xoves, 8 de outubro de 2020

EXERCITIA (I)

 EXERCITIA (I)

QUAE MATER LINGUAE LATINAE EST?

 O INDOEUROPEO,  NAI ou PAI  DA LINGUA LATINA


  Os estudosos lograron deducir cal é a orixe da meirande parte das linguas que se falan hoxe en Europa e dun importante número de linguas de Oriente ata chegar mesmo a India.

 Dende a India a Fisterra encontramos basicamente unha mesmas palabras para denominar o lobo, a raposa, o oso, o cervo e o porco (polo tanto o mundo da caza); unhas mesmas palabras para denominar o boi, a ovella, a cabra, o leite, se a caso os ovos (é dicir, a gandeiría); unhas mesmas palabras para denominar o queixo, a lá, o mel, o sal, o carro, o xugo e a fariña (é dicir, a agricultura); igual acontece co ouro, a prata, o cobre (metarlurxia), co cabalo e co can (animais domésticos), co arco e coa machada (armas), co salmón e co barco, pero non co mar (navegación fluvial). pero, en cambio, non hai parecido ningún entrea as respectivas maneiras de nomear o mar, o león, o tigre e o camelo:

Como explicar tantas coincidencias?
 
Todos estes pobos que habitan tan amplo territorio teñen linguas que proceden dun único pobo prehistórico: o indoeuropeo.

No mundo hai, se simplificamos e atendemos a súa orixe por continentes, cinco grandes grupos de linguas unha destas grandes familias é a Indoeuropea.

O MÉTODO DA LINGÜÍSTICA COMPARADA



 A familia INDOEUROPEA está formada polas linguas euroasiáticas derivadas daquel idioma que non deixou escritos, porque se falou na prehistoria, pero que sabemos existiu polas semellanzas entre linguas como o latín e o grego, ou o celta e o xermánico á hora de nomear todos os nomes citados máis arriba. 

 INDOEUROPEUS, PATER FAMILIAS!


Debes saber:
1- En que lugar habitaron os primeiros indoeuropeos? 
2- Cales son as linguas fillas do Indoeuropeo, as principais familias de linguas, xa históricas e que derivan do Indoeuropeo? 
3- Como se soubo que había parentesco lingüístico entre todo este numeroso grupo de linguas existentes de Fisterra ata a India?

luns, 5 de outubro de 2020

Numeri et Litterae

 NUMERI

 Os dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que normalmente escribían así e non tanto IV

A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.  
Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= procede da letra grega "khi" son que non había en latín.  
A letra grega Ψ"psi" foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50. 
Θ"theta" grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren = 100. 
D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un = 1000.



LITTERAE

Imos coñecer a orixe do alfabeto latino que deriva do grego a través do etrusco e explicar logo como se len as distintas letras e algunhas regras importantes de pronunciación do latín clásico.





EVOLUCIÓN DO ALFABETO LATINO  

Finalmente, imos ver como evolucionou o alfabeto latino ata os nosos días:

domingo, 4 de outubro de 2020

ALFABETO E PRONUNCIA DO LATÍN

 Vemos un par de vídeos que nos poden servir de limiar e logo comentamos: 



I-  Vendo as distintas etapas da historia da lingua latina, ata que época pensas que o latín se usou como lingua vehicular para calquera materia nas universidades de todo o mundo?

II- Que che suxire esta afirmación do poeta latino Horacio: "Graeci capta ferum victorem cepit et artes intulit in agreste Latio"?



III-  Fíxate no alfabeto latino e no galego. Que diferenzas cres que pode haber á hora de pronunciar o latín en lingua galega ou en castelán? 


xoves, 1 de outubro de 2020

GALLAECIA, NOSTRA TERRA EST




GALLAECIA NOSTRA TERRA EST.
Gallaecia in Eurōpā est. Lusitania in Eurōpā est. Gallaecia in nostrā paeninsulā est. Lusitania quoque in nostrā paeninsulā est.

Gallaecia et Lusitania provinciae romanae sunt. Lusitania et Gallaecia in nostrā paeninsulā sunt. Baetica quoque in nostrā paeninsulā est.


 Post legere, responde quaestiones:

- Quae est nostra terra?___________________________

Gallaecia et Lusitania ubi sunt?_____________________________________

-  Num Gallaecia in Italiā est?  _______________________________________

- Suntne Baetica et Lusitania in nostrā paeninsulā? ________________________________

Quae sunt Gallaecia et Lusitania? _______________________________________


Corticata insula parva gallaica est. Arousa insula gallaica est. Tambus quoque insula gallaica est. Corticata, Tambus et Arousa insulae gallaicae sunt.

Minius fluvius est. Minius fluvius in Gallaeciā est. Tamaris fluvius parvus gallaicus est. Minius fluvius magnus est. Dourius quoque fluvius magnus est.  Minius et Dourius fluvii magni sunt. Minius et Dourius in antiquā Gallaeciā sunt. . Minius fluvius gallaicus est. Minius et Dourius fluvii gallaici sunt.  Lameira fluvius in villā Marini est. Lameira fluvius parvus est, sed Tagus fluvius magnus est.


 Post legere, responde quaestiones:

- Quae sunt Arousa et Tambus?_______________________________

Qui sunt Minius et Dourius?____________________________________

-  Lameira fluvius ubi est?  _______________________________________ 

- Estne Minius in Gallaeciā?____________________________________

Tagus fluvius ubi est? ____________________________________________



Gallaecia provincia romana est.  Brigantium oppidum gallaicum est. Brigantium in Gallaeciā est. Salamantica in Gallaeciā non est.  Salamantica oppidum lusitanum est. Emerita Augusta in Gallaeciā non est, sed in Lusitaniā est. Lucus Augusti, Asturica Augusta et Bracara Augusta in Gallaeciā sunt.  Lucus Augusti, Asturica Augusta et Bracara Augusta oppida gallaica sunt.

 Nostra terra ante Atlanticum Oceanum est,  Gallaecia finis mundi est, quoque ultima terra mundi est.  In ultimā terrā ante Oceanum Atlanticum pharus brigantinus est. In Gallaeciā multum aurum est.

Multa castra in terrā gallaicā sunt.   Nos gallaici et gallaicae sumus.


 Post legere, responde quaestiones:

- Quid est Brigantium?________________________________

- Ubi sunt Lucus, Asturica et Bracara?_____________________________________

- Num Lucus, Asturica et Bracra insulae sunt?____________________________________

- Estne Brigantium in Lusitaniā___________________________________

. Ubi est pharus brigantinus?____________________________________

- Num paucum aurum in Gallaeciā?_____________________________________

- Suntne pauca castra in terrā gallaicā?______________________________________

- Qui sumus nos?_________________________

- Ubi est nostra terra?_____________________________

 

luns, 28 de setembro de 2020

LEGE, AUDI ET SCRIBE

 TRES LABORES: IMPERIUM ET LINGUA



Primus labor est: LEGERE
Amisimus Romam, amisimus regnum atque dominatum; tametsi non nostra sed temporum culpa; verum tamen per hunc splendidiorem (litterarum) dominatum in magna adhuc  orbis parte regnamus. Nostra est Italia, nostra Galia, nostra Hispania, Germania, Pannonia, Dalmatia, Illyricum, multaeque aliae nationes. Ibi namque Romanum imperium est ubicumque Romana lingua dominatur.
Lorenzo Valla (1407-1457) Elegentiarum libri VI

Perdemos  Roma, perdemos o poder e máis o imperio, pero non por culpa nosa, senón das circunstancias; aínda así reinamos na maior parte do mundo grazas a este máis ilustre imperio (das letras). Nosa é Italia, nosa a Galia, nosas a Hispania, a Xermania, a Pannonia, Dalmacia, o Ilírico e moitos outros pobos. Porque o imperio romano está alí onde domine a lingua de Roma. 

Secundus labor est: AUDIRE


Tertius labor est: SCRIBERE

QUAESTIONES:

Estne Italia in Africa?
Ubi Roma est?
Nilus fluvius est. Rhenus _________ est.
Rhenus et Danuvius _________  in Germania sunt.
Tiberis__________ in Italia est.
Roma quoque __ ________ est.

Estne Nilus fluvius parvus?
Nilus et Rhenus fluvii parvi non sunt, sed _______ _______ sunt.
Danubius _______ fluvius ________ est.
Britannia insula parva non est, sed insula ______ est.
Sicilia et Sardina non ________ ________ sed _________ _________ sunt.

Suntne multae insulae in Graecia?
Num oppidum in oceano?
Brundisium quid est?
Tusculum oppidum _________ non est, sed oppidum ________ est.
Suntne Brundisium et Tusculum in Hispania?
In Italia et In Graecia _______ oppida sunt.
In Arabia non multi, sed ________ fluvii sunt et _________ oppida.
Creta quid est?
Num Sparta insula est?
In imperio romano multae provinciae sunt. Estne imperium Romanum parvum?

ATTENDITE:
        sing.      plur.
         est   /    sunt
 F:   insula  / insulae (illa/ illas)
 M: fluvius/  fluvii (río/ ríos)
 N:  oppidum/ oppida (cidade/cidades)

sábado, 26 de setembro de 2020

ASSUME TUAM RESPONSABILITATEM ! (CONFINATIONIS ANNO SECUNDO)

 


Comezamos este novo curso 2020-21, o segundo curso do confinamento, poñendo a primeira pedra ao edificio que tentaremos poñer en pé coa vosa colaboración. Un curso  no que sen a vosa implicación vai ser imposible avanzar, pero contando co voso esforzo e interese será doado chegar compracidos ao final do mesmo.

ASSUME TUAM RESPONSABILITATEM ! En latín quere dicir: Asume a túa responsabilidade!  

    As palabras que empregamos  como lema son de orixe latina:

       Assume, verbo en modo imperativo do verbo assumere que presenta un prefixo ad-(indicando        aproximación cara a algo) que evoluciona por asimilación a as-, unido ao verbo sumere que significa: engadir, recibir, tomar, levar ou sumar para un mesmo.

       Temos que advertir que o verbo sumere, naceu dunha palabra derivada sub-  (baixo ou en segredo)          máis emere (comprar, adquirir por debaixo ou en segredo).

        Responsabitatem procede de responsabilitas, responsabilitatis un substantivo abstracto           feminino que provén da palabra derivada cun prefixo re- ( idea de reiteración, insistencia, "volver a")   spondere ( prometer, xurar, garantir) logo, a responsabilidade é  algo como "estar obrigado a      responder, a cumprir ou reparar" e en galego fórmase co sufixo -dade (con lixeiras sonorizacións            do - tatem latino) observándose aínda con claridade a súa orixe etimolóxica no -ili- que mantivo         do latín. 

Que significa asumir a túa responsabilidade nesta materia? Ir descubrindo as distintas facetas desta materia que no blog aparece dividida nas seguintes seccións:

AB INITIO:  PARA COMEZAR A CAMIÑAR POR ESTA MATERIA.

- FACTA ET VITA:  PARA SABER MÁIS SOBRE A VIDA COTIA DOS ROMANOS: Hoxe suxerimos como curiosidade entrar nunha libraría e que pidas unha de Calamares a la Romana!!

IN LINGUAM GALLAICAM CONVERTERE: PREPARACIÓN DE MATERIAIS PARA ESTUDAR LATÍN NA NOSA LINGUA.

- INTRA MUROS: PARA SABER DA GRAMÁTICA ELEMENTAL DA LINGUA LATINA.

- IULIA ROMAE:  PARA RECREARMOS A HISTORIA DUNHA MULLER GALAICO-ROMANA.

- LABORES: PARA ESCRIBIRMOS EN LATÍN E TRADUCIR AO GALEGO.

- MAGISTRA VITAE: PARA COÑECER A HISTORIA

- UT LEGIT DICAS:  PARA LERMOS EN LATÍN E TRADUCIR 

- VENI, VIDI, FECI:   PARA EXPEDICIÓNS E AVENTURAS DE DIVERSA ÍNDOLE. Imos comezar cunha visita/viaxe fugaz ao blog de Cultura Clásica de 3º In periculo maris.

- VERBA VOLANT:  PARA APRENDERMOS VOCABULARIO E TRABALLAR SOBRE O LÉXICO