mércores, 16 de xaneiro de 2019

O futuro do latín

Falamos de verbo? ou do idioma?

Falemos de ámbalas dúas...

Hoxe hai quen fala latín, en poucos lugares do mundo agás do Vaticano, iniciativas puntuais pero segue sendo un dos eixes de sistemas educativos en centros de prestixio.

Logo o futuro do latín dende hai séculos está en gran medida nas aulas onde dun xeito vivo comenza o cultivo dunha lingua antiga base de linguas neolatinas vivas de gran importancia no mundo, vexamos algún exemplo...

Falemos agora do tempo do verbo latino en futuro.

luns, 14 de xaneiro de 2019

Lembrade que as preposicións existen

TRABALLANDO COAS PREPOSICIÓNS: Debes fixarte nos exemplos iniciais e logo pasar á ilustración da sala de estar intentando ubicar as distintas mascotas do avó usando correctamente preposicións e as palabras de cada animal no caso correspondente:
Logo  ímonos despedíndo das prácticas coa 1ª e 2ª declinacións en exclusiva:

DOMINI ET SERVI

mércores, 9 de xaneiro de 2019

Tempo de perfecto en latín.

Xa sabes as desinencias que usaba o verbo en latín e como evolucionan ao galego e castelán:

             Agora fíxate nas desinencias especiais do tempo de perfecto:

Agora que xa viches o que pasou coas desinencias imos aprender como son as raíces ou temas de perfecto no verbo latino.

luns, 7 de xaneiro de 2019

Ianuarius, deus plenamente romano

O deus Ianus,  é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro nun principio non era o primeiro do calendario como xa falamos e xa estudaremos no mes de marzo.

Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir Ianus Patusius(o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que hoxe un podería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que para os romanos inicialmente  o mes de xaneiro era o undécimo.


Aproveitando esta mirada cara atrás podemos facer un repaso do que xa sabemos e á vez do que nos propoñemos cara aos próximos días deste segundo trimestre do curso.

luns, 17 de decembro de 2018

MENSIS DECEM


Xa sabes que os problemas do calendario teñen a súa orixe na diferenza existente entre o ano solar (365 d. 5 h. 48´ 46 ´´) e o ano lunar  (354 d. 8 h. 48´).

Os exipcio sseguína o calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar, é dicir, un ano lunar de 354 días , pero adaptado ao sol engadindo un mes 13 º para agardaren polo sol que se engadía a cada catro anos e deu orixe ás Olimpíadas.

Sabías que o ano romano comezaba en  marzo? 

Inicialmente os romanos tiñan un calendario lunar que comezaba en marzo, coa primavera, como podemos demostrar observando os nomes do derradeiro mes do noso calendario: DECEMBRO = DECEMBER en latín que significa o décimo mes.

Que significará November?  Logo que cres que significa October et September?

Claro teñen moito que ver cos números romanos novem, octo et septem. E aínda poderíamos engadir o nome de SextilisQuintilis. Sabes a que meses pertencían estes nomes?

Disque os romanos contaban que fora o antigo rei de Roma, Numa Pompilio, herdeiro de Rómulo, o que engadiría aos dez meses outros dous, pero non hai certeza deste feito. O caso é que o cambio de comezo do ano sería institucionalizado polos romanos algúns séculos despois, pero isto é xa outra historia.

O mes do solsticio. A verba solsticio está composta de dúas latinas : Sol (o astro solar)  e o verbo sístere "permanecer quedo, parado"  Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno.

xoves, 13 de decembro de 2018

NATUM VIDETE:


Procurando paralelos entre Roma e Belén, atopamos este cadro que representa?

Fíxate que non hai un boi, nin unha mula... que máis diferenzas atopas?

Imos logo a Belén, pastores... para traducir ao galego un vilancico moi coñecido que adoita cantarse en latín.

martes, 11 de decembro de 2018

O NACEMENTO DE ROMA



Imos saber como nace Roma, pero usando como fío condutor ás mulleres que se relacionan con este feito, mulleres que aínda que semelle que non foron transcendentais, o foron en realidade, aínda que os mitos e os relatos entre a historia e a lenda que se nos transmitiron, moitas veces (senón todas) foron escritos por homes cunha concepción claramente machista e nun mundo dominado polos homes. De aí que nós dende unha óptica moderna queiramos darlle unha voltiña ao asunto e ver se é posible contar as cousas de xeito distinto procurando recuperar o protagonismo que o pasado lle quitou ás mulleres.

I-   A deusa Venus nai de Eneas e as mulleres do heroe troiano: Creusa, Dido e Lavinia.
II- Rea Silvia, nai de dous xemelgos co deus Marte.
III- Luperca, unha muller ou unha loba?
IV-  Roma, nome de muller e as mulleres que posibilitaron a súa creación: Tarpeia, a traidora e Hersila, posiblemente a primeira raíña sabina de Roma.
V-  Lucrecia, a muller que fixo caer a monarquía en Roma.