Etiquetas
- AB INITIO (65)
- AVALATIO (5)
- DICIONARIO (1)
- FACTA ET VITA (101)
- IN LINGUAM GALLAICAM CONVERTERE (5)
- INTRA MUROS (73)
- IULIA ROMAE (9)
- KALENDAS (7)
- LABORES (36)
- LECTIONES (1)
- MAGISTRA VITAE (4)
- UT LEGIS DICAS (9)
- VENI VIDI FECI (21)
- VERBA VOLANT (6)
xoves, 4 de maio de 2017
ÁS VOLTAS COA TERCEIRA DECLINACIÓN
DECLINA AS SEGUINTES PALABRAS DA TERCEIRA
Temas en consonante ou imparisílabos:
Nom. Xen
Amor, amor-is (m)
aestas, aestat-is (f)
flos, flor-is (f)
Ver, ver-is (n)
Temas en -i ou parisílabos:
hostis, -is (m)
navis, -is (f)
Fíxate nestas palabras:
aedes, -ium (f)
mare, -is (n)
animal, is(n) parece un tema en consonante, pero é un tema en -i que a perdeu no seu nominativo sing. Cal será o seu xenitivo plural?
OLLO: Temas mixtos da 3ª:
Substantivos monosílabos tipo ars, artis (arte), urbs, urbis (cidade) que presentan dúas consoantes diante da terminación do xenitivo -is, ou tamén , nun menor número de palabras con vogal longa ou ditongo tipo: dos, dotis, faux, faucis. Non ten temas neutros. A única diferenza será o seu xenitivo de plural que será -ium (como o dos temas en -i) en lugar de ser- um (como os temas en consoante aos que se parecen máis polo seu nominativo).
arx, arcis (f) cidadela
pons, pontis (m) ponte
urbs, urbis(f) cidade
Fíxate na súa declinación:
Indica cales destas palabras son temas en i, consoante ou mixtos:
pars, partis (f)
arbor, arboris:(f)
sitis,sitis:(f)
imago, imaginis:(f)
nubes, nubis:(f)
piscis, piscis(m)
rete, retis(n)
corpus, corporis(n)
miles, militis (m)
Caesar, Caesaris(m)
TRADUCE AS SEGUINTES ORACIÓNS:
Vox canum noctis tempore resonat.
Hostes scalis vallum ascendent.
Multam panum copiam domina servis dabat.
Nubes montium cacumina saepe occultant.
Milites in hostium oppida magna virtute impetum faciunt.
Omnes naves proram, in anteriore parte, puppemque in posteriore, habent.
Miles romanus homo fortis est.
Pater Claudiae mercator audax erat.
Carpe diem, vita brevis est!
Sub dulci melle impia velena latent.
Sanctum est omne vetus poema.
Virorum prudentium consilia utilia sunt.
REPARA NOS ADXECTIVOS QUE SE DECLINAN POLA TERCEIRA:
martes, 2 de maio de 2017
QUID ITINERA VIS?
Cal vai ser a túa viaxe de aproximación a César?
VIR aut MULIER? A viaxe precisa de dous personaxes inventados ou creados por ti. Podes ser home ou muller, isto condiciona a túa viaxe que deberá pasar polas seguintes etapas e que deben ser narradas no teu diario ou carta (con data romana incluída) que podes dirixir a esa parella que vas atopar polo camiño (VIR aut MULIER). Debes incoporar tamén como personaxe complementario un personaxe ou unha personaxe (VIR aut MULIER) que pertenza a unha clase distinta a túa (dominus aut domina/ servus aut serva).
A túa viaxe, uha vez elixidos os personaxes deberá pasar 12 etapas ou apartados (non ten por qué seguir esta orde, de feito ímola sortear nalgún caso para evitar plaxios) que son as seguintes:
VI- ROMA SPQR: SENATUS / POPULUSQUE /RES PUBLICA et PATRICII/ PLEBEII ( patricio/ plebeo?) É o mesmo ser patricio que plebeo? Explícate como participas das decisións importantes da sociedade romana.
VIR aut MULIER? A viaxe precisa de dous personaxes inventados ou creados por ti. Podes ser home ou muller, isto condiciona a túa viaxe que deberá pasar polas seguintes etapas e que deben ser narradas no teu diario ou carta (con data romana incluída) que podes dirixir a esa parella que vas atopar polo camiño (VIR aut MULIER). Debes incoporar tamén como personaxe complementario un personaxe ou unha personaxe (VIR aut MULIER) que pertenza a unha clase distinta a túa (dominus aut domina/ servus aut serva).
A túa viaxe, uha vez elixidos os personaxes deberá pasar 12 etapas ou apartados (non ten por qué seguir esta orde, de feito ímola sortear nalgún caso para evitar plaxios) que son as seguintes:
I-GALLAECIA : Serás castrexo ou conquistador na Gallaecia?
II--HISPANIA ROMANA: O proceso da Romanización da Hispania,
anterior e distinto da Gallaecia. Vivirás nunha vila ou nun campamento?
III-DOMI MILITIAEQUE: Serás un personaxe na casa outro na guerra? Explica cal é a túa situación.
IV-DOMINI/ SERVI : Podes ser un personaxe dominus/ domina- outro: servus/serva. Detállanos como vives, un día calquera da túa existencia.
V-DUX ET MILITES: Es un mando do exército/ un soldado? Cal é a túa relación co exército romano, esa columna vertebral do imperio que se está forxando?
VI- ROMA SPQR: SENATUS / POPULUSQUE /RES PUBLICA et PATRICII/ PLEBEII ( patricio/ plebeo?) É o mesmo ser patricio que plebeo? Explícate como participas das decisións importantes da sociedade romana.
VII-CURSUS HONORUM: Nobilitas
(Optimates/ Populares) ( do partido dos optimates / do partido do pobo). Toma partido con quen estás?
VIII-LUDI: Asistirás a varias celebracións públicas: Que quere dicir "panem et circenses" (asistir a espectáculos e a espazos habituais para os romanos: templo, foro, termas…
IX- CENA; Cal é a túa experencia nunha cea romana: vestidos e alimentación?
X-CAESAR: establece unha estratexia para achegarte o máximo posible a César: Se es home- Amici et Inimici Caesaris. Como coñecerás a Marco Antonio, a Calpurnia, a Cleopatra…a Brutus aut Cicerón? Non esquezas que existe tamén moita información sobre …As mulleres e César)
XI- Idus de marzo do 44 a. C. Onde estabas? Que pasou? A quen llo contas?
XII- Por que morreu César? Este é un dos obxectivos da viaxe achegarse a Roma do ano 44 a.C. para comprender por que morreu Caesar. Argumentar as causas complexas desta morte con rigor histórico é fundamental, porque toda a viaxe realizada tentamos que sexa verosimil, para poder concluír a mesma coa verdade sobre esta morte.
CRONOLOXÍA DE CAIUS IULIUS CAESAR:
Para darlle color e sabor:
Frases famosas de César
CRONOLOXÍA DE CAIUS IULIUS CAESAR:
• 13 de
xullo (quintilis) 100 a. C. – Nace en Roma, era sobriño de Mario.
• 86 a.C. – Elixido Flamen Dialis ( sacerdote maior de
Xúpiter Optimus Máximus)
• 85 a.C. –Morre
seu pai Caius Iulius Caesar Senior.
• 83 a. C. –Matrimonio con Cornelia, filla de Cinna.
• 82 a. C.
– Nce a súa filla Iulia. Sila condénao a morte, perdónao, despóxao como
sacerdote e expúlsao de Roma. Escapa das persecuciones de Sila
• 81/79 a.
C. – Servicio militar en Asia e Cilicia.
81 a.C. – No asedio de Mitilene gaña a coroa
cívica.
80 a.C.
– Viaxe a Bitinia.
• 78 a.C.
Morre o Ditador Sila. César Regresa a Roma, ocupando un escaño no Senado.
• 75 a.C. Apresado polos piratas gregos en Farmacusa, liberado por 50 talentos,
cos seus medios alista unha pequena flota e extermina aos piratas.
• 74 a.C. –
Oficial iunior contra Mitrídates.
• 73 a.C. –
Elixido do colexio dos pontífices.
• 72-71 a.
C. – Elixido Tribuno militar
• Años 70
a. C. – Carreira de avogado ( 77 a.C.: procesos de Dolabela e Antonio Híbrida)
• 69 a. C. – Cuestor en Hispania
Ulterior. Ao seu regreso morre Iulia, as súa tía e a súa esposa Cornelia e
celebra Funerais públicos na súa honra.
• 68 a.C. – Casa con Pompeia, neta de
Sila.
• 67-68 a. C. –Defensa das leis
Gabina e Manlia
• 65 a. C.
– Edil Curul.
• 63 a. C. – Electo Pontifex maximus
e pretor urbano; conspiración de Catilina. Enfróntase ao Senado e nace Octavio,
sobriño da súa irmá Iulia e o seu futuro herdeiro.
• 62 a.C. –Elixido Praetor Urbano de
Roma. Escándalo da Deusa Bona. César divórciase de Pompeia.
• 61 a.C. Propretor en Hispania.
Campaña polo que hoxe é Galicia. César consegue un triunfo que o Senado se nega
a concederllo.
• 60 a.C. –
Triunvirato entre Pompeio , Craso e César. Casa a súa filla Iulia con Pompeio e
el mesmo casa con Calpurnia, filla de Lucio Pisón.
• 59 a. C.
– Cónsul por primeira vez, lesi iulias contra abusos da oligarquía senatorial.
• 58 a. C. – Procónsul nas Galias:
comienza la campaña en las Galias derrotando aos Helvecios e aos xermanos de
Ariovisto.
• 57 a.C. Expedición contra os Belgas.
• 56 a.C. Expedición contra os
Vénetos e invasión de Britania.
• 55 a. C. Cruza o Rin e combate aos
Xermanos no seu territorio.
• 54 a. C.
– Morte da súa filla Iulia. Segunda invasión da Illa Británia
• 53 a. C.
– Morte de Craso: fin do Triunvirato.
• 52 a. C.
– Batalla de Alesia contra Vercingetorix.
• 51 a.C.
Fin das Guerras das Galias, cuxos comentarios se publican en Roma.
• 50
a.C.Pompeio á cabeza do Senado pretende destituír a César.
• 49 a. C. – Atravesa o Rubicón,
comenza a guerra civil, conquistando Italia sen derramar sangue. Pompeio foxe a
Grecia. Campaña en Hispania contra os
partidarios de Pompeio. De volta en Roma, proclamado. Ditador por primeira vez.
Logo será consúl por segunda vez.
• 48 a. C. – Derrota a Pompeio en
Grecia en Farsalia. Convértese en dictador romano por segunda vez. Pompeio foxe a Exipto, onde foi asesinado.
Césra chega a Exipto e coñece a Cleopatra desterrada polo seu irmán Ptolomeo.
• 47 a. C. – Campaña en Exipto, a
favor de Cleopatra: VENI, VIDI , VINCI: Cheguei
, vin e vencín.
• 46 a. C. Conquistas no norte de África.
Derrota aos pompeianos ( morte de Catón)
regresa a Roma con grandes triunfos. Nomeado Ditador por terceira vez.
• 45 a. C.
• 1 de
xaneiro: César é nomeado Ditador por cuarta vez
• 17 de
marzo: En Munda César derrota aos pompeianos
de Hispania, comandados por Tito Atio Labieno e os fillos de Pompeio, Cneo e
Sexto.
• 44 a. C.
• 1 de xaneiro:
César nomeado Ditador vitalicio, poder
similar ao dun emperador
• Febreiro,
rexeita unha coroa ofrecida por Marco Antonio
• 15 de
marzo, asesinado polos senadores ultraconservadores na Curia de Pompeio. No seu
testamento aberto o 16 de marzo proclama herdeiro a Caio Octavio, o sue sobriño
–neto. Comezan as vinganzas contra os asesinos nunha guerra civil.
42 a.C. Derrota dos asesinos de César a mans de Octavio e
marco Antonio , institúese o culto a Divus Iulius e o mes de Quintilis pasa a
ser Iulius na súa honra.
Para darlle color e sabor:
Frases famosas de César
martes, 25 de abril de 2017
ITINERA V: CAIUS IULIUS CAESAR
Roma, tras estas guerras, atopouse en poucos anos con moita riqueza, pero, en vez de distribuíla, esa riqueza foi parar ás clases privilexiadas, terras e escravos para os terratenentes (agrupados no partido da nobilitas )o que provocou a ruína dos pequenos agricultores de toda Italia que se procuraron a vida na capital colapsada por indixentes.
Os tribuni da plebe e outros sectores progresistas (o partido do pobo)
comezaron entón a reclamar o reparto de terras equitativo. Os seus contrarios
poderosos puxéronse en acción matando primeiro a Tiberio Graco no ano 133 a.C.
e dez anos máis tarde a Caio Graco, seu irmán, que tamén intentaba poñer en
marcha leis de reparto máis xusto.
Comeza
así a Crise da República, caracterizada entre outras cousas pola ambición de
poder e os asasinatos políticos.
Despois
da Segunda Guerra Púnica que remata no 202 a. C. na batalla de Zama, morre
Anibal. O xeneral vencedor, Publio Cornelio Escipión, que o venceu sería
chamado dende aquela “o africano”. Logo viría unha Terceira guerra (149-146
a.C.) na que outro dos Escipións, Escipión Emiliano arrasaría a cidade de
Cartago.
Estas guerras puxeron de manifesto a contradición entre a nova política
exterior romana de carácter imperialista ou de conquista e a orixe campesiña do
groso do exército de Roma. Os pequenos propietarios de Italia mobilizados
durante anos contra Anibal (218-202 a.C.) abandonaron as súas terras ou
malvendéronas aos terratenentes. O problema agravouse porque pola competencia dos
produtos importados máis baratos, grazas a man de obra escrava que as
conquistas proporcionaran, provocou a forzosa emigración dos pequenos
campesiños cara Roma onde ía facéndose máis e máis numerosa unha plebe
empobrecida que subsistía coas reparticións gratuítas de cereais e os subornos
e compra dos seus votos nas asembleas.
Os efectos que vai provocar na sociedade romana son:
- A violencia e os asasinatos políticos como principal solución dos
conflitos.
-Paso da loita política e o debate á ambición persoal de poder (autocracia
militar) na que importan pouco as ideas, pero si a militarización da sociedade.
-Profesionalización do exército que fará posible a creación de exércitos
privados que seguen a un xeneral baixo a promesa de pagas e beneficiosas.
-Guerra civil enfrontamento de distintos exércitos de romanos contra
romanos.
-Revoltas de aliados e de escravos. O caso máis coñecido e máis grave para
Roma foi o de Espartaco.
A época dos Gracos (133-122 a. C.)
Reivindicacións agrarias
A
crise da República romana veu condicionada polo imperialismo de Roma e os seus
primeiros síntomas, a mediados del século II a.C. entre os anos 133 a.C.
(tribunado de Tiberio Graco) e 27 a.C. (instauración do réxime imperial).
O exército romano estaba integrado por cidadáns propietarios, pero as
necesidades militares eran cada vez maiores e o malestar social na plebe urbana
polo desemprego e a suba de prezos provocou a división do grupo senatorial en
varios grupos o facciones, que intentaban lograr as súas metas políticas
manipulando as asembleas populares e utilizando aos tribunos da plebe.
Tribunado de Tiberio Graco (133 a.C.)
Tiberio Sempronio Graco no 133 a.C. propuxo unha lei agraria (Lex Sempronia
agraria) que prohibía posuír máis de 500 iugera (125 ha.) de ager publicus +
250 iugera por fillo (ata un máximo de 1000). A terra que debía ser devolta ao
estado romano sería parcelada en fincas de 30 iugera (7,5 ha.) e asignadas a
cidadáns pobres.
Esta lei agraria de Tiberio Graco prexudicaba aos grandes latifundistas da
clase senatorial romana e beneficiaba á plebe, nese sentido era revolucionaria.
Tras da morte de Tiberio Graco as distintas faccións da nobreza senatorial
romana aliñáronse en dous partidos contrapostos aínda que ambos tiñan patricios
e plebeos nas súas filas:
- Populares: partido dos Graco, intentaba favorecer á plebe e recortar os
privilexios do Senado e dos terratenentes.
-Optimates: opositores dos populares tendencia predominante no Senado,
defensores dos privilexios dos senadores contrarios ao reparto de terras
públicas e restinxir os poderes das asembleas onde tiña maioría a plebe.
O Senado obstaculizou a aplicación da lei e Tiberio Graco será asasinato
polos seus inimigos optimates (Cicerón culpaba do asasinato aos Escipións (132
a.C.)
Tribunado de Caio Graco (123-122 a.C.)
Foi
elixido tribuno no ano 123 a.C. Continuou coa política do seu irmán Tiberio (en
contra dos abusos da nobreza senatorial terratenente), pero no 121 Caio Graco
non foi elixido e quitouse a vida. Tras da súa morte a oligarquía urbana
intentou acabar coa reforma agraria.
Con este xeneral de orixe humilde, vencedor en varias guerras de conquista,
foi elixido cónsul no 107 a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións.
Emprendeu unha reforma militar consistente na profesionalización do exército,
solucionando por unha banda o problema de empobrecemento dos pequenos
campesiños e abrindo , por outra, a porta a que un xeneral, baixo a promesas de
pagas e prebendas ao licenciarse, procurase a fidelidade dos seus soldados e
que se utilizasen os exércitos con intereses particulares ditados pola ambición
de poder.
Época de Sila (88-79 a.C.) Revoltas de aliados e a guerra civil.
O descontento dos aliados itálicos ante a negativa de Roma de concederlles
a cidadanía romana. Estas comunidades organizaron un estado paralelo ao romano.
O estado romano acabou cedendo ás peticións dos aliados. A cifra global de
cidadáns achegouse ao millón.
Lucio Cornelio Sila era un optimate descendente dunha familia patricia
arruinada. Pero conseguira solucionar o conflito cos aliados e foi elixido
cónsul polos conservadores. Mario organiza unha revolta e acaba expulsando a
Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor ocupando militarmente Roma por vez
primeira. Nestes momentos, Roma tiña problemas con Mitrídates VI rei do Ponto
quen se apoderara da provincia de Asia e parte de Grecia. Sila foi o encargado
de solucionar a guerra contra este rei, momento no que Mario volve a ocupar o
poder. Á volta de Sila á cidade provoca unha guerra civil (84 a.C) cos
partidarios de Mario, aos que elimina un a un, nomeándoselle logo ditator (con
todos os poderes concentrados nunha persoa durante tres anos). Sila contaba cun
exército leal ao que recompensara cos recursos obtidos de Oriente. Estableceu
que as proposicións de lei dos tribunos da plebe debían ser aprobadas polo
Senado antes de proceder á súa votación na asemblea do pobo.
- A rebelión de escravos de Espartaco 73 a.C.
Xa houbera varias revoltas no sur de Italia onde había maior concentración
de escravos, pero un escravo tracio chamado Espartaco provocará o terror en
Roma ao derrotar a varios exércitos. Despois dun tempo de incertidume, unha
acción conxunta de Craso e de Pompeio rematará coa súa intención de abandonar
Italia. Miles de escravos serán crucificados.
- A Conxuración de Catilina 63 a.C. contra Cicerón.
Un intento de golpe de estado por parte deste líder ambicioso dos populares
chamado Catilina que estivo a punto de aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos
optimates, que descubrirá a conspiración no propio Senado pronunciando un
famoso discurso “as Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha
situación caótica.
- O primeiro TRIUNVIRATO 60 a.C. e morte de César
Tres homes (trium - viri) importantes personaxes van pactar en segredo
repartirse o poder en Roma. Eran Craso(o home máis rico de Roma grazas aos
negocios do comercio consecuencia das conquistas e vencedor de Espartaco),
Pompeio (o delfín dos optimates con gran poder no exército) e César (sobriño de
Mario, o único que escapara sendo un neno da persecución de Sila e que tras
unha campaña na Gallaecia era líder dos populares).
Tras casar a súa filla, Iulia, con Pompeio, César logra o mando dunhas
lexións para iniciar unha empresa cunha tripla finalidade (sona en Roma,
diñeiro e un exército fiel).
Nace así a denominada Guerra das Galias (foi un escrito de César, unha
crónica que vai editando por entregas en Roma mentres el está fóra durante os 8
anos que durou guerra de conquista do territorio celta, aproveitando as
desputas internas e os conflitos cos xermanos). Pero en Roma, primeiro morreu
Craso e logo a propia filla de César. Entre os senadores romanos foron medrando
os temores a un novo Mario e deciden nomear cónsul único a Pompeio no ano 52.
Este ordena que César, rematada a conquista volva a Roma, licenciando aos seus
exércitos. Pero César decide cruzar o Rubicón, río do Norte de Italia como xefe
das súas tropas pronunciando a frase “alea, iacta est” (a sorte está botada),
co que declaraba a guerra ao Senado e a Pompeio. De novo unha guerra civil na
que vencería César no ano 48 a.C.
César
aproveitou a situación inestable de Exipto para axudar a Cleopatra (coa que
chega a ter un fillo, Cesarión).
No
ano 44 a.C. no Idus de marzo, como xa comentamos César será asasinado no
Senado, abríndose un novo período de guerra civil entre os seus partidarios
Marco Antonio á cabeza e os seus asasinos Bruto e Casio, entre eles.
Aniquilados
os asasinos de César, Marco Antonio, Lépido (outro dos xenerais de confianza de
César) e Octavio Augusto (sobriño de César) conforman un novo triunvirato para
gobernar, pero axiña rachará o acordo e tras da morte de Lépido, Octavio e
Marco Antonio,o novo amante de Cleopatra, emprenden unha guerra civil que
rematará co triunfo do que será o primeiro emperador de Roma: Octavio, que
gobernará co nome de Augusto (27 a.C.)
Para ver unha biografía de Caius Iulius Caesar I , 2ª parte, 3ª parte, 4ª parte, 5ª parte e 6ª parte.
Para ver unha biografía de Caius Iulius Caesar I , 2ª parte, 3ª parte, 4ª parte, 5ª parte e 6ª parte.
domingo, 23 de abril de 2017
ITINERA IV: DOMI MILITIAEQUE
1 DOMI MILITIAEQUE: NA PAZ E NA GUERRA.
COMO VIVÍAN ROMANOS e ROMANAS?
A vida dun romano/a no século I a. C. Debe pasar por diferenciar, en
primeiro lugar, entre libres e escravos, entre homes e mulleres, a clase
social, o nivel económico dos personaxes que queremos crear, pero tamén se
están a pasar por un momento de paz ou de guerra lamentablemente tan presente
para calquera romano/a do século I a. C. Interésannos incorporar todos os
planos posibles por iso a vida cotiá dende a casa ata o foro, dende a escola
ata o campamento, dende o nacemento e a
infancia á vellez e a morte son aspectos que nos interesan. Son roles tan
distintos os dos homes e das mulleres, os dos señores e o dos escravos, os
dunha sociedade en guerra ao dunha en paz que temos, por forza, que darlle corpo a esta viaxe creando ao longo da
mesma (dende o momento que nós escollamos) unha parella (vir aut mulier)
complementaria ao personaxe escollido
inicialmente para esta experiencia.
A interacción entre personaxes reais e ficticios, pero verosímiles, é a
esencia do presente traballo onde o rigor e a capacidade tanto como investigador
como narrador de cada quen vai quedar plasmada.
A)
DOMI: Na vida de cada persoa son momentos transcendentais.
Dalgúns xa temos falado: - O nacemento e a morte, así coma da infancia e a
escola, os primeiros momentos da formación. Agora toca facer un esquema para
ver como seguiría a vida dun mozo romano ou unha moza romana, como o seu nivel
económico, ser muller ou home condiciona o resto da súa vida digamos privata,
aínda que moitas aspectos teñen, claro está, unha dimensión pública.
Casa, alimentación e vestiario:
-
Formación:
-
Casamento:
-
Traballo:
-
Ocio:
- Urbs romana:
B)
MILITIAE:Das
guerras de conquista ás guerras civís. César pasará por ambos tipos de
enfrontamentos que debemos abordar na nosa viaxe inevitablemente, en maior o menor
medida segundo queiramos e precisemos. Deixamos as guerras civís para seguinte
apartado.
A guerra das Galias o paso por
esta etapa de César precisa varios complementos:
-
Como
era a vida dun soldado no castra,-orum
-
-
xoves, 20 de abril de 2017
ITINERA III: A CRISE DA REPÚBLICA ROMANA
1-
A
CRISE DA REPÚBLICA ROMANA:
Tras das Guerras Púnicas (contra Cartago) e/ou como consecuencia das Guerras contra os cartaxineses Roma comeza a pensar como un imperio. Tiña un motor que eran os escravos e novos territorios conquistados, tiña un exército poderoso por terra e mar, columna vertebral do imperio, logo de feito xa era un Imperio en marcha, pero aínda tiña unha forma de goberno, a República, que se manifestará pouco a pouco como inviable para dirixir este proceso imperialista. Imos entendelo axiña.
Tras das Guerras Púnicas (contra Cartago) e/ou como consecuencia das Guerras contra os cartaxineses Roma comeza a pensar como un imperio. Tiña un motor que eran os escravos e novos territorios conquistados, tiña un exército poderoso por terra e mar, columna vertebral do imperio, logo de feito xa era un Imperio en marcha, pero aínda tiña unha forma de goberno, a República, que se manifestará pouco a pouco como inviable para dirixir este proceso imperialista. Imos entendelo axiña.
A REPUBLICA ROMANA? SPQR.
Senatus Populusque Romanum: Como funcionaban? para elo tes que documentarte sobre os tres piares sobre os que se asentaba:
SENATUS: O Senado naceu na época da Monarquía, pero cando pasa a ser o centro neurálxico do sistema político romano será durante á República como podes comprobar neste enlace
POPULUS: Os comitia, son as asembleas nas que o pobo podía exercer o seu dereito a elixir aos gobernantes, entre outros asuntos, pero en principio estas asembleas para votar estaban só nas mans dos patricios ( logo apareceu a asemblea dos plebeos (Concilia plebis) para poder escoller aos seus maxistrados, tribuni plebis. Na época republicana será o Comitia centuraita (con unha gran maioría de patricios) quen escollera os cargos máis importantes ou con maior poder. A última asamblea era os Comitia tributa, con maioría de plebeos. Inicialmente para escoller cargos de menor importancia, pero coa equiparación de dereitos entre patricios e plebeos durante a República a asamblea máis democrática (un home un voto) irá cobrando cada vez máis protagonismo ata ser crucial nos últimos momentos da época republicana.
Comitia curiata)
CURSUS HONORUM: Este é o nome que recibía a carreira política en Roma. Os distintos magistrati. Era o camiño a seguir para lograr ser cónsul, é dicir, Primeiro ministro, e posteriormente senador, poder intervir directamente no goberno. Inicialmente exclusivo dos patricios, pero ao que van ir incorporándose pouco a pouco os plebeos, especialmente os máis ricos, claro está.
SENATUS: O Senado naceu na época da Monarquía, pero cando pasa a ser o centro neurálxico do sistema político romano será durante á República como podes comprobar neste enlace
POPULUS: Os comitia, son as asembleas nas que o pobo podía exercer o seu dereito a elixir aos gobernantes, entre outros asuntos, pero en principio estas asembleas para votar estaban só nas mans dos patricios ( logo apareceu a asemblea dos plebeos (Concilia plebis) para poder escoller aos seus maxistrados, tribuni plebis. Na época republicana será o Comitia centuraita (con unha gran maioría de patricios) quen escollera os cargos máis importantes ou con maior poder. A última asamblea era os Comitia tributa, con maioría de plebeos. Inicialmente para escoller cargos de menor importancia, pero coa equiparación de dereitos entre patricios e plebeos durante a República a asamblea máis democrática (un home un voto) irá cobrando cada vez máis protagonismo ata ser crucial nos últimos momentos da época republicana.Comitia curiata)
CURSUS HONORUM: Este é o nome que recibía a carreira política en Roma. Os distintos magistrati. Era o camiño a seguir para lograr ser cónsul, é dicir, Primeiro ministro, e posteriormente senador, poder intervir directamente no goberno. Inicialmente exclusivo dos patricios, pero ao que van ir incorporándose pouco a pouco os plebeos, especialmente os máis ricos, claro está.
Para saber como funcionaba podes consultar dende a entrada da Galipedia ata outras entradas dos nosos blogs
CARACTERÍSTICAS DA CRISE DA REPÚBLICA: Este período que vai a acabar coa República comeza no século II a.C. e ten como principais características: Ambición de poder, sasinatos políticos, revoltas de aliados, revoltas de escravos, masacres, exércitos privados e guerras civís.
CUESTIONARIO: Despois de ler e consultar o que creas conveniente elabora un cuestionario con 12 preguntas básicas para entender como funcionaba a república romana e como se xera a crise da República en Roma.
martes, 18 de abril de 2017
ITINERA II: O PASO DA SOCIEDADE DA GENS Á SOCIEDADE ESCRAVISTA
A NOSA VIAXE POLA ROMA DE CÉSAR: Para facer máis
completa e verosimil esta viaxe o
primeiro en situala no tempo. Vai durar como mínimo o mesmo tempo da vida de César que escollemos como personaxe de referencia real, fácil de seguir pola cantidade de datos que existen sobre el e porque vive e protagoniza un dos momentos cruciais da historia de Roma: a crise da república, sintetizando na súa persoa o proceso de transformación de Roma nun Imperio. Nace no ano 100 a.C. no momento en que Roma xa leva un século nesa marcha imparable cara á creación do Imperio, un proceso que como veremos se acelerará e se precipitará nos tempos de César. Pero que debemos coñecer con anterioridade para poder preparar e comezar a nosa viaxe persoal?
primeiro en situala no tempo. Vai durar como mínimo o mesmo tempo da vida de César que escollemos como personaxe de referencia real, fácil de seguir pola cantidade de datos que existen sobre el e porque vive e protagoniza un dos momentos cruciais da historia de Roma: a crise da república, sintetizando na súa persoa o proceso de transformación de Roma nun Imperio. Nace no ano 100 a.C. no momento en que Roma xa leva un século nesa marcha imparable cara á creación do Imperio, un proceso que como veremos se acelerará e se precipitará nos tempos de César. Pero que debemos coñecer con anterioridade para poder preparar e comezar a nosa viaxe persoal?
I- Gallaecia: Queremos incorporar nesta viaxe a través do
tempo o lugar onde vivimos, coñecer que estaba pasando na nosa terra daquela,
na Gallaecia, pero non necesariamente temos comezar a nosa historia neste período de transición entre a conquista
deste territorio e a súa plena incorporación ao mundo romano. Podemos facelo de varias formas ben iniciando aquí, en
Galicia, a viaxe cun personaxe nacido nesta terra, ou ben incorporando outro
personaxe da nosa crónica despois, nalgún momento da nosa recreación porque
realmente imos ter que crear dous personaxes para facilitar unha visión máis
completa da Roma desta época. Coa idea
de facilitar esta inclusión na viaxe xa temos feita unha aproximación á cultura
castrexa e a vida nun castro galaico-romano.
II-
CIVES ET SERVI: O PASO DA SOCIEDADE DA GENS Á UNHA SOCIEDADE ESCRAVISTA.
Para chegar a saber como era Roma no final da República temos que comprender
cales eran os cambios máis profundos que estaba a vivir o mundo romano no
momento no que nace César e por que se deron.
As
grandes civilizacións da Antigüidade pasaron todas por unha transformación
interna de carácter socio-económico que vai xerar cambios de todo tipo,
especialmente nas fórmulas de goberno. Vexamos o paralelo con Atenas e
Roma no seguinte cadro:
A)
SOCIEDADE
DA GENS: Coa cor vermella vemos os primeiros momentos de xestación de estados
potentes como o de Atenas e Roma que pasan por varios e distintos sistemas de
goberno, pero que en esencia responden aos intereses dunha clase social que ten
todos os dereitos porque son fundadores ou descendentes dos fundadores, é
dicir, pola súa linaxe e orixe en función do sangue, por pertencer a unha mesma
estirpe (gens).
Por que se dan os primeiros conflitos nestas cidades? Por pertencer a gens (é dicir, ter todos os dereitos) ou non formar parte da mesma, por non ser fillo
dun fundador, a pesar de vivir e morrer pola túa cidade. Centrándonos xa en Roma, esta é a loita de
Patricios (fundadores e con dereitos) e Plebeos (non fundadores, inialmente
estranxeiros e sen dereitos). Os cambios
de goberno responden, en gran medida, a un proceso de conquista de dereitos por
parte dos plebeos. Vexamos un exemplo:
A loita pola equiparación de dereitos entre patricios e plebeos en Roma: Un rei etrusco gobernaba Roma, pero a súa soberbia levouno a perder o poder
e ser expulsado da cidade no ano 509 a. C. Isto provocou unha guerra entre
outras cidades etruscas e a propia Roma. Os romanos gañaron e Roma sería
gobernada polos patricios, terratenentes que formaban o Senado. Os
plebeos pequenos campesiños, artesáns, obreiros e comerciantes debían combater
no exército, pero non podían participar do goberno. Así no ano 494 a.C. os plebeos ameazan aos
patricios con marchar de Roma e fundar unha nova cidade se estes non conceden
estes tres dereitos:
- Non perder a liberdade por impago de débedas.
- A creación dun maxistrado con dereito a veto ante o Senado e os
maxistrados.
- A creación dunha asemblea da plebe (concilia plebis)
Esta primeira folga xeral dos plebeos, foi o comezo dunha serie de
reivindicacións que lograrán a equiparación de dereitos entre patricios e
plebeos á altura do ano 287 a.c. Bótalle un ollo ao esquema deste proceso:
494 a.C. folga xeral plebea
451-449 a. C. Lei escrita
440 a.C. permite os casamentos entre
patricios e plebeos.
Do 409 a.C. ao 300 a.C. os plebeos van ir accedendo a cargos públicos como cuestura, consulado, censura, pretura, pontificado que antes eran exclusivos dos patricios.
Do 409 a.C. ao 300 a.C. os plebeos van ir accedendo a cargos públicos como cuestura, consulado, censura, pretura, pontificado que antes eran exclusivos dos patricios.
287 a.C.A equiparación en dereitos é unha realidade dándolle o Senado forza de lei ás decisións das asambleas da plebe.
B)
SOCIEDADE
DOS SERVI: Imos coa parte verde do cadro anterior. Como podedes ver hai un
antes e un despois marcado pola cor amarela no esquema. Efectivamente serios
conflitos bélicos provocan un cambio substancial da situación económica e
política en Atenas ( século V a.c.) e tamén en Roma (século III a.C.). As guerras traen como consecuencia dous
elementos moi importantes para estas sociedades: o aumento das terras
propiedade da cidade e escravos, que son na súa maioría prisioneiros de
guerra, parte do botín.
Todos estes datos son
imprescindibles para poder comezar a nosa viaxe e por iso que para enriquecer o noso coñecemento imos crear dous
personaxes un libre e outro escravo (home ou muller? Ti escolles!)
luns, 3 de abril de 2017
ITINERA I: O MUNDO CASTREXO ANTES DA CHEGADA DOS ROMANOS Á GALLAECIA
O punto de partida do noso traballo de investigación persoal da 3ª avaliación será precisamente a GALLAECIA do 100 a.C. aproximadamente. Podemos empezar como máis tarde, se é que o preferides, aló polo 62 antes de Cristo, tendo en conta que un dos nosos personaxes imprescindibles nesta historia é precisamente Iulius Caesar (que naceu no 100 a.C. e morreu no 44 a.C.) e do que sabemos viaxou ao fronte dunha expedición militar á Gallaecia cara ao ano 61-60 a.C. grazas á cal podería, tras volver a Roma cos bolsos ben cheos, iniciar a súa trepidante carreira política.
E dado que estamos a falar de datas e que imos "romanizarnos" entremos no mundo do cómputo do tempo segundo os propios romanos. Imos comprender e usar no diario que imos realizar as datas dos romanos e non as nosas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















