martes, 25 de abril de 2023

PROSERPINA


 Imos traducir un novo texto relacionado coa entrada da Primavera, seguindo cos textos de Ovidio:

VER ET HIEMS

mércores, 12 de abril de 2023

PRIMA VER ET APRILIA


 Imos aprender hoxe algunhas das claves para entender o concepto da primavera como se entendía en Roma. A primeira época da calor ten unha conexión esencial co mes de Abril, algo que nós imos asociamos o mes de marzo, pero que os gregos e sobretodo os romanos asociaban a abril.

APRILIA 

martes, 11 de abril de 2023

OS ADXECTIVOS DA 3ª DECLINACIÓN

 

Comezamos por presentar os adxectivos da 2ª clase á vez repasar os adxectivos da 1ª clase en latín:  



OS ADXECTIVOS DA TERCEIRA DECLINACIÓN 

Declina, por ver se entendiches as explicacións, os seguintes adxectivos:

BREVIS, -E

ACER, ACRIS, ACRE

PRUDENS, - ENTIS


martes, 14 de marzo de 2023

IDUS DE MARZO

 O cómputo do calendario romano marca o idus ( do verbo iduare " cortar polo  medio") no medio dun mes, logo os idus do mes de marzo corresponde ao 15 de marzo, pero que pasou hoxe 15 de marzo do ano 44 a. C. en Roma?  Vexamos:


Así é como Shakespeare o describiu na súa traxedia titulada Xulio César  na versión do director de cinema  Mankieviez 1953.



Imos ver unha versión agora máis moderna dos feitos;
 

Pero por que mataron a César? Esa é a investigación que imos iniciar e para poder dar resposta deberemos analizar os precedentes daquel ano 44 a. C. 





martes, 7 de marzo de 2023

FEMINISMO EN ROMA

 Despois de ver unha comedia de Plauto e antes de analizar a obra vista en detalle, aproveitando a data do 8 de marzo, convén falar do feminismo en Roma utilizando un texto dunha estela moi especial:

HOSPES  QUOD DEICO PAULLUM EST.... 

VITA MULIERIS

martes, 28 de febreiro de 2023

GALLAECIA: O mundo castrexo e a romanización


 Imos afondar nos nosos coñecementos sobre o mundo castrexo, a nosa primeira cultura, aproveitando a nosa saída ao Castro e Museo de Santa Tegra. Ademais dado que veremos tamén en Tui unha das obras do Festival de Teatro Greco-Latino, unha comedia plautina titulada Miles Gloriosus, reflexionaremos sobre o proceso posterior da Romanización e como evolucionou o mundo galaico romano.

O MUNDO CASTREXO


 O debate: Sobre o céltico en Galicia. 

Tras da visualización respondemos ás seguintes cuestións:

 I- Como era forma de vida dos habitantes destas terras no Paleolítico?

II- Cando e como cambiou a súa forma de vida?

III- Antes da época dos metais construíron grandes monumentos megalíticos. Só o fixeron en Galicia?

IV- Que é unha mámoa?

V - A seguinte pegada na paisaxe que podemos atopar desta época como se chama?

VI- Como navegaban naquela época opolo mar?

VII- A innovación da metarurxia dá pé ás Idades dos metais: Idade de Bronce e de Ferro. Os habitantes dos castros eran autosuficientes?

VIII- Que pobo comerciante do Mediterráneo chegará ás nosas costas na Idade do Bronce na procura de estaño cuxos intercambios mercantís chegarán ata o século II a. C.?

X- Quen trouxo aos castros os muíños circulares ou xiratorio ou o torno de olería? Con que pagaban os habitantes dos castros os obxectos vidos de fóra?

XI- Coa  Idade do Ferro hai un certo colapso do comercio que pasa nos castros?

XII- Máis da metade dos castros de Europa están localizados en Galicia. Parécense os castros galaicos  aos de Irlanda?

XIII- Por que sabemos que eran moi importantes as actividades textís?

XIV- A cerámica castrexa máis habitual como era?

XV- Desde moi novos, especialmente os homes, preparábanse para que tipo de actividades?

XVI- Describe un guerreiro da Idade do Ferro.

XVII- Os cabalos eran ademais un símbolo de............ e ........................

XVIII-Que é unha "pedra formosa"?

XIX- No noroeste penínsular falábanse variantes arcaicas do idioma________. Este idioma vaise estender por toda Europa Atlántica e centro Europa.

XX- Onde se pensa que soterraban as cinzas dos familiares mortos?

XXI- Que era un torques? De que metal era?

XXII- O feito de que varias casas poidan estar rodeadas dun muro pequeno no interior do castro que indica?

XXIII- Que trouxo ata estas terras aos romanos?