luns, 19 de decembro de 2022

FANUM ET TEMPLUM: ARBOR SACRA

 


Imos entrar no Solsticio: “Sol – stitium” ( de sol e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.

A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada pola do nacemento de Cristo, NATALIS,  o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos mitolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas.

 Reparemos logo na transcendencia desta data especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do ciclo das Trece Lúas...


FANUM VERSUS TEMPLUM

Na antigüidade había dous lugares sagrados, espazos especiais para comunicarse coas divinidades:

O primeiro era o fanum, un lugar sen construción, un espazo natural máxico onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) . Polo que debemos interpretar que ao mellor o culto ás árbores sería antes o culto nas árbores! Entendemos que alí onde se manifestaban os deuses, deixábanse as ofrendas para lograr un voto ou petición a cambio.

O segundo lugar (e posiblemente posterior) foi o templum, que era  xa unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas máis antigas que o edificio e que están dalgún xeito asociadas a ese novo espazo acondicionado para o culto.

 

A ÁRBORE SAGRADA DE NADAL unha árbore perenne (de per annum) cargada de símbolos. Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol invictus, pero tamén a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, neste caso simbolizados nos agasallos e outros adornos que colocamos.  Logo a árbore de Nadal sería unha herdanza do antigo fanum e con este costume levamos o fanum ou o templum ás nosas casas.

O abies, O abies

In alto regnas monte

O, abies, O, abies!

In alto  monte regnas!

 

Non desunt tibi fólia

hieme frigidíssima!

O, abies, O, abies!

in alto monte regnas.

 

O, abies, O, abies !

Natalem nuntias Diem

O, abies, O, abies!

in alto regnas monte.


Est máxima laetitia

Cum luces, arbor spléndida

O, abies, O, abies !

Natálem nuntias Diem.


 Aprenderemos tamén o famoso VENITE ADOREMUS


 Como celebraban os romanos o solsticio? 

luns, 12 de decembro de 2022

SALVE IULIA!



Imos coñecer a alguén que nos vai acompañar ao longo do curso. Coñecerémola a través de pequenos textos que debemos ir traducindo e nos que iremos chamando a atención sobre diversos detalles importantes a ter en conta para traducir mellor os textos latinos. Imos cos tres primeiros:

- A orde habitual na oración latina é: Suxeito + complementos + verbo. 

Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é:  Suxeito + verbo + complementos

 - Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.

- O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma)  in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e  locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.

IULIA ROMAE (I)

IULIA ROMAE (II)

martes, 6 de decembro de 2022

FUTURUM

 


Imos aprender un novo tempo verbal: O FUTURO:


 QUAESTIONES:


I- Conxuga o futuro dos seguintes verbos:

- Ambulo, -as, - are: Andar.

- Habeo, -es,-ere: Ter.

- Mitto, -is, -ere; enviar

- Venio, -is, -ire: Chegar

 

II- Visualiza o seguinte vídeo  e logo proba a escribir o futuro do verbo SUM, ES, ESSE (ser, estar)



mércores, 30 de novembro de 2022

VIRGILIUS ET AENEAS

 VIRGILIUS 

Algúns versos famosos da súa obra:

 

                                   Tantaene animis caelestibus irae?

                               Había tanta cólera nos seres celestes?

                        ibant obscuri sola sub nocte per umbram  

                        Ían escuros baixo a solitaria noite a través das sombras...

          Est mollis flamma medullas interea, et tacitum vivit sub pectore vulnus.

         Unha lapa devora as súas moles entrañas e habita baixo o seu corazón unha ferida calada.

 

AENEAS 

 TRES QUAESTIONES:

I. Por que A Eneida é unha obra de encargo? Virxilio, o seu autor,  quixo emular a Homero como o fixo?

II.  Cando foi escrita A Eneida? É un milagre que se conserve este libro da Eneida? 

III. Resume o argumento da Eneida despois de visualizar o segundo vídeo.

IV. Un texto sobre AENEAS para traducir. 

martes, 29 de novembro de 2022

EGO CLAUDIUS


COMO MATARON A CLAUDIO?

 Hoxe imos rememorar un libro de Robert Graves e unha serie vella realizada pola BBC sobre a vída dun emperador, Claudio.

CUESTIÓN: 

Atendendo a partir do minuto 33 aproximadamente deste derradeiro capítulo da famosa obra tenta reconstruír coas túas palabras o que acontece arredor da morte de Claudio  indicando neste resumo ademais algo sobre  Claudio e a súa obsesión por recuperar a Res pública, Británico e a súa toga viril, Agripina e o seu fillo Nerón e mesmo  Narciso que funciona por momentos como narrador complementario.  

Por que vemos este fragmento sobre Claudio, para dar comezo polo final ao noso estudio da Historia de Roma neste curso. Tentaremos chegar ata o memoneteo no que o Imperio Romano era o maior imperio do mundo, saber como se foi erguendo e coñecer os seus principais protagonistas. 

luns, 14 de novembro de 2022

 

Declinator 2ª declinación

Usando o declinator tenta agora traducir o seguinte texto:


Agora que xa coñecemos a primeira e a segunda declinacións podemos tamén comprender mellor outro tipo de palabras moi frecuentes nos textos que tamén se declinan: os adxectivos. Podemos ver como funcionan en ADIECTIVUS (I)

LUPUS ET AGNUS
Lupus et agnus in fluvii ripa aquam potabant. Superior stabat lupus longeque inferior agnus. Agnus parvus et innoxius erat, at lupi audacia magna erat. Agni et cervi lupos timent, nam lupi agnos saepe devorant. Agnus lupum videt et fugam temptat, sed lupus videt etiam agnum et causam iniuriae quaerit.
- Tua causa -dicit- aqua turbida est.

At agnus respondet:
- Tu potas superior et aqua decurrit a te.

Tamen lupus iniustus timidum agnum vulnerat et devorat.

Sic viri iniusti fictis causis viros infirmos et innoxios saepe opprimunt.

 

VOCABULA

a (prep. de ablativo) desde.

agnus, -i(m): año

aqua,-ae(f): auga

at: conx. pero

audacia,-ae: (f). osadía, atrevemento.

causa,-ae(f): causa

cervus-i (m): cervo

decurro,-is,-ere: discorrer

etiam: adv. Tamén

fictus, -a,-um: ficticia, falsa

fluvius,-ii (m): río

fuga, -ae (f): fuga

infirmus-a,-um: débil

innoxius, -a,-um: inofensivo, tímido

iniuria,-ae(f): inxuria, ataque.

Iniustus-a-um: inxusto

inferior: (na parte máis baixa)

longe: adv. Máis afastado, lonxe.

lupus,-i(m): lobo

nam: conx. posto que

opprimo.-is,-ere, opressi: oprimir.

poto-as-are-avi: beber

quaero, -is,-ere, quaesi: procurar, buscar

ripa, -ae(f): ribeira

saepe: adv con frecuencia

sic: (adv) así, deste xeito.

sto, -as,-are: estar

superior(na parte máis alta)

tamen (adv.): Pola contra, porén

tempto-as-are-avi: intentar

timeo, -es-ere –ui: temer

tu (te) pronome persoal.

turbidus,-a-um: enlodada, revolta

video,-es,-ere, vidi: ver

vir,-i: (m) home

vulnero, -as,- are,- avi: ferir