martes, 27 de setembro de 2022

NUMERI

 

NUMERI

 NUMERARE DIGITI MANUS.  Os dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que normalmente escribían así e non tanto IV

 


A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.  

Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= procede da letra grega "khi" son que non había en latín.  

A letra grega Ψ"psi" foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50. 

Θ"theta" grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren = 100. 

D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un = 1000.









1.- unus

2.- duo

3.- tres

4.- quattuor

5.- quinque

6.- sex

7.- septem

8.- octo

9.- novem

10 decem

11.- undecim

12 duodecim

13.- tredecim

14.- quattuordecim

15.- quindecim

16.- sedecim

17.- septendecim

18.- duodeviginti

19.- undeviginti

20.- viginti

30.- triginta

40.- quadraginta

50.- quinquaginta

60.- sexaginta

70.- septuaginta

80.- octoginta

90.- nonaginta

100.- centum

200.- ducenti, -ae, -a

300.- trecenti, -ae, -a

400.- quadringenti, -ae, -a

500.- quingenti, -ae, -a

600.- sescenti, -ae, -a

700.- septingenti, -ae, -a

800.- octingenti, -ae, -a

900.- nongenti, -ae, -a

1000.- Sg.: mille / Pl.: milia

Regras/ Os números romanos:

 

-          Lense de esquerda a dereita e de maior a menor.  MDXIII. = 1513

 

-          Un símbolo seguido doutro de igual valor: suma.   MM = 2000

 

-          Un símbolo de valor menor á esquerda doutro: resta.  CM= 900

 

-          Os símbolos V. L, D sempre suman. Nunca poden estar á esquerda dun de maior valor para restarse.

 

-          Os símbolos I, X, C , M poden repetirse ata 3 veces (sempre suman e o IIII tamén pode aparecer) Só se pode restar unha vez.

 

-          Os símbolos V, L, G non pode repetirse.

 

-          Só se pode restar:

 

·         I pódese restar a V e X

 

·         X pódese restar a L e C

 

·         C pódese restar a D e M

 

 

 

O Xénero dos números

 

Non todos os números teñen un xénero definido, pero os tres primeiros si. Unus,-a,-um.  claro está, é sempre singular. E dous e tres, etc... son plurais.

 

Unus, una, unum   /   masculino unus lupus,  feminino: una insula,  neutro: unum oppidum

Duo lupi, duae insulae, duo oppida

Tres lupi aut insulae, tria oppida

 

A partir do catro só presenta os numerais unha única forma_

Quattuor, quinque, sex, septem, octo, novem, decem,

 undecim, duodecim, tredecim, quattuordecim, quindecim, sedecim, septendecem

 

OLLO!  Fíxate a diferenza co noso idioma no    18 – duodeviginti e  19 – undeviginti

 


De numeri et litterae...

Quinque lupuli sunt lupae,

quinque lupuli tras motum scopae!

Quinque sunt, quinque habebat,

 magis parvulo mamulam tenebat!

 

 

 

Quinque lupuli sunt lupae,

quinque lupuli tras motum scopae!

quinque sunt, quinque amabat,

 nigros et albos omnes curabat!


Ningún comentario:

Publicar un comentario