martes, 28 de febreiro de 2023

GALLAECIA: O mundo castrexo e a romanización


 Imos afondar nos nosos coñecementos sobre o mundo castrexo, a nosa primeira cultura, aproveitando a nosa saída ao Castro e Museo de Santa Tegra. Ademais dado que veremos tamén en Tui unha das obras do Festival de Teatro Greco-Latino, unha comedia plautina titulada Miles Gloriosus, reflexionaremos sobre o proceso posterior da Romanización e como evolucionou o mundo galaico romano.

O MUNDO CASTREXO


 O debate: Sobre o céltico en Galicia. 

Tras da visualización respondemos ás seguintes cuestións:

 I- Como era forma de vida dos habitantes destas terras no Paleolítico?

II- Cando e como cambiou a súa forma de vida?

III- Antes da época dos metais construíron grandes monumentos megalíticos. Só o fixeron en Galicia?

IV- Que é unha mámoa?

V - A seguinte pegada na paisaxe que podemos atopar desta época como se chama?

VI- Como navegaban naquela época opolo mar?

VII- A innovación da metarurxia dá pé ás Idades dos metais: Idade de Bronce e de Ferro. Os habitantes dos castros eran autosuficientes?

VIII- Que pobo comerciante do Mediterráneo chegará ás nosas costas na Idade do Bronce na procura de estaño cuxos intercambios mercantís chegarán ata o século II a. C.?

X- Quen trouxo aos castros os muíños circulares ou xiratorio ou o torno de olería? Con que pagaban os habitantes dos castros os obxectos vidos de fóra?

XI- Coa  Idade do Ferro hai un certo colapso do comercio que pasa nos castros?

XII- Máis da metade dos castros de Europa están localizados en Galicia. Parécense os castros galaicos  aos de Irlanda?

XIII- Por que sabemos que eran moi importantes as actividades textís?

XIV- A cerámica castrexa máis habitual como era?

XV- Desde moi novos, especialmente os homes, preparábanse para que tipo de actividades?

XVI- Describe un guerreiro da Idade do Ferro.

XVII- Os cabalos eran ademais un símbolo de............ e ........................

XVIII-Que é unha "pedra formosa"?

XIX- No noroeste penínsular falábanse variantes arcaicas do idioma________. Este idioma vaise estender por toda Europa Atlántica e centro Europa.

XX- Onde se pensa que soterraban as cinzas dos familiares mortos?

XXI- Que era un torques? De que metal era?

XXII- O feito de que varias casas poidan estar rodeadas dun muro pequeno no interior do castro que indica?

XXIII- Que trouxo ata estas terras aos romanos?


Ningún comentario:

Publicar un comentario