domingo, 15 de setembro de 2024

PRIMA LECTIO LINGUAE LATINAE

 



PRIMA LECTIO LINGUAE LATINAE 


GALLAECIA NOSTRA TERRA EST.

 

Gallaecia in Eurōpā est. Lusitania in Eurōpā est. Gallaecia in nostrā paeninsulā est. Lusitania quoque in nostrā paeninsulā est.

 

Gallaecia et Lusitania provinciae romanae sunt. Lusitania et Gallaecia in nostrā paeninsulā sunt. Baetica quoque in nostrā paeninsulā est.

 

 Post legere, responde quaestiones:

 

- Quae est nostra terra?__________________________

 

- Gallaecia et Lusitania ubi sunt?_____________________________________

 

-  Num Gallaecia in Italiā est?  _______________________________________

 

- Suntne Baetica et Lusitania in nostrā paeninsulā? ________________________________

 

- Quae sunt Gallaecia et Lusitania? _______________________________________

 

CULTURA: QUAE MATER LINGUAE LATINAE EST?

martes, 10 de setembro de 2024

IN MARE NOSTRA FORTUNA

 IN MARE NOSTRA FORTUNA

 Avete amicae et amici linguae latinae! 

Procuramos un lema deste curso que atopamos en latín no mesmo escudo do concello de Marín. Imos falar da ría e o o noso mar, imos falar da nosa historia, tamén de cando Xulio César pasou por estas terras con afán de conquista. Feitos que nos van definindo e que teñen as súas pegadas no Marín de hoxe, no día a día.

1- Intenta unha tradución ao galego do lema do curso:

2- Fíxate na palabra FORTUNA porque é substancial para poder interpretar o que nos quere transmitir. Procura varios sinónimos desta palabra e comprobarás que poden ser ben diferentes uns doutros e polo tanto disntintas as interpretacións do que queremos traducir. 

3- Fortuna é unha palabra que vén doutra palabra latina fors: (adverbio) quizás/ fors: (substabntivo feminino) sorte, azar, casualidade... O significado un tanto ambigüo da palabra leva a calificar a palabra como variable, boa ou mala fortuna, lévanos a unha incertidume.  Un tópico literario ben antigo que subliña esa ambigüidade: Fortuna mutabile  Intenta explicar ti agora este tópico coas túas palabras.

4- Observa agora estes versos medievais qu efalan da fortuna mutabile: Intenta unha tradución e a súa interpretación: 

O Fortuna

velut luna

statu variabilis,

semper crescis

aut decrescis;


5_FABULARE:

 

SALVE, AVE aut AVETE et VALE aut VALETE

 

- Ola: Salve, ave (singularis) aut avete (pluralis)

 

- Adeus: vale (singularis) aut  valete (pluralis)

 

-        Por favor: quaeso

 

-        Douche as grazas: gratias tibi ago

 

-        De nada: nihil est

 

-        Si: ita, certe

 

-        Non: non

 

-        Ben, de acordo: bene

 

-        Como estás/ estades?: Quomodo vales / valetis?

 

-        Estou ben/mal:  Ego sum bene / male

 

-        Estamos moi  ben / fatal: Nos sumus optime/ pessime

 

 

 

QUID NOMEN TIBI EST?

 

•      Como te chamas?: quid nomen tibi est?

 

•      O meu nome é…: mihi nomen est…


  *  Ti es un mozo ou unha moza?  Esne tu puer an puella?

 

•      Onde vives?: Ubi tu habitas?

 

•      Vivo en …: Ego in villā Marini habito

 

•      Onde estudas?: Ubi tu studes?

 

•      Estudo en …: Ego in Sancto Narciso studeo

 

•      O meu mestre/a é…: Meus magister/ mea magistra est …

 

•      Eu son alumno/a: Ego discipulus/ discipula sum.

 

•      Nós somos alumnos/as: Nos discipuli / discipulae sumus

 

•      Eu son un mozo/ moza:  Ego sum puer/puella

 

•      Nós somos mozos/ mozas: Nos pueri / puellae sumus

 

•      Ti es o meu amigo / a miña amiga: Tu meus amicus/  mea amica  es

 

•      Vos sodes meus amigos: Vos mei amici / meae amicae estis

 

 

TRADUCITE:

Avete, alumni et alumnae linguae latinae.

Ego Hector vester magister linguae latinae sum.

Hodie prima aula linguae latina incipit.



xoves, 27 de xuño de 2024

LEGERE ET...


 RECOMENDAMOS AS SEGUINTES LECTURAS: Os gustos e niveis de lectura son diversos e variados nos seguintes libros que vos propomos:

Achegarse ao noso mundo antigo a través da novela na inminente chegada dos romanos ao noso territorio: AS MURALLAS DE BERGIDA de Fernando Cerezales Edicións Positivas:



O mundo céltico galaico anterior aos romanos tamén aparece en KALLAIKOS de Paco Boluda.

Para viaxar á Roma imperial:  YO CLAUDIA  de Marilyn Todd

En clave de ensaio : CELTAS, CASTREXOS E ROMANOS  


Un libro sobre a vida de César novelado en triloxía: MALDITA ROMA Santiago Posteguillo


domingo, 9 de xuño de 2024

venres, 7 de xuño de 2024

SABERÍAS EXPLICAR ESTES TÓPICOS LITERARIOS?: CARPE DIEM/ TEMPUS FUGIT

 Como seguro xa sabes os tópicos literarios adoitan enunciarse en latín porque naceron na literatura grecolatina. Imos ver un exemplo e logo a ver se sabes explicar xenerosamente e con detalles:

1- Que é un tópico literario?

2- Cal é a orixe dos tópicos: Carpe Diem e Tempus fugiT?

3- Que significan estes tópicos:  Carpe Diem e Tempus fugiT?

4- Busca no poema de Catulo Vivamus mea Lesbia, estes dous tópicos, a ver se os atopas? 


Fíxate ben no textos:

 CAPE DIEM

Este tópico que xa aparecía na lírica grega podemos atopalo na romana en Horacio:

"Carpe diem, quam minime credula postero" (Oda I , 11)

"Aproveita o día, non confíes no mañá"


TEMPUS FUGIT

Este tópico que acabamos de ver, o do carpe diem, debémolo relacionar con outro que está intimamente ligado a el , falamos do Tempus fugit. Xa o viramos onte en Catulo no poema Vivamus mea Lesbia.  

Pero habitualmente se fala como texto referencial de Virxilio que nas Xeórxicas dixo:

 

"Sed fugit interea, fugit irreparabile tempus" ( Georg. III 284)

  "Foxe entrementres, foxe irreparable o tempo"




mércores, 5 de xuño de 2024

UNHA DE ROMANOS/AS


ODI ET AMO, Quare id faciam, fortasse requiris.

Nescio, sed fieri sentio et excrucior.

Un brevísimo pero célebre poema de Catulo, no que se trata a simultaneidade do amor e odio, desconcertante e sobre todo, ferinte para o que a sofre. O autor demostra unha extraordinaria habilidade para crear un quiasmo (unha estrutura en "cruz") no que varios termos se contrapoñen en posición a outros, no seu significado. Así, atopamos ODI (odio) AMO (amor) SENTIO (sentir) EXCRVCIOR(estar crucificado). Dúas emocións positivas e dúas negativas.

ODI (-) ET AMO(+) contrapostos a SENTIO(+) EXCRVCIOR(-). REQVIRIS (preguntaraste)  contraponse a NESCIO (non o sei), e FACIAM contraponse a FIERI, unha é a forma activa e a outra pasiva de facer. Xusto como ODI (activo, odiar) e EXCRVCIOR (pasivo, ser crucificado).  E como reforzo maxistral, o emprego deliberado de EXCRVCIOR reforza esa estrutura "en cruz". Sen dúbida, a pesar da súa aparente sinxeleza e brevidade, o autor era un auténtico mestre da lingua latina.

Quen era Catulo?

Quen era Lesbia? 

Son dúas respostas para coñecer un pouco máis o ambiente literario que se vivía en Roma á altura da época de Julio César.

Unha vez que teñas resposta a estas preguntas podes ler algún dos poemas deste poeta que reflicten a súa tormentosa relación amorosa.

UNHA DE ROMANOS/AS

Trátase de explicar quen eran estes dous personaxes a través do coñecemento e reflexión dos textos que se conservan da súa relación.  

NON ESQUEZAS ENVIAR LOGO POR CORREO (aulaclasicasn@gmail.com)  A ACTIVIDADE