#ALaxeDasRodas #Louro #Ensino # Muros
Etiquetas
- AB INITIO (65)
- AVALATIO (5)
- DICIONARIO (1)
- FACTA ET VITA (101)
- IN LINGUAM GALLAICAM CONVERTERE (5)
- INTRA MUROS (73)
- IULIA ROMAE (9)
- KALENDAS (7)
- LABORES (36)
- LECTIONES (1)
- MAGISTRA VITAE (4)
- UT LEGIS DICAS (9)
- VENI VIDI FECI (21)
- VERBA VOLANT (6)
venres, 27 de xuño de 2025
UNHA VOLTIÑA POLA PREHISTORIA
Neste vídeo, as alumnas do CEIP de Louro e María, técnica de turismo do Concello, explícanos de forma didáctica como funciona esta laxe como calendario lunisolar, un sistema que combina os ciclos da lúa e do sol para medir o paso do tempo e organizar o ano.
Do mesmo xeito que facían os nosos devanceiros, que aprendían a ler o ceo para organizar a vida na terra, este calendario gravado na pedra servía para sinalar os momentos clave do ciclo anual: cando plantar, cando recoller, cando celebrar.
A lúa, coa súa capacidade de morrer e renacer cada mes, representaba os ritmos da fertilidade, do mar, da colleita, do corpo e da memoria.
Por iso a Laxe das Rodas non é só unha pegada na pedra: é unha expresión de sabedoría ancestral, un legado que nos conecta coa natureza, cos nosos devanceiros, e coa forma de entender o mundo que tivemos —e temos— na Galiza.
mércores, 4 de xuño de 2025
PROBA DE RECUPERACIÓN
Os contidos da proba de recuperación serán os mesmos dos da última proba, a da 3ª avaliación que podes ver na entrada anterior.
Se ademais queres practicar con textos novos para analizar e traducir
domingo, 18 de maio de 2025
CONTIDOS 3ª Avaliación
DECLINATIONES
Adiectivi: 1ª clase: bonus,- a- un / niger,- gra,-grum
2ª clase: 2ª clase: (adxectivos pola 3ª declinación) brevis, -e,
VERBI
CULTURA
Da sociedade romana da gens á républica e a sociedade dos servi
Textos: Analizar e traducir (ambas) van ser un labor imprescindible para superar esta proba.
martes, 13 de maio de 2025
domingo, 11 de maio de 2025
MENSIS MAIUS:
![]() “Ex visu iussu Bonae Deae/sacr(um)/Callistus Rufinae n(ostrae) actor”, que quere dicir: “Callistus, escravo dependente de Rufina, en calidade de avogado ou tesoreiro, dedicou esta estatua á Bona Dea, respondendo a unha petición que lle fixo ela mesma, que se lle apareceu nun soño BONA DEA, quae dea est? |
martes, 6 de maio de 2025
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


