mércores, 7 de xuño de 2023

DOMI MILITIAEQUE

  DOMI MILITIAEQUE: NA PAZ E NA GUERRA.


      COMO VIVÍAN ROMANOS e ROMANAS?

A vida dun romano/a no século I a. C. Debe pasar por diferenciar, en primeiro lugar, entre libres e escravos, entre homes e mulleres, a clase social, o nivel económico dos personaxes que queremos crear, pero tamén se están a pasar por un momento de paz ou de guerra lamentablemente tan presente para calquera romano/a do século I a. C. Interésannos incorporar todos os planos posibles por iso a vida cotiá dende a casa ata o foro, dende a escola ata o campamento,  dende o nacemento e a infancia á vellez e a morte son aspectos que nos interesan. Son roles tan distintos os dos homes e das mulleres, os dos señores e o dos escravos, os dunha sociedade en guerra ao dunha en paz que temos, por forza, que darlle corpo a esta viaxe creando ao longo da mesma (dende o momento que nós escollamos) unha parella (vir aut mulier) complementaria ao personaxe  escollido inicialmente  para esta experiencia.  

A interacción entre personaxes reais e ficticios, pero verosímiles, é a esencia do presente traballo onde o rigor e a capacidade tanto como investigador como narrador de cada quen vai quedar plasmada.

A)     DOMI:  Na vida de cada persoa son momentos transcendentais. Dalgúns xa temos falado: -     O nacemento e a morte, así coma da infancia e a escola, os primeiros momentos da formación. Agora toca facer un esquema para ver como seguiría a vida dun mozo romano ou unha moza romana, como o seu nivel económico, ser muller ou home condiciona o resto da súa vida digamos privata, aínda que moitas aspectos teñen, claro está, unha dimensión pública.



    Casa, alimentación e vestiario:


-          Formación:
-          Casamento:
-          Traballo:
-          Ocio:
- Urbs romana: 

B)      MILITIAE:Das guerras de conquista ás guerras civís. César pasará por ambos tipos de enfrontamentos que debemos abordar na nosa viaxe inevitablemente, en maior o menor medida segundo queiramos e precisemos. Deixamos as guerras civís para seguinte apartado.

A guerra das Galias o paso por esta etapa de César precisa varios complementos:
-          Como era a vida dun soldado no castra,-orum
-     

IN ITINERE

 

 IN ITINERE: 


Omnes mercatores itinera facere debebant, quia in variis locis merces ement et vendent.

In antiquo Imperio Romano  itinera difficilia et longa erant. Romani terra aut mari itinera faciebant.

Graeci nautae meliores quam Romani erant. Duo genera navium navigabant: naves longae, quae naves belli erant et onerariae, quae merces transportabant.

Omnes naves proram, in anteriore parte, puppemque in posteriore, habebunt; aliae cum remis navigabunt et aliae cum velis. Itinera terra longissima erant;

 Omnes urbes Imperii Romani per vias coniunctae erant; multae viae in urbe Roma initium habebant.

Milites Romani vias fecerunt et miliaria collocaverunt quae (relativo en neutro plural) spatium inter urbes indicabant; pontes quoque aedificabant, nam fluvii atque valles erant, qui alios locos separabant.

 Romani multa vehicula habebant, cum quibus itinera faciebant; in itineribus longis equos habere oportet; sed homines pauperes ambulabunt, quia pecuniam non habebant.

 Patricii Romani, qui divites erant, non solum equos habebunt, sed etiam servos qui in itineribus brevibus lecticam cum domino portabunt.


VOCABULA

Adeo,-is-ire: dirixirse, ir, marchar cara a

aedifico,-as-are,-avi: edificar

alius, alia,-ud: outro ( valor distributivo: un… outro…)

ambulo,-as,-are,-avi: camiñar, desprazarse

ancora, -ae (f): ancora

anterior- oris: anterior

antiquus-a-um: antigo

atque (conx) e

aut(conx) ou

bellum-i(n): guerra

brevis-e: breve, curto.

colloco, -as-are,-avi:  colocar

coniunctus-a,-um: unido

cum(prep) con

debeo,-es-ere, -ui: deber

deligatus-a-um: atado

destinatus-a-um: amarrado

difficilis,-e: difícil

dives, divitis: rico

dominus.-i(m) señor, dono

duo, duae,duo: dous

emo,-is,-ere, emi: mercar, comprar.

equus, -i(m) cabalo

exspecto.a-s,-are-avi: observar

facilis,-e: doado, fácil.

facio,-is,-ere, feci: facer

fluvius, -ii(m): río

genus, generis(n) xénero, tipo

Graecus, -a,-um: grego

habeo,-es,-ere,-ui: ter

homo, -inis(m) home

imperium, -ii (n) imperio

indico,-as,-are,-avi: indicar

initium-ii.(n) comezo, inicio

iter, itineris(n): camino

lectica, -ae(f): litera

locus,-i (m): lugar

longus-a-um: longo, extenso.

maneo,-es-ere,-ui: permanecer

mare,-is: (n) mar

melior,-oris (comparativo de bonus,-a,-um): mellor

mercator,-oris(m): comerciante

merx, mercis(f) mercadoría

miles-itis(m) soldado

miliarium,-ii(n): miliario( sinal indicador de distancias)

nam(conx) porque, posto que

nauta,-ae(m): mariñeiro

navigatio,-onis(f): navegación

navis,-is (f) nave

non solum….sed etiam non só… senón tamén

omnis-e: todo

onerarius-a,-um: de transporte, de carga.

oportet… verbo defectivo: é preciso

pars,-tis(f): parte

patricius,ii (Lm) patricio, home de orixe nobre

pauper,-eris: pobre

pecunia,-ae(f) diñeiro

pons, pontis(m): ponte

porto,-as,-are,-avi: levar

portus,-i(m) porto

posterior-oris: posterior

prora-ae: (f) proa

puppis, -is( f) popa

quam (conx.) que/como.

qui (m)/ quae (f) quod (n) (pronome relativo) o/a que quibus (ablativo plural) de qui

quia: (conx.) porque, posto que.

Remus, -i(m) remo

Romanus-a,-um: romano

secundus-a,-um: favorable

semper(adv) sempre

separo,-as,-are,-avi: separar

servus-a,-um: escravo

spatium-ii(n) distancia

sum, es, esse, fui: ser

terra-ae(f): terra

trasnporta-as-are,-avi: transportar

tranquillus,-a, -um: tranquilo, calmo.

ubi(adv) onde

urbs, -bis(f) cidade

vallis,-is( f) val

varius,-a,-um: variado, distinto

vehiculum,-ii(n) vehículo

velum, i(n) vela dun barco

vendo, -is,-ere, vendidi: vender

ventus,-i(m) vento

via,-ae (f): vía, camiño

volo, vis, velle, volui (vbo. IRREGULAR): querer

luns, 22 de maio de 2023

DA SOCIEDADE DOS SERVI

 


Imos seguir coa Historia da antiga Roma procurando darlle resposta a unha pregunta complexa que nos faciamos o idus de marzo: Por que mataron a César?

Para responder temos que entender como a evolución da Roma Republicana cara ao Imperio, como consecuencia das Guerras Púnicas, que vai provocar unha crise do sistema de goberno que se pode resumir nos seguintes epígrafes:

- Guerras de Roma fóra da península itálica.

- Aumento de número de escravos e terras administradas por Roma

- Profesionalización do exército.

- Ambición persoal polo poder en lugar da loita política de partidos.

- Revoltas de escravos e  pobos aliados. 

- Guerra civil e asasinatos políticos. 

Na seguinte ligazón detallamos este proceso que nos leva ata o ano 44 a.C. 

O PASO DA SOCIEDADE DA GENS Á SOCIEDADE DOS SERVI: A CRISE DA REPÚBLICA

martes, 9 de maio de 2023

CUARTA E QUINTA DECLINACIÓNS

 

Son os temas ou raíces en -u.  Unha declinación moi semellante á segunda declinación ao presentar dúas columnas en singular (unha para masculinos e femininos e outra para os neutros) e outras dúas en plural.

exercitus, -us (m)
manus,-us (f)

cornu, -us(n): corno / á do exército.
genu.-us(n): xeonllo.





Temas ou raíces femininas en -e. Unha declinación defectiva (poucas
palabra se algunhas non presentan todas as formas de plural). Semellante á primeira declinación.

acies-ei (f): formación de batalla.
res- ei (f): asunto, cousa.
 Dies. -ei adoita ser masculino, pero pode ser tamén en feminino unha data fixada como por exemplo:

 Die constituta Caesar milites in aciem eduxit.
       CC             Sux.     OD        CC        Vbo.
No día establecido César conduciu aos soldados cara á formación de batalla.