1- Adeste fideles! é un vello vilancico no que podemos observar como funciona o imperativo en latín. Identificade as formas verbais de imperativo no texto:
Probemos a traducilo ao galego.
![]() |
| Representación do Río Tiber |

Por outra banda, hai ocasións nas que a lingua precisa, como xa dixemos, expresar novas ideas ou algo novo. Entón recorremos ao latín como lingua nai ou de cultura para poñer en circulación de novo vellas palabras que chamamos cultismos porque non sofren apenas transformacións. De PLENUM sae o noso PLENO (fíxate non se di "cheo municipal" senón que é "pleno municipal"). Outro exemplo de cultismo é o nome do aparello que reproduce imaxes: VIDEO.
POST LEGERE, INVESTIGA!
MINERVA ET DIANA
Diana sagittas portat. Aras Dianae, deae lunae et silvarum, rosis ornamus, nam Diana dea feras sagittis saepe vulnerat et captat aut necat. Cerva Dianae sacra erat. Puellae aras Dianae rosis ornant.
Cres que había unha mortalidade infantil elevada? Traduce a seguinte lápida cristiá antes de responder.Na lápida aparecen uns
pavos que son símbolo da inmortalidade na iconografía cristiá. Ademais tes as
letras gregas alfa e omega maiúsculas, a primeira e a última letra do alfabeto
grego que nun contexto cristiá significan que Cristo é o principio e a fin de todas
as cousas: "Eu son a alfa e a omega, principio e fin de todas as
cousas".
Abreviaturas:
M= menses; D= Dies
Nomes propios:
Agricius, -i: Agricio
Evonyma, -ae: Evonyma
Syrica, -ae: Syrica (nome
que pode denotar a súa orixe siria)
Vocabulario:
caritas, caritatis: amor
hic: adverbio, aquí
pax, pacis : paz
pono, -is, -ere, posui,
positum: poñer, colocar
pro: prep. de ablativo,
por
requiesco, -is, -ere,
requievi, requietum: descansar
soror, sororis: irmá
titulus, .-i: inscrición
vivo, -is, -ere, vixi,
victum: vivir
Cuestións:
- Que significan os
símbolos que aparecen na lápida?
- Quen é o defunto?
Cantos anos tiña?
- Quen son os que dedican
a inscrición? Que relación teñen co defunto?
Para saber máis: puer et puella


Na zona central desta península atravesada polos Apeninos de norte a sur, como se fose unha espiña dorsal, atopámonos na parte occidental da cadea montañosa outro río, o Arno que rega a rexión denominada Etruria que desemboca no Mar Tirreno. Na metade da península por esta vertente discorre o río máis famoso de Italia, o río Tiber ( navegable no seu percorrido final) que baña as terras do Lacio onde nacerá Roma. Seguindo esta costa occidental cara ao Sur está a rexión da Campania rica en cereal, onde se atopa o volcán Vesubio que provocou a destrucción das cidades de Pompeia e Herculano. Ata esta rexión chegaron as colonias gregas como constata Neapolis e aínda máis ao sur as rexións de Lucania e Bruccio (a punta do pé da bota), Do lado oriental, cara ao mar Adriático, na zona centro, Umbria e Piceno, e xa máis ao sur, Samnio e Apulia.
As chairas italianas son moi fértiles: olivos, vide, cereais, Bosques da zona norte e central proporciona madeira e unha beleza paisaxística notable. Os romanos grazas ao seu solo fértil e ao clima foi máis sedentarios e campesiños que os gregos que foron ante todo mariñeiros e comerciantes ao ser o mar a súa vía de comunicación principal a causa da orografía montañosa. Pero os italianos a raíz dun enfrontamento con Cartago (situado na costa africana máis próxima á península italiana) comezarían a navegar polo que logo chamarían MARE NOSTRUM.
- Sumusne in Via Appia?- dixit Iulia. Quam formosa aedificia sunt! Quam formosa est!![]() |
| Atrium domi Serviliae |