xoves, 11 de xaneiro de 2024

Un texto con futuros... POST AENEAM

 POST AENEAM ...


Mox tamen troianae carinae undas rursus secant et ad Italiam navigant. Tandem terra bona et pulchra fessis nautis apparet. Post saevas procellas, nautae et feminae novam patriam videbant. Aeneas subito exclamat: Quid exspectamus? Gratias Fortunae secundae agere debebimus. Novam terram patriam vocabimus et sanctam habebimus. Italia nostra erit.


Localiza os verbos en futuro e traduce este texto: 


Vocabulario:

ad: prep. acusativo  a, cara a.

Aeneas,-ae: Eneas.

carina,ae: naves

exclamo, -as-are: exclama.

exspecto-as-are: esperar.

fessus,-a-um: canso.

 "gratias agere": dar grazas.

habeo,-es-ere: ter

Italia,-ae: Italia

mox: adv. logo

nauta,ae: (m) navegante, mariñeiro.

navigo-as-are: navegar.

noster,-tra,-trum: noso.

patria-ae: patria

praeclarus,-a-um: ilustre

procella,ae:(f) temporal

pulcher, chra,-chrum: fermoso

regina,ae: raíña.

rursus: adv. de novo.

saevus-a-um: terrible.

sanctus-a-um: inviolable.

seco,-as,-are: cortar.

secundus-a-um: favorable.

subito:adv. de súpeto

tandem:adv. finalmente.

Troia,-ae: Troia.

unda,ae: mar (ondas do mar)

video,-es-ere: ver.

voco,-as-are: chamar.


luns, 8 de xaneiro de 2024

IANUARIUS ET FUTURUS

 

Aproveitando o cambio do ano imos comezar a analizar os meses e o cómputo do tempo en Roma ata entender o complexo mecanismo do calendario que herdamos dos romanos. O primeiro paso será coñecer o deus plenamente romano (non ten nada de grego)  que dá nome a o mes no que estamos: Xaneiro.

O deus Ianus,  é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro inicialmente non era o primeiro do calendario como xa estudaremos no mes de marzo.

 

Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir, Ianus Patusius (o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós, se observas a representación da fotografía, deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que na actualidade o primeiro debería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que xaneiro foi durante moito tempo para os romanos o mes undécimo do calendario, polo que estaría ben o rostro do deus máis novo primeiro e logo a cara máis vella.

 

INVESTIGATIO: Que rituais se realizaban arredor deste deus romano Ianus?

 

Que relación garda co símbolo


Este símbolo logo será utilizado polo Cristianismo. Por exemplo aparece como primeiro símbolo cristián conservado en Gallaecia no século IV despois de Cristo no Crismón de Quiroga

 

Como se conxuga o Futuro nos verbos en latín?


luns, 4 de decembro de 2023

VIRGILIUS ET AENEAS

 


Algo de literatura, un autor dos máis coñecidos dos escritores latinos de todos os tempos. Chamabase Virgilius. Logo que podemos saber de Virgilius?

Unha anécdota sobre o enterro dunha mosca

luns, 20 de novembro de 2023

Que teño que saber sobre o verbo en latín?

 Hoxe toca centrarnos nos verbos en latín : 



 Supoño que vedes que hai unha raíz e unhas desinencias. Este será o punto de partida.

Pero cantas conxugacións de verbos regulares ten o latín?

O segundo paso para diferenzar as 5 conxugacións é falar da súa enunciación:

1ª AMO, AMAS, AMARE

2ª MONEO, MONES,  MONERE

3ª PONO, PONIS, PONERE

4ª AUDIO, AUDIS, AUDIRE

MIXTA:  CAPIO, CAPIS, CAPERE

 Procura as diferenzas e tentar deducir unha raíz: 


Agora imos coa teoría: VERBA LINGUA LATINAE