mércores, 4 de abril de 2018

TEATRO GRECOLATINO/ VISITA A OURENSE

Imos comezar a nosa preparación da visita sabendo que o nacemento de Ourense está relacionado cunha ARA, un monumento dedicado a unha deidade en cumprimento dunha petición por algunha causa,  dedicada ás Ninfas aparecida en 1802 nas primeiras excavacións na zona das Burgas :





Deidade a quen se lle dedica: NYMPHIS

Persoa que lla dedica: CALPURNIA ABANA AEBOSO


Motivo:  EX   VISU  (por un soño ou visión)

Fórmula final: V. S. L. (Votum Solvil Libens: "cumpriu gustosamente o voto /desexo / petición")


NYMPHIS.  Nunha ARA dedicada ás NYMPHAS, deidades romanizadas relacionadas coa auga e o seu poder curativo, nos lembra a orixe de  OURENSE que, se cadra, en lugar de chamarse así polo ouro que arrastraba o Miño, era un espazo coñecido polas súas augas termais ( o topónimo hai quen dí que procede da expresión latina "aquae URENTES", é dicir augas abrasadoras, en lugar da cidade auriensis que quere dicir "de ouro").



Mais se investigamos con maior fondura o tema emerxe o topónimo Burgas: BURGA:  unha palabra que podemos ben relacionala co CELTA  Beru “quente”  ou ben co  LATÍN burca “pía”. Neste contexto é onde un deus castrexo, é dicir, anterior á chegada dos romanos a estas terras fainos pensar nunha orixe da cidade anterior á invasión e conquista por parte de Roma, os fillo sda loba.

As orixes de Ourense, sen dúbida, están asociadas ás augas termais, nas excavacións máis recentes (1995-2010) na zona das Burgas atopáronse varias aras dedicadas a un deus prerromano denominado  REVVE ANABARAEGO.



Procuremos logo información sobre este deus prerromano para comentarlle aos noso compañeiros de 3º da ESO os resultados da investigación.
Camafeo atopado nas Burgas, representa o baño de Venus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario