Postero die magister fabulam Daedalidiscipulis narravit:
"Daedalus vir peritus fuit. In insula
Creta exsulabat ubi Minos tyrannus profugo hospitium praebuit. Daedalus,
propter beneficium gratus, superbo tyranno labyrinthum, custodiam captivorum
aedificavit.
Sed superbia ingeniosum virum movet. Itaque
Minos, iratus, fabrum vituperat et in labyrintho cum filio retinet.
Tum Daedalus puerum captivum indicavit: "
Cur times, care fili? Novam et miram machinam excogitabo. Liberi
erimus!"Alas callidus faber parat.
Denique, vir et puer alas umeris bene accommodaverunt et, primo, per latum
caelum evolaverunt.
- O Icare, inter undas et caelum sempre vola!
Sed
incautus puer ad Phoebum nimis appropinquavit. Radii alarum ceram liquant et
deus, ira incensus, miserum puerum in undas praecipitavit."
O entroido da Veiga os Charrelos ( entre os que está Marcos, o noso compañeiro) e outras figuras
Que é o Entroido e que
relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes
preguntas:
-Por que se chama así, ou
cal é a orixe desta palabra?
- Cal é a orixe
etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina
"carrus navalis" ou con estoutra "carnes tollendas"
Tamén chamado Antroido,
Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)
As orixes das palabras
que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o
adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó
termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que
vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".
O entroido fai referencia
a unha época de "carne", tomando o sentido literal da palabra. O
Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a
subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As
características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis
sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
En sentido relixioso
trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma",
que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero
o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa
preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e
desenfreo.
As denominacións destas
festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o
"Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado
de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a
que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa):
"Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña,
"Carnestollendas" (de "carne" e "tolere",
"levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en
Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre
a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o
cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado...
todas son características comúns destes días.
A festa recibe en galego
os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos
estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de
"entrada ou comezo". Daquela, o étimo fai referencia a un significado
da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-,
independentemente de que a súa apropiación por parte do Cristianismo nos faga
pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é
admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns
este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da
expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na
expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que
posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non
cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos
asociados ao carnaval actual.
Outras interpretacións:
Pero a finais do século
XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa
Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas,
dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán
maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas persoas cren
que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na
que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
ALGUNHAS CUESTIÓNS POR
RESPONDER:
-O Entroido é unha festa
móbil, por que razón e en función de que se celebra cada ano nunha data
distinta?
- Onde e como se facía
uso da máscara no mundo clásico? Ten algo que ver coa orixe do teatro?
- En Roma como se
celebraba o Entroido?
-Os entroidos
tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo
(podes consultar en vieiros da escola) que agocha, que
ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?
- Que orixe teñen os
"enterros da sardiña" e eventos semellantes?
Imos explicar a Fundación de Roma e os primeiros tempos desta cidade tomando como referencia por un lado o número 7 e por outro as mulleres que habitualmente quedan relegadas a un segundo plano nestes tipo de relatos antigos cargados de prexuízos. Procura a información precisa para relatar a garandes trazos a historia de Roma dende o 753 a. C. ata o 509 a.C.
Para o primeiro dos capítulos que xa o denominamos AENEAS, poderíamos telo denominado: VENUS.
Para o segundo, non só CREÚSA (a nai de Iulo Ascanio), senón DIDO e LAVINIA.
Para o terceiro REA SILVIA (filla de Numitor e nai de Rómulo e Remo).
Para o cuarto ACCA LARENTIA ou se se quere falamos da LUPERCA ou a LUPA CAPITOLINA.
Para o quinto todo un colectivo AS SABINAS, grazas a elas será fundada a cidade de Roma que logo reunirá as sete colinas nunha mesma cidade. As Sabinas provocan unha revolución despois do seu rapto. De feito a primeira raíña de Roma, a esposa de Rómulo, foi HERSILIA. Por certo Roma vai ter sete reis segundo a narración que entre o mito e a historia narrou Tito Livio.
Para o sexto: son realmente dúas cidades con nome feminino: ROMA E ALBA LONGA, tamén poderiamos falar das Nais de Horacios e Curiacios.
Para o sétimo a muller que co seu suicidio foi quen de acabar coa monarquía autoritaria dos Etruscos en Roma.