga.
aura,-ae: aire
cado,-is, er: caer.
columba, ae: pomba
do, das, dare: dar
enato-as-are: nadar
formica,-ae: formiga
lacrima-ae. bágoa.
levo,-as-are: elevar
oro,-as-are: pedir, rogar
mordeo,es-ere: morder
mota ( participio do verbo conmover)
ripa,-ae: ribeira
seco,-as-are: cortar
paro,-as-are: preparar
penna,-ae: pluma, ás
misericordia,-ae: compaixón.
mora, ae: demora, retraso
sagitta- ae: frecha
statim: de inmediato
video, es-ere. ver
volo,-as-are: voar.