POST LEGERE,
CONVERTERE IN LINGUAM GALLAICAM
Incorpora o texto traducido ao galego a túa libreta de latín.
POST LEGERE,
CONVERTERE IN LINGUAM GALLAICAM
Incorpora o texto traducido ao galego a túa libreta de latín.
LITTERAE:
Finalmente, imos ver como evolucionou o
alfabeto latino ata os nosos días:
NUMERI:
Os
dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para
estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que
normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar
separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes proceden de letras do
alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= X procede da letra grega
"khi" son que non había en latín.
A letra grega Ψ"psi" foise volvendo
angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50.
O Θ"theta" grego foise abrindo e
perdendo o guión central ata seren C = 100.
O D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
IMPERIUM ET LINGUA
Amisimus Romam, amisimus
regnum atque dominatum; tametsi non nostra sed temporum culpa; verum tamen per
hunc splendidiorem (litterarum) dominatum in magna adhuc orbis parte regnamus. Nostra est Italia,
nostra Galia, nostra Hispania, Germania, Pannonia, Dalmatia, Illyricum,
multaeque aliae nationes. Ibi namque Romanum imperium est ubicumque Romana
lingua dominatur.
Lorenzo Valla (1407-1457) Elegentiarum libri VI
Perdemos Roma, perdemos o poder e máis o imperio, pero
non por culpa nosa, senón das circunstancias; aínda así reinamos na maior parte
do mundo grazas a este máis ilustre imperio (das letras). Nosa é Italia, nosa a
Galia, nosas a Hispania, a Xermania, a Pannonia, Dalmacia, o Ilírico e moitos
outros pobos. Porque o imperio romano está alí onde domine a lingua de Roma.
RESUMITE:
Resume en galego os contidos dos distintos apartados ou títulos que se comentan neste vídeo:
- QUE É O LATÍN?
- TIPOS DE LATÍN
- A EXPANSIÓN DO LATÍN
- AS LINGUAS ROMANCES
- OS ROMANOS E OS GREGOS
Detente logo: Copia e comenta a seguinte cita do poeta Horacio que aparece traducida no vídeo:
Graecia capta ferum victorem cepit et artes intulit in agresti Latio.
- ROMA E MUNDO MODERNO
- O LATÍN E O CASTELÁN
Cres que podemos afirmar o que se di da súa relación, pero en lugar do castelán sobre o galego?
- O COÑECEMENTO DO LATÍN, PARA QUE SERVE?
QUE DIFERENZAS HAI ENTRE O NOSO ALFABETO E O DO LATÍN?
QUAESTIONES:
Estne Italia in Africa?
Ubi Roma est?
Nilus fluvius est. Rhenus _________ est.
Rhenus et Danuvius _________ in Germania sunt.
Tiberis__________ in Italia est.
Roma quoque __ ________ est.
Estne Nilus fluvius parvus?
Nilus et Rhenus fluvii parvi non sunt, sed
_______ _______ sunt.
Danubius _______ fluvius ________ est.
Britannia insula parva non est, sed insula
______ est.
Sicilia et Sardina non ________ ________ sed
_________ _________ sunt.
Suntne multae insulae in Graecia?
Num oppidum in oceano?
Brundisium quid est?
Tusculum oppidum _________ non est, sed
oppidum ________ est.
Suntne Brundisium et Tusculum in Hispania?
In Italia et In Graecia _______ oppida sunt.
In Arabia non multi, sed ________ fluvii sunt
et _________ oppida.
Creta quid est?
Num Sparta insula est?
In imperio romano multae provinciae sunt.
Estne imperium Romanum parvum?
ATTENDITE:
sing. plur.
est / sunt
F: insula
/ insulae (illa/ illas)
M:
fluvius/ fluvii (río/ ríos)
N: oppidum/ oppida (cidade/cidades)
Vita theatrum est, quod experimenta non permittit,
ergo cantate, clamate, saltate, ridete et vivite cum vehementia
ante cortinam claudit et fabula sine plausu terminatur.
Charles Chaplin
Servirá como LIMIAR do curso esta cita de Chaplin.
Comezamos o curso procurando un lema que nos permita marcar un itinerario a seguir.
QUAESTIONES:
1- Intenta traducir o lema e o texto de Chaplin ao galego.
2- Fíxate na palabra fabula. De qu eraíz cres que procede? como podemos traducila se estamos nun contexto teatral:
3- Descubre no lema e no texto da cita as metáforas que hai.
4- Atopa logo nese mesmo texto o eco de dous tópicos literarios (que se enuncian en latín) relacionables entre si e moi coñecidos.
5- Sabías que en LUCUS AUGUSTI están buscando os restos dun teatro romano?
![]() |
| Posible ubicación do Anfiteatro de Lucus Augusti , pero onde está o seu teatro? |
FABULARE:
SALVE, AVE aut AVETE et VALE aut VALETE
- Ola: Salve, ave (singularis) aut avete (pluralis)
- Adeus: vale (singularis) aut valete (pluralis)
- Por favor: quaeso
- Douche as grazas: gratias tibi ago
- De nada: nihil est
- Si: ita, certe
- Non: non
- Ben, de acordo: bene
- Como estás/ estades?: Quomodo vales / valetis?
- Estou ben/mal: Ego sum bene / male
-
Estamos moi ben / fatal: Nos
sumus optime/ pessime
QUID NOMEN TIBI EST?
• Como te chamas?: quid nomen tibi est?
• O meu nome é…: mihi nomen est…
• Onde vives?: Ubi tu habitas?
• Vivo en …: Ego in villā Marini habito
• Onde estudas?: Ubi tu studes?
• Estudo en …: Ego in Santo Narciso studeo
• O meu mestre/a é…: Meus magister/ mea magistra est …
• Eu son alumno/a: Ego discipulus/ discipula sum.
• Nós somos alumnos/as: Nos discipuli / discipulae sumus
• Eu son un mozo/ moza: Ego sum puer/puella
• Nós somos mozos/ mozas: Nos pueri / puellae sumus
• Ti es o meu amigo / a miña amiga: Tu meus amicus/ mea amica es
•
Vos sodes meus amigos: Vos mei amici / meae amicae estis
Gallaecia in Eurōpā est. Lusitania in Eurōpā
est. Gallaecia in nostrā paeninsulā est. Lusitania quoque in nostrā paeninsulā
est.
Gallaecia et Lusitania provinciae romanae
sunt. Lusitania et Gallaecia in nostrā paeninsulā sunt. Baetica quoque in
nostrā paeninsulā est.
Post
legere, responde quaestiones:
- Quae est nostra
terra?__________________________
- Gallaecia et Lusitania ubi
sunt?_____________________________________
- Num
Gallaecia in Italiā est?
_______________________________________
- Suntne Baetica et Lusitania in nostrā
paeninsulā? ________________________________
- Quae sunt Gallaecia et Lusitania? _______________________________________
Un tópico literario é un lugar común, un tema universal e recorrente que se vén repetindo por tradición literaria e ao que acoden os autores cada vez que compoñen un texto botando man deste tipo de recursos que proveñen da literatura grevolatina e veñen circulando desde aquela ata os nosos días de maneira continuada. Esa é a razón de que leven o nome en latín.
CARPE DIEM!
Para saber da importancia dun tópico literario como lugar común da literatura universal deberiamos rastrexar un deses tópicos, por exemplo, nalgunha desas cancións que temos na cabeza.
Poñamos por exemplo este tópico: Carpe diem! (aproveita o momento) como acabamos de ver unha composición en latín medieval varios séculos despois da invención do tópico polos gregos e romanos imos utilizar un dos poemas dos Carmina Burana de exemplo:
22-Tempus
est iocumdum, É un tempo alegre
o virgines,
o
mulleres!
modo congaudete
soamente desfrutade
vos iuvenes.
sodes mozas.
Oh, oh, oh O, O, O,
totus floreo,
enteiro florezo
iam amore, virginali
xa polo amor dunha muller
totus ardeo,
enteiro ardo.
novus, novus
amor
un novo, novo amor
est, quo pereo.
teño polo cal morro.
"Carpe diem, quam
minime credula postero" (Oda I , 11)
"Aproveita o día,
non confíes no mañá"
"Sed fugit interea,
fugit irreparabile tempus" ( Georg. III 284)
"Foxe entrementres, foxe irreparable o
tempo"