LITTERAE:
Finalmente, imos ver como evolucionou o
alfabeto latino ata os nosos días:
NUMERI:
Os
dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para
estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que
normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar
separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes proceden de letras do
alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= X procede da letra grega
"khi" son que non había en latín.
A letra grega Ψ"psi" foise volvendo
angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50.
O Θ"theta" grego foise abrindo e
perdendo o guión central ata seren C = 100.
O D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
IMPERIUM ET LINGUA
Amisimus Romam, amisimus
regnum atque dominatum; tametsi non nostra sed temporum culpa; verum tamen per
hunc splendidiorem (litterarum) dominatum in magna adhuc orbis parte regnamus. Nostra est Italia,
nostra Galia, nostra Hispania, Germania, Pannonia, Dalmatia, Illyricum,
multaeque aliae nationes. Ibi namque Romanum imperium est ubicumque Romana
lingua dominatur.
Lorenzo Valla (1407-1457) Elegentiarum libri VI
Perdemos Roma, perdemos o poder e máis o imperio, pero
non por culpa nosa, senón das circunstancias; aínda así reinamos na maior parte
do mundo grazas a este máis ilustre imperio (das letras). Nosa é Italia, nosa a
Galia, nosas a Hispania, a Xermania, a Pannonia, Dalmacia, o Ilírico e moitos
outros pobos. Porque o imperio romano está alí onde domine a lingua de Roma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario